Radio
SEMANA DA PRENSA - 2022
Do 7 ao 11 de marzo conmemórase a Semana da prensa.
Para traballar esta conmemoración o alumnado de 4º a 6º de Primaria elaborou un programa especial de SOBERICIAS con noticias relacionadas coa comunidade educativa do noso colexio:
- Presentación do equipo Barantes Sport (Carlota, Germán, Diego e Javier)
- Obras de mellora do centro (Gissela, Lola, Cristian e Naím)
- Entroido (Yanira, Libertad, Lucas Fernández, Iria e Susana)
- Programa Come local (Lucía, Lucas, Hugo e Pilar)
- Feira do Viño de Amandi (Valeria, Mencía, Gareth e Darío).
OBRADOIRO DE FORMACIÓN RADIO NA BIBLIO (11/03/2022)
Este é o cuarto curso desde que entramos no Proxecto Radio na biblio, e grazas á participación nel temos un orzamento específico para facer obradoiros que repercutan na formación do alumnado.
O obradoiro de formación deste ano centrouse máis nos aspectos técnicos relacionados co proceso de gravación. Denís de Rede Espora foi o encargado de ensinarlle ao alumnado todo o necesario para poder gravar de forma autónoma os programas de radio.
Na sesión en común que realizamos na biblioteca comezou falándonos de aspectos como:
- Posibilidades da radio: noticias, entrevistas, deportes, coñecemento, diversión, realidade, concursos, debates, contos...
- Tarefas a levar a cabo para gravar un programa con éxito: elaboración dos guións, documentación e investigación, manexo do equipo, locución, produción e organización.
- Manexo da mesa de son
- Ideas e consellos relacionados coa elaboración de guións: escribe como falas, fala con naturalidade, utiliza oracións curtas, non uses palabras moi longas ou difíciles de pronuncias se hai sinónimos co mesmo significado, resalta o máis importante do guión...
- Recursos e bancos de sons dispoñibles
Para recordar todo o que nos dixo; podedes acceder á súa presentación no seguinte enlace: ARRANCAMOS COA RADIO!
ESPERAMOS QUE A FORMACIÓN RESULTE PROVEITOSA!!
DÍA MUNDIAL DA RADIO (13-02-22)
O 13 de febreiro é o Día Mundial da Radio e desde Rede ESPORA propuxéronnos colaborar nun programa común con outras radios escolares que tamén forman parte do Proxecto Radio na Biblio de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia baixo o lema SÍ A LA RADIO, SÍ A LA CONFIANZA proposto pola UNESCO.
Con todas as nosas colaboracións, os responsables de Rede Espora elaboraron o programa final que podedes escoitar a continuación:
MÁIS INFORMACIÓN: Día Mundial da Radio. Rede Espora
COÑECENDO OS NOSOS CONCELLOS - FESTIVIDADES DE A POBRA DO BROLLÓN
ACABAMOS DE RECIBIR UN NOVO PROGRAMA DESTE PROXECTO COLABORATIVO QUE REALIZAMOS CO CEIP DE A POBRA DO BROLLÓN.
NESTA OCASIÓN XS COMPAÑEIRXS DESTE COLE FÁLANNOS DAS FESTIVIDADES DO SEU CONCELLO... QUE GANAS DE QUE ESTE COVID NOS DEIXE RESPIRAR E POIDAMOS VOLVER A GOZAR DAS FESTAS E DAS ROMARÍAS!!
A CONTINUACIÓN DEIXÁMOSVOS A SÚA RESEÑA E O ENLACE Á EMISIÓN:
Por fin reanudamos o noso proxecto colaborativo de radio na biblio cos compañeiros do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober.
Moitos foron os atrancos no camiño pois estes cursos están a ser duros e por riva convivimos con obras no centro durante todo o primeiro trimestre. Invadiunos o pó, os ruídos, as mudanzas continuas de aulas... e a COVID-19 que non nos da abandonado...
Todo isto alterou a vida do centro...e nós non queremos perder as actividades que nos gustan así que en canto foi posible retomamos este proxecto que sempre nos leva a investigar, recopilar informaión, compartila... e que tanto nos gusta.
Nada mais comezar o curso, en outubro, xs nenxs de quinto e sexto escoitabamos de novo o programa dos nosos compañeiros no que nos falaban dos rios que surcan o concello de Sober e que compartimos algúns como o Cabe e o Sil. Moitas son as semellanzas que imos descubrindo e moitas tamén as singulariedades...
A súa pregunta agora versa sobre as festas. Pois si que tivemos traballo, porque neste concello somos moi festeiros!!
Encantounos este tema. Esta vez as nosas fontes de información foron as familais coas que descubrimos tamén como foron evolucionando estas celebracións... e consultamos a páxina web do concello.
Se queredes coñecer as nosas festas, que son moitas, e algunhas moi interesantes e de valor patrimonial, que nos axudan a coñecer, lembrar e conservar a nosa historia escoitade o noso programa de radio Guímaro no que por fin! un día estivemos todos e puidemos grabar!!
UN PROGRAMA MOI INTERESANTE QUE DEIXA O CORPO CON GANAS DE TROULA!
XVIII CONCURSO CONTOS SOLIDARIOS: UN JUGUETE, UNA ILUSIÓN (30/11/2021)
O Concurso de Contos Solidarios "Un juguete, una ilusión", da Fundación Crecer Jugando ten como obxectivo achegar valores como a solidaridade aos máis pequenos e implicalos en iniciativas que fomenten o traballo en equipo coa elaboración dun conto feito entre toda a clase.
Nesta edición do concurso había que elaborar un relato que tivese como protagonista a SúperUjui, o heroe dos xoguetes que se pode camuflar en calquera lugar disfrazado de bolígrafo...
Pero incluso os superheroes teñen problemas algunhas veces... menos mal que nesta ocasión os nenos e nenas de 6º de Primaria do noso colexio puideron axudalo. Se vos estades preguntando que lle pasou, só tedes que escoitar....
Música: Adventures In Adventureland & Impact Prelude by Kevin MacLeod
Que vos pareceu a historia? Pois parece que ao xurado do Concurso si que lle gustou e agora somos un dos catro centros finalistas a nivel nacional xunto a dúas historias do colexio Buen Pastor de Sevilla e outra do colexio Álvarez Sotomayor de Almería.
Se queredes, apoiarnos podedes votar na seguinte dirección, marcando o nome do colexio no fondo da páxina e dándolle a enviar.
NORABOA AO ALUMNADO DE 6º PARTICIPANTE!!
DESPEDIDA ALUMNADO 6º (22-06-2021)
Cada etapa ten un principio e un fin e hoxe é o final da etapa de César, Brais, Zaira, Jorge e Paula no noso colexio.
Danos moita mágoa que marchedes pero non hai remedio porque os nenos e nenas tedes o costume de crecer!
Que pequenos erades cando chegastedes a infantil e vos encontrastedes por primeira vez co cole e cun montón de compañeiros!
E a vós, os que fostedes vindo despois ao longo de primaria...
foron menos anos pero non por iso vos imos a estrañar menos que aos demais agora que marchades!
Eso si, desexámosvos MOITO ÉXITO na nova andaina que empezaredes en setembro no instituto e esperamos que LEMBREDES SEMPRE QUE ESTE É O VOSO COLE E QUE NOS TEREDES AQUÍ PARA O QUE PRECISEDES!!
ATA SEMPRE!!
HÉROES DE PRIMAVERA (21-06-2021)
Fai algúns días, unha nai de dous rapaces do cole agasallounos con varios exemplares do libro Héroes de primavera de Patricia Sanmigel Couso; unha autora compostelana con familia en Sober.
Neste libro, narra a experiencia do confinamento e da volta ás aulas dos nenos e nenas desde o seu punto de vista dándolle a importancia que merecen despois de afrontar tantos meses e tantos cambios sen queixarse prácticamente de nada; COMO VERDADEIROS HEROES!
Ademais o libro está ilustrado polos alumnado de 2º de Primaria do CEIP Quiroga Palacios de Santiago, compañeiros dunha das súas fillas.
Nós tivemos a sorte de poder facerlle unha entrevista para que resolvese todas as curiosidades que lle xurdiu ao alumnado de 3º e 4º de Primaria do colexio: por que os nenos e nenas da historia non teñen nome propio? de onde vén o título Heroes de Primavera? como se lle ocurriu a idea de escribir este libro?
Para saber a resposta a todas estas preguntas, podedes escoitar o podcast coa entrevista que Carlota, Diego, Germán, Cristian e Javier lle fixeron a Patricia.
MOITAS GRAZAS, PATRICIA!!
LETRAS GALEGAS 2021: PROGRAMA DE RADIO
Varixs alumnxs de diferentes cursos de primaria participaron na redacción e gravación deste programa sobre Xela Arias no que poderedes coñecer os seus datos biográficos máis importantes e escoitar algúns exemplos da súa obra: un poema do libro Darío a diario e un capítulo do libro inédito Non te amola! (Música: banco sonidos Ministerio de Educación e bensound.com)
Escoitade atentos!
COÑECENDO OS NOSOS CONCELLOS: RÍOS E REGATOS DE SOBER
Xa fai algún tempo que tiñamos pendente contestarlle aos nosos amigos e amigas do colexio de A Pobra do Brollón pero... este ano é tan estraño!
No seu último programa radiofónico, xs nenxs de A Pobra falábannos dos ríos que pasan polo seu concello e preguntábannos polos que pasaban polo noso.
Para preparar o programa, primeiro estivemos investigando un pouco sobre os nosos regatos e ríos a través da rede e dos libros sobre o noso concello que temos na biblioteca e despois falamos coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil que nos proporcionou un mapa da rede fluvial de Sober e nos dirixiu á cartografía da súa páxina web (se queredes acceder, clickade aquí ou na imaxe e despois poñede Sober no buscador).
Cando xa tiñamos toda a información, quixemos esperar un pouco para ver se a situación sanitaria nos permitía facer unha saída e coñecer os ríos e os regatos de primeira man pero xa sabedes que os protocolos seguen máis ou menos igual así que de momento a excursión quedará en espera.
O que si que podemos facer é compartir imaxes dos nosos ríos e regatos para que cando escoitedes o programa vos fagades unha idea do que vos estamos falando:
![]() |
Miradoiro de Santiorxo |
![]() |
Miradoiro do Xábrega |
![]() |
Fervenza de Os Chancís |
![]() |
Embarcadoiro de Os Chancís |
![]() |
Desembocadura do Cabe no Sil |
![]() |
Ruta Muíños do Xábrega |
Agora xa podedes escoitar o noso programa para aprender moitas cousiñas sobre a rede fluvial de Sober e a importancia que ten para o noso Concello.
Esperamos que esta emisión vos parecese tan interesante como a nós.
Agardamos escoitar a vosa próxima emisión para saber das festas e celebracións do voso Concello!
ATA PRONTO!!!!
FONTES:
COÑECENDO OS NOSOS CONCELLOS: RÍOS E REGATOS DE SOBER (7-05-2021)
Xa fai algún tempo que tiñamos pendente contestarlle aos nosos amigos e amigas do colexio de A Pobra do Brollón pero... este ano é tan estraño!
No seu último programa radiofónico, xs nenxs de A Pobra falábannos dos ríos que pasan polo seu concello e preguntábannos polos que pasaban polo noso.
Para preparar o programa, primeiro estivemos investigando un pouco sobre os nosos regatos e ríos a través da rede e dos libros sobre o noso concello que temos na biblioteca e despois falamos coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil que nos proporcionou un mapa da rede fluvial de Sober e nos dirixiu á cartografía da súa páxina web (se queredes acceder, clickade aquí ou na imaxe e despois poñede Sober no buscador).
Cando xa tiñamos toda a información, quixemos esperar un pouco para ver se a situación sanitaria nos permitía facer unha saída e coñecer os ríos e os regatos de primeira man pero xa sabedes que os protocolos seguen máis ou menos igual así que de momento a excursión quedará en espera.
O que si que podemos facer é compartir imaxes dos nosos ríos e regatos para que cando escoitedes o programa vos fagades unha idea do que vos estamos falando:
![]() |
Miradoiro de Santiorxo |
![]() |
Miradoiro do Xábrega |
![]() |
Fervenza de Os Chancís |
![]() |
Embarcadoiro de Os Chancís |
![]() |
Desembocadura do Cabe no Sil |
![]() |
Ruta Muíños do Xábrega |
Agora xa podedes escoitar o noso programa para aprender moitas cousiñas sobre a rede fluvial de Sober e a importancia que ten para o noso Concello.
Esperamos que esta emisión vos parecese tan interesante como a nós.
Agardamos escoitar a vosa próxima emisión para saber das festas e celebracións do voso Concello!
ATA PRONTO!!!!
