Excursións
EXCURSIÓN A SANTIAGO: CONCERTO DIDÁCTICO E VISITA AO CGAC (13/02/2020)
O alumnado de Primaria participou hoxe nunha excursión a Santiago de Compostela.
COÑECENDO OS NOSOS CONCELLOS: PROENDOS
Con esta saída didáctica quixemos coñecer os vestixios históricos que existen nesta parroquia e documentarnos para o programa Coñecendo os nosos concellos.
Dando un salto no tempo, chegamos ao século XII e visitamos a Igrexa de Santa María de Proendos na que tamén podemos observar restos romanos nunha das columnas do arco triunfal que da paso á ábsida. Ademais atopamos plantas e flores nos capiteis e pinturas que nos contan feitos de Nadal: "A adoración dos Reis Magos", "A adoración dos pastores" e "A fuxida de Exipto"...
Xa no exterior, ensináronnos unha roseta que se atopa no chan e que pode estar relacionada coa simboloxía da luz: coa idea de que a igrexa nos libra das tebras e nos leva á luz xa que entramos polo Oeste e imos camiñando cara ao altar que está no Leste, por onde sae o Sol.
IV ANDAINA CAMIÑO DE INVERNO (2-10-2019)
O noso alumnado de Primaria formou parte dos máis de 1.000 escolares das comarcas de Lemos, Quiroga e Chantada que participaron na IV Andaina Escolar polo Camiño de Inverno organizada pola Asociación Camino de Invierno por Ribeira Sacra.
Nesta ocasión comezamos a andaina en Reigada e camiñando por zonas rurais, camiños asfaltados, camiños máis embarrados e polo centro de Monforte; chegamos ao Parque dos Condes.
No parque dos Condes atopábase tamén un estudio móbil de Onda Cero desde o que estaban facendo un programa especial coas testemuñas de todos os centros participantes e dos membros da asociación organizadora. Se queredes escoitar o que falaron os nosos representantes podedes facelo no seguinte enlace a partir do minuto 1:07:32.
MÁS DE UNO (PROGRAMA ESPECIAL ONDA CERO)
O evento foi publicado na prensa local onde tamén se puideron ver imaxes dos nosos alumnos. Se queredes acceder ao artigo de La Voz de Galicia podedes premer no seguinte enlace: LA VOZ DE GALICIA
Para rematar, desde o centro queremos FELICITAR A TODO O NOSO ALUMNADO:
ESTAMOS MOI ORGULLOSOS DE VÓS!!
PARABÉNS POLO VOSO ESFORZO E POLO VOSO EXEMPLAR COMPORTAMENTO!!
ACCEDE A TODAS AS IMAXES DESTA ANDAINA
VISITA A GANDERÍA CASA DA ESCOLA (19-09-2019)
Hoxe, grazas a invitación de Noelia e Diego, pais do noso alumno Darío e do noso ex-alumno Héctor; fomos de excursión á Gandería Casa da Escola en Gundivós. Unha gandería que pertence a OVICA (Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia).
Na súa explotación gandeira teñen gando porcino e ovino nun réxime semiextensivo que consiste en que o gando está a maior parte do tempo en liberdade pero eles coidan de que non lles falte de nada.
Nesta visita puidemos coñecer parte do seu traballo dedicado ás ovellas: desde ceibalas ata prepararlles a corte para cando volven do prado.
Ademais tamén participamos na gravación do programa da TVG Cos pés na terra, onde recolleron a opinón da nosa directora e doutros alumnos do centro.
Unha experiencia moi enriquecedora na que o alumnado aprendeu moitos aspectos relacionados coa cría e mantemento dos animais pero tamén nos serviu para reflexionar sobre a importancia do medio ambiente, do respecto aos animais e a natureza, da posibilidade de vivir no rural e da importancia de esforzarse para acadar o que nos propoñemos.
Para rematar, os nosos anfitrións agasalláronnos cunhas pequenas ovellas de flocos de millo que fixeron as delicias do noso alumnado.
MOITAS GRAZAS POR ESTA INVITACIÓN!!
VER TODAS AS IMAXES DESTA EXCURSIÓN
COÑECENDO OS NOSOS CONCELLOS - CONVIVENCIA FINAL (14/7/2019)
Despois xa todos xuntos, compartimos a comida e un rato de lecer no colexio anfitrión.
EXCURSIÓN A SANTA TEGRA E BAIONA (7/6/2019)
Este ano na excursión de fin de curso fomos a visitar o Castro de Santa Tegra xa que nos parece unha saída didáctica moi interesante que serviu para que o alumnado coñecese de primeira man o modo de vida dos nosos antepasados: os castrexos.
Nesta visita didáctica a guía contounos o motivo da ubicación deste poboado e moitas cousas sobre o seu modo de vivir, a súa organización, os tipos de construcións...
Ademais fixemos varios obradoiros para saber cómo facían as súas ferramentas, como elaboraban as súas pinturas e ata como facían para prender o lume. Tamén visitamos o museo do castro.
Despois repuxemos forzas cunha boa comida, disfrutamos das vistas da desembocadura do Río Miño que serve de fronteira natural entre Galiza e Portugal e fomos a pasar a tarde á praia.
PODEDES VER TODAS AS IMAXES DA EXCURSIÓN NA
CONVIVENCIA A GÁNDARA - MONSTRO ROSA (7/6/19)
QUE PODEDES VER DÁNDOLLE AO PLAY!!
COÑECENDO O NOSO PATRIMONIO (5/4/2019)
Na procura dos tesouros de Sober foi unha excursión organizada polo Concello de Sober para que o noso alumnado puidese coñecer algúns dos monumentos máis importantes da localidade.
Unha vez recollidos os datos desta igrexa no noso caderno de investigadores, atopamos un novo tesouro: uns marcapáxinas conmemorativos desta actividade.
EXCURSIÓN A SANTIAGO E AO PAZO DE OCA (17/10/2018)
O alumnado de Primaria participou hoxe nunha excursión a Santiago de Compostela e ao Pazo de Oca.
Pola mañá asistimos ao Concerto Didáctico Son, música e acción! do Trío Casperkev no que nos ensinaron a relación entre a música, o son, a imaxe e a acción a través da música en directo e de escenas de películas coñecidas para o alumnado e outras non tanto:
Ten o mesmo sentido unha escena acompañada dunha música ou dotra?
Cal era a función da música no cine mudo? e hoxe en día?
Foi un concerto moi participativo no que os nosos alumnos puideron saír ao escenario a poñerlle música a unha escena da película Charlot boxeador (The Champion, 1915) e a imitar ao propio Chaplin coa música en directo do piano... ata saíu a profe Lorena ao escenario!
Despois comemos na Residencia Universitaria O Burgo das Nacións e puxemos camiño ao Pazo de Oca onde divididos en dous grupos coñecimos a súa historia, a súa capela e os seus maxestuosos xardíns inspirados nos xardíns do Palacio de Versalles.
Divertímonos nos labirintos e atopamos un montón de personaxes dos contos clásicos entre as figuras dos mesmos.
Ademais, con pequenas dramatizacións, coñecemos os foros ou contratos da época medieval nos que entre o señor feudal e os campesiños se chegaba a un acordo de pago anual (cereais, crías de animais...) e de duración do contrato (neste caso duraría a vida de tres reis de España) do que tomaba nota o señor Notario.
Para ver máis imaxes da excursión: GALERÍA DE IMAXES
EXCURSIÓN NO TREN ABA SACRA (15/6/2018)
Todo o alumnado do colexio participou nunha excursión no tren Aba Sacra de Doade. Esta viaxe estivo patrocinada polo Concello de Sober que invitou aos nosos nenos e nenas a disfrutar desta experiencia.
A finalidade da viaxe foi coñecer mellor o noso concello e darlle valor ás nosas paisaxes, ás nosas viñas e ao noso medio ambiente.
