Formación de usuarios

Formación de usuarios

FORMACIÓN DE USUARIOS (II): XOGO DE PISTAS. Outubro 2019

    Como xa dixemos, este ano lembramos os principais aspectos da formación de usuarios da biblioteca a través de vídeos elaborados polo propio alumnado (Ver vídeos).
 
    Unha vez que tiñamos estes conceptos claros comezamos un xogo de pistas para reforzalos: o alumnado tiña que superar diferentes probas na biblioteca para atopar letras agochadas coas que formar unha palabra que abrise o crytex no que se atopaba a chave que abriría o candado que pechaba o gran tesouro.
 
 
    As probas foron realizándose durante diferentes días ata que atoparon todas as letras e chegou o momento de descubrir o que agochaba Lectuvín:
 
 
 

    Coas letras tiveron que formar a palabra adecuada para abrir o crytex, cousa que non foi tan doada xa que había letras trampa e varias combinacións posibles ata que coa palabra BIBLIOaccederon á chave coa que abrir o candado.

 
 
 
 

   Ademais dentro do tesouro había uns agasallos especiais para os nenos que cumpriron o reto lector do verán e nos enviaron as fotos que probaban que leran na praia, debaixo dunha árbore, coa familia e na cama!!

 
  
 

 

RETO SUPERADO!! (9/11/2018)

   Como recordaredes, o Día da Biblioteca en colaboración coa Biblioteca Pública Municipal, propuxémoslles aos nosos alumnos e alumnas un reto: un  Break Out para que divididos en seis equipos puideran abrir os seis candados que pechaban a gran maleta protagonista deste xogo.

     Os dous primeiros retos foran resoltos polos nenos e nenas de infantil que tiñan que localizar na biblioteca municipal e na nosa biblioteca os libros propostos para encontrar as chaves agochadas que abrían os dous primeiros candados.

 
  Tras varios días de formación de usuarios, catro equipos mixtos dos cursos de primaria foron os que resolveron os seguintes catro retos baseados na CDU e nas súas novas ilustracións, na organización física da biblioteca, nas etiquetas do libros e na consulta no PAC Meiga utilizando diferentes recursos: escornabots, ordenadores...
 

 

    E por fin, cos seis candados abertos, CHEGOU  O  DÍA  DE  DESCUBRIR  O  QUE  CONTIÑA  A  MALETA  QUE  TANTO  TRABALLIÑO  NOS  COSTOU  ABRIR:
 
 
 
E agora se queredes compartir ese momento de ledicia e asombro do noso alumnado, dádelle ao play!
 
 
 

NAVEGA CON RUMBO (29/5/2018)

    Chega de novo aos nosos alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria o Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo presentado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) en colaboración coa Xunta de Galicia coa finalidade de ensinar a navegar pola rede.
 
    José Manuel Enríquez recordounos que aínda que internet é divertido e útil: podes buscar información, xogar, comunicarte... hai que navegar con seguridade evitando todos os posibles riscos da rede.
 

     Ademais lles deu pautas á hora de escoller o nick, alcume ou nome do usuario (NON incluír o nome real nin a data de nacemento ou idade) e recomendacións referidas á creación dunha contrasinal segura

- Mínimo de 8 caracteres
- Incluir algún número que non sexan datas, números de teléfono, DNI...
- Combinar maiúsculas e minúsculas
- Se é posible engadir algún caracter especial (guión, barra baixa...)
- Que tal unha canción ou frase?
 
       Para rematar, podemos resumir as ensinanzas de hoxe en dous consellos:
- NON  FAGAS  NADA  POR  INTERNET  QUE  NON  FAGAS  NA  VIDA  REAL
- PIDE  AXUDA  A  UN  ADULTO ANTE  CALQUERA  COUSA  QUE  TE  INCOMODE
 
 MÁIS  INFORMACIÓN  NA  WEB: www.navegaconrumbo.es

NAVEGA CON RUMBO (25/4/2017)

    Hoxe chega aos nosos alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria o Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo presentado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) en colaboración coa Xunta de Galicia coa finalidade de ensinar a navegar pola red.
 
   Sabemos que internet é divertido e útil: podes buscar información, xogar, comunicarte... pero hai que facelo con seguridade, evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet. Para concienciarnos, Iván, colexiado do CPEIG, presentounos esta diapositiva da Oficina de Seguridade do Internauta (www.osi.es) na que nos advirte dos riscos de cada dato que publicamos.
 
 
     Ademais lles deu pautas de comportamento e lles expuxo recomendacións e consellos para conseguir "navegar con rumbo" e seguridade como os referidos ao usuario e contrasinal
 
   Outra parte da sesión estivo adicada a qué facer se por desgracia chagas a ser unha vítima de internet:
 
     Para rematar, podemos resumir as ensinanzas de hoxe en tres consellos:
 
- NON  FAGAS  NADA  POR  INTERNET  QUE  NON  FAGAS  NA  VIDA  REAL
 
- SOLUCIONAR  UN  PROBLEMA  É  MÁIS  FÁCIL  CANDO  ACABA  DE  COMEZAR
 
- PIDE  AXUDA  A  UN  ADULTO ANTE  CALQUERA  COUSA  QUE  TE  INCOMODE
 
MÁIS  INFORMACIÓN  NA  WEB: www.navegaconrumbo.es

CDU ESCORNABÓTICA (27/10/2016)

    Por que non unha CDU escornabótica?

    Este ano traballamos dunha maneira diferente a CDU: cos escornabots!!

    Para este fin, creamos un taboleiro cos números e cores da CDU así como coas outras seccións da biblioteca:

  Despois identificamos nas etiquetas dos libros o número correspondente a CDU

e intentamos que o escornabot vaia ao lugar correspondente:

  

 

     

 PROBA  SUPERADA!!

INNOVATE 2

     Na derradeira actividade do alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria dentro do  programa da deputación Innovate2; seguimos a traballar na biblioteca para mellorar a educación documental no noso alumnado. 

 
   Para iso, a actividade de hoxe centrouse na busca de imaxes e fotografías a través dun navegador.

FORMACIÓN TIC

 
     A través do programa Innovate 2 da Deputación de Lugo, os nenos e nenas seguen a formarse no mundo das TIC´s.
 
    Os alumnos máis cativos reciben semanalmente cursos de iniciación ao manexo dun ordenador: as súas partes, uso básico do rato, programas de debuxo...
  
   E os maiores aprenden a traballar con procesadores de texto e reciben tamén Educación documental.
 
 
 

OS PERIGOS DE INTERNET

    A través do programa Innovate 2 da Deputación de Lugo, os nenos e nenas están a recibir moita información sobre as TIC´s.

 
   Nesta ocasión a información centrouse nos perigos cos que o noso alumnado de 5º e 6º de Primaria pode atoparse na rede: roubo de datos persoais, acoso...
 
   Algo que sempre convén ter en conta; sobre todo nestas idades nas que eles están comezando a acceder ao mundo das redes sociais e non son conscientes da importancia da privacidade.
 

 

COMO É UNHA BIBLIOTECA?

Como é unha biblioteca?

Que podemos encontrar nela?

Se queres saber a resposta destas preguntas, podes ver este conto dos Bolechas

Distribuir contido