2017/2018
DÍA DE ROSALÍA - 2018
O 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía xa que é a data do seu nacemento.
A fase de centros deste concurso celebrouse durante toda a semana, de xeito que todo o alumnado de primaria recitou poemas de Rosalía na biblioteca. En breve, coñeceremos os nomes dos alumnos e alumnas que representarán ao noso centro na fase Final que se celebrará en Outeiro de Rei o sábado 10 de marzo.
Tamén nos sumamos á proposta da AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) que ten como lema #AbrideAFiestra. Dentro de esta actividade, cada alumno fixo un debuxo sobre o poema de Rosalía que recitou para pendurar das fiestras e darlle visibilidade a súa obra. Ademais das fiestras do cole, algúns alumnos e alumnas colgaron os debuxos tamén nas fiestras das súas casas abrindo a obra da autora a un mundo e un tempo novo.
CERTAME DE CONTOS SOBRE ENTROIDOS TRADICIONAIS GALEGOS (Entroido 2018)
OS BIBLIOAXUDANTES CONTAN: ENTROIDO (9/2/2018)
Varios biblioaxudantes prepararon a lectura Urco e Teucro viven o entroido do libro O entroido do Colectivo "Ollo de sapo" na que os habitantes "dun país onde de pronto a xente que vivía aló esqueceuse de rir e non había nada que lle puidese dar risa" descobren o entroido que se celebra en Galicia.
A COUSA QUE MÁIS DOE DO MUNDO - Día da Paz 2018
Este ano para conmemorar o Día da Paz, tomamos como eixe o libro O que máis doe do mundo de Paco Liván (OQO Editora)
CONVIVENCIA CEIP A GÁNDARA (23/1/2018)
PRIMAVERA DAS LETRAS 2017 (15/01/2017)
Acaba de chegarnos o diploma acreditativo da nosa participación no certame Contádenos o voso Día das Letras convocado pola Real Academia Galega dentro do Proxecto educativo Primavera das Letras.
PREMIOS CERTAME DE NADAL BPM (3/1/2018)
Tamén obtiveron premios individuais varios alumnos tanto en postais como en poesía. No seguinte documento podedes ver a lista de premiados.
FELICITACIÓN DE NADAL
Cos nosos mellores desexos para estas festas e para o próximo ano, o Equipo de Biblioteca e toda a Comunidade Educativa do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme; elaboramos esta felicitación coa panxoliña "Vuela, vuela esa estrella".