Escornabots

PROGRAMANDO O ESCORNABOT (18/6/2019)

  Traballando os contidos de debuxo técnico 5º e 6º de Primaria, propuxémoslle ao nosos alumnado que deseñara unha figura para o escornabot ligado aos contidos de traballados.

   Primeiro planificaron: fixeron os bocetos nos que mediron as distancias e os ángulos de xiro.

 
 
  Despois pasaron a planificación a linguaxe de programación Arduino: programar, verificar, compilar e enviar ao noso escornabot.

   Para rematar, comprobamos que o escorna fai algo semellante ao modelo proposto.

 
 
 

   Houbo outras figuras que non conseguiron parecerse ao modelo inicial porque tiñan moita dificultade pero...para o ano seguro que o acadamos!!

POSTAIS CON LUZ (Nadal 2018)

  As postais do alumnado de 5º e 6º de Primaria deste Nadal, son postais con sorpresa e moi creativas. 
 
    Cunha idea previa que sacamos do blogue Ese rincón del corazón de Manoli Picatua e reforzadas pola intervención de Paola Guimeráns nas Xornadas de Bibliotecas Escolares, decidimos argallar unhas tarxetas con luz.
 
    Necesitamos unha pila de botón, cinta de cobre adhesiva, leds, celo e o debuxo da postal por duplicado, un en tamaño folio para facer a postal e o circuíto eléctrico e outro para colorear.
 
  Poñemos dúas tiras de cinta adhesiva de cobre desde o punto no que queremos acender a luz ata o punto onde irán os leds. Unha das tiras debe ir dobrada sobre si mesma para que teña conductividade polas dúas caras de xeito que funcione como interruptor coa pila que se pegará sobre a outra tira que está totalmente pegada.
 
    No outro extremo das cintas pegamos os leds tendo coidado de que coincida a patiña negativa coa tira adhesiva que está en contacto co lado negativo da pila (neste caso nos puxemos a pila co lado negativo cara abaixo) e pegamos a pila e as patiñas do led con celo.

    Para que a tira adhesiva que funciona como interruptor non esté todo o tempo facendo contacto, poñemos tiras de cartón pluma cubrindo os lados da nosa postal.

 
   Unha vez que o circuíto está feito, pegamos o debuxo da postal que se vai a ver, picando previamente a parte que se iluminará e pegándolle papel celofán.

    Por último cubrimos os laterais dos anacos de cartón pluma con cinta dorada de Nadal e xa temos as nosas postais listas para iluminar as festas!!

 
   Ademais este ano, as postais teñen outro engadido: están escritas en verso!
 BO  NADAL!!!

APRENDENDO A PROGRAMAR CON SCRATCH: XORNADA FINAL

  Hoxe rematamos as sesións de programación para os alumnos de 1º e 2º de Primaria que aproveitaron ata  o final e non deixaron nin un momento de aprender e desfrutar programando buzos, peixes, cabaliños de mar... nun fondo mariño que resultou moi movido e incluíndo as súas fotografías nos personaxes que interactúan, voces, cambiando de escenario: un montón de ordes coordinadas que foron capaces de facer!!
 
 
   A historia comeza cando un dos membros do grupo vai en barca a recoller aos outros para ir ao fondo de mar a bucear entre peixes, caranguexos, estrelas de mar...
 

    Para levar un recordo desta actividade, Elías e Rocío entregáronlles aos nenos e nenas un chaveiro co logo de scrath que imprimimos na 3D a partir dun deseño de jfrutoses ao que podedes ver desde aquí https://www.thingiverse.com/thing:1166665 

 
 
   
COMO  SEMPRE,  MOITAS  GRAZAS  POLA  VOSA  COLABORACIÓN!!
UN PRACER  CONTAR  CON  FAMILIAS  COMO A  VOSA!!
 

APRENDENDO A PROGRAMAR CON SCRATCH - 2ª SESIÓN (23/11/2018)

     Hoxe o alumnado de 1º e 2º de Primaria tivo unha nova sesión con Rocío e Elías para seguir aprendendo a programar con Scratch.
 
    A proposta que nos fixeron foi a seguinte:
 
    Scratch tiña que chegar a súa casa e timbrar para que alguén lle abrise a porta e puidera entrar.
 
   Xa dentro, o noso gatiño tería que ir a súa habitación e (como é un pouco pillo) dar cinco saltos enriba da cama antes de poñerse a durmir.
 
    Mais... cando xa estivera  durmindo.... tería que vir un can e despertalo!!
 
    Para realizar esta tarefa, os nenos aprenderon a incluír un decorado, engadir unha escena con outro decorado, pasar dunha escena a outra, facer un bucle para repetir unha acción ás veces necesarias como saltar enriba da cama (ver icono do bucle nas imaxes), engadir un novo personaxe e facer que se comuniquen entre eles enviándose mensaxes.... 
 
 
   Que vos parece??  Pois aprenderon un montón e este é o resultado:
  
   E como se fai isto?  Pois con todas as ordes que podedes ver na parte de abaixo das imaxes:

 

MOITAS  GRAZAS  POR  ESTA  SESIÓN  TAN  BEN  APROVEITADA!!
 
 
 

APRENDENDO A PROGRAMAR CON SCRATCH (16/11/2018)

   Por segundo curso, temos a sorte de contar na biblioteca coa colaboración de Elías e Rocío, os papás de Antía, que son programadores informáticos e que de forma completamente voluntaria e altruista van a adicarlles unhas sesións didácticas aos nosos nenos e nenas de primaria para que se acheguen á linguaxe de programación.
 
   Hoxe comezou o alumnado de 1º e 2º de primaria  a través da aplicación Scratch junior.
 
 
     Comezaron facéndonos tomar conciencia de que podemos encontrar linguaxe de programación en moitos aparellos dos que utilizamos día a día: ordenadores, tablets, móbiles, lavadoras... todo funciona a través da programación!!
 
        Despois ensináronnos as ordes básicas de Scratch a través duns carteis que elaboraron e que utilizamos para mover un peluche polo taboleiro dos escornabots.
 
   A continuación pasamos á aplicación Scratch junior nas tables onde puxeron en práctica as ordes aprendidas e coñeceron moitas máis: fixemos desaparecer ao noso gatiño, que volvera a aparecer, que falara...
 
 
UNHA  SESIÓN  MOI  INTERESANTE  E  PROVEITOSA!!
MOITAS  GRAZAS!!
 
 
 

COMPARTINDO BOAS PRÁCTICAS. Encontros de intercambio de experiencias educativas

   Este fin de semana, tiveron lugar en Lugo os Encontros de intercambio de experiencias educativas: Compartindo boas prácticas organizados polo Centro de Formación e Recursos (Cefore) de Lugo para dar visibilidade ao traballo desenvolvido en diferentes centros a partir da formación recibida nos plans de formación permanente do profesorado.
 
   Neses encontros estivemos compartindo con outros centros da provinvia de Lugo o proceso polo que fomos incorporando á nosa biblioteca novos espazos, novas linguaxes, novas metodoloxías... a medida que fomos participando nos proxectos de Bibliotecas Escolarescomo o Proxecto escornabots na biblioteca escolar e nos fomos formando cos PFPP.
 
   Podedes acceder a toda a información e documentación destes encontros no seguinte enlace:
https://agueiro.xunta.gal/view/view.php?t=DTUodbqHfweuc8tyMX06
 

CORES: Proxecto de Infantil

   O alumnado de Infantil A estivo levando a cabo un proxecto sobre cores primarias, cores secundarias e as combinacións entre elas. Fixeron actividades e experimentos e recolleron a información no Libro das cores.
 
     Hoxe complementaron o proxecto experimentando coa mesa de luz, unha actividade que lles encantou!
 
 
 

MONTAXE DUN NOVO ESCORNABOT (8/5/2018)

   Coa chegada da impresora 3D, a Asesoría de Bibliotecas propúxonos un novo reto: construír un novo escornabot desde cero. Eles déronnos o material tencolóxico necesario e nós tiñamos que imprimir na nosa biblioteca e coa nosa impresora as pezas de soporte.
   Foi un reto que se nos complicou bastante, primeiro porque imprimiamos as pezas e non nos coincidían e tivemos que facer varios intentos; e segundo, porque ningunha das placas estaba montada. A placa da botoneira non foi un problema pois xa o fixeramos o ano pasado pero para a placa do arduino tivemos que pedir axuda a través dunha sesión de formación no noso PFPP.
 
 
 
Aínda con todos os problemas, fomos quenes de montalo e que empezase a funcionar...
 
RETO SUPERADO!!

ROCHAS E MINERAIS (7/5/2018)

    A partir do tema A materia traballado na asigatura Ciencias da Natureza, elaboramos un taboleiro para reforzar este contido con imaxes de diferentes rochas e minerais e tarxetas con adiviñas sobre ditas imaxes.
 

     Primeiro un dos xogadores colle unha tarxeta e le a adiviña para que responda o xogador da súa dereita. 

 

   Se o xogador acerta, levará un escornapunto e deberá dirixir o escornabot á imaxe correspondente do taboleiro. Se é capaz  de identificar a imaxe e dirixir o escornabot correctamente levará outro escornapunto. Se non, pasará o turno ao seguinte xogador. 

 

FACEMOS UNHA MESA DE LUZ (7/5/2018)

    Fai algún tempo que tiñamos ganas de contar con este recurso no espazo creativo da nosa biblioteca, Queres argallar? e hoxe chegou o momento.
 
   Para iso contamos na biblioteca cunha colaboración especial dunha persoa moi mañosa que co alumnado de 3º e 4º de Primaria montou unha mesa de luz portátil.
 
   O primeiro que necesitamos foi un recipiente grande de plástico e un anaco de cartón para debuxar e recortar o que sería a base da nosa mesa.
 
    Despois fomos á cociña, onde quentando un ferriño, fixemos uns buratos arredor para suxeitar a tapa e un máis grande por onde introducir a tira de leds.
 
     A continuación pegamos os leds a tapa de cartón con cinta adhesiva ancha e suxeitámos a bandexa e a tapa cunhas pequenas bridas.
 
    Para desfrutar da mesa de luz, só nos quedaba enchufala!!
MOITAS  GRAZAS!!!
Distribuir contido