Samaín
SAMAÍN CON-SUMO COIDADÍN (21 - 10 - 2022)
SAMAÍN CON-SUMO COIDADÍN é unha campaña do Instituto Galego de Consumo e da Competencia que ten como obxectivos advertir sobre os principais riscos nos disfraces, complementos e artigos de Samaín e dar a coñecer as normas do etiquetado destes produtos.
Despois o grupo de infantil, 1º e 2º decorou unha máscara de cabazas e o grupo de 3º a 6º unha máscara de caveira, ambalas dúas cos símbolos 0-3 e o marcado CE.
SAMAÍN - 2021
Tampouco pode faltar a exposición de Lecturas de medo relacionadas con esta época do ano que estivo durante toda a semana no expositor da entrada á biblioteca.
Pola tarde tivemos unha sesión de contacontos coa narradora Teresa Grau na que xs cativxs escoitaron historias propias desta época.
E, por suposto, o Certame de creación literaria para o alumnado de 3º a 6º de Primaria que xa se está convertendo nun clásico. Neste certame, dámoslle ao alumnado o principio dun libro para que eles reinventen a historia; este ano os libros propostos foron Raquel ten medo para 3º e 4º de Primaria e Fantasmas no corredor para 5º e 6º, ambos de Agustín Fernández Paz.
Nos seguintes enlaces podedes ler os relatos gañadores aínda que todxs xs participantes levaron un agasallo polas súas terroríficas creacións xa que todas eran arrepiantes.
SAMAÍN 2020 (CERTAME DE RELATOS TERRORÍFICOS III)
Esta é a última publicación de relatos terroríficos do Certame de contos de medo de Samaín que lle propuxemos ao noso alumnado.
Nesta ocasión imos a escoitar os relatos de Gareth, Gissela, Iria, Yanira e Libertad de 4º de Primaria e a historia de Pilarde 5º de Primaria.
CON ESTA PUBLICACIÓN DAMOS POR REMATADO
O SAMAÍN 2020!! ATA O 2021!!!
SAMAÍN 2020 (CERTAME DE RELATOS TERRORÍFICOS II)
Xa temos listos novos relatos terroríficos do Certame de contos de medo de Samaín que lle propuxemos ao noso alumnado.
Recordámosvos que este ano os libros nos que se basean estes relatos foron Pápote a bicos de Carmen Gil para 3º e 4º de Primaria e Mortiña e o amigo pantasma de Barbara Cantini para 5º e 6º de Primaria:
Nesta ocasión imos a escoitar os relatos de Valeria, Mencía e Cristian de 4º de Primaria e a historia de Zaira e Brais de 6º de Primaria.
ESPERAMOS QUE NON VOS ASUSTEDES DEMASIADO!!!
SAMAÍN 2020 (CERTAME DE RELATOS TERRORÍFICOS)
Seguimos cos relatos terroríficos do Certame de contos de medo de Samaín que lle propuxemos ao noso alumnado.
Recordámosvos que este ano os libros nos que se basean estes relatos foron Pápote a bicos de Carmen Gil para 3º e 4º de Primaria e Mortiña e o amigo pantasma de Barbara Cantini para 5º e 6º de Primaria:
Nesta ocasión imos a escoitar os relatos de Germán, Javier e Carlota de 3º de Primaria e a historia de Lucas de 5º de Primaria.
ESPERAMOS QUE NON VOS DEN MOITO MEDO!!!
SAMAÍN 2020
Outra das actividades foi unha nova edición do Certame de creación literaria terrorífica para alumnado de 3º a 6º de Primaria no que lle damos ao alumnado o principio dun libro que debe continuar. Este ano os libros foron Pápote a bicos de Carmen Gil para 3º e 4º de Primaria e Mortiña e o amigo pantasma de Barbara Cantini para 5º e 6º de Primaria:
SAMAÍN (30/10/2019)
Podedes velos bailar e cantar xunto cun resumo de todas as actividades no seguinte vídeo:
SAMAÍN 2018
Pola tarde, os gañadores do certame de creación literaria foron os protagonistas das Lecturas de medo lendo as súas historias ao resto do alumnado.
Ademais nestas lecturas de medo, cantando a canción do Samaín de Mamá Cabra do seu disco
CONTOS DE MEDO QUE DAN RISA (29/10/2018)
Comezamos o Samaín cunha actividade de animación á lectura subvencionada polo Concello de Sober, o contacontos de Pedro Brandariz: Contos de medo que dan risa.
Durante esta sesión de contacontos, puidemos escoitar a historia da pantasma cataplasma (versión do conto Un fastama en apuros de Laura Gallego) escenificada por algúns alumnos do centro e Xaime e as landras de Tim Bowley.
MOITAS GRAZAS AO CONCELLO E A PEDRO BRANDARIZ
SAMAÍN (31/10/2017)
