Educación física
DEPORTE NA CASA #deportenacasa (14/4/2020)
Durante estes días de vacacións recibimos dúas novas propostas do reto DEPORTE NA CASA #deportenacasa.
Hoxe compartimos as propostas de Carla, Lara e de Noa.
MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR!!
DEPORTE NA CASA #deportenacasa (8/4/2020)
Hoxe compartimos os últimos vídeos do reto DEPORTE NA CASA #deportenacasa.
Rematamos coas propostas de Hugo, Pablo, Laura, Flora e a profe Lorena.
MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR!!!
DEPORTE NA CASA #deportenacasa (7/4/2020)
Continuamos a semana con dúas novas propostas do reto DEPORTE NA CASA #deportenacasa.
Hoxe compartimos as actividades de Saúl e de Julieta.
MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR!!
DEPORTE NA CASA #deportenacasa (6/4/2020)
Comezamos a semana con dúas novas ideas para seguir facendo DEPORTE NA CASA #deportenacasa.
Hoxe compartimos un partido de baloncesto de Darío, Héctor e Diego e un circuíto exterior de Xiana, Gabriel, Cristian e Brais.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!
DEPORTE NA CASA #deportenacasa (4/04/2020)
Temos dúas novas ideas para seguir facendo DEPORTE NA CASA #deportenacasa.
Hoxe achegámosvos a proposta de César e o baile de Antía, Ada e Teo.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!
DEPORTE NA CASA #deportenacasa (3/4/2020)
Continuamos co reto DEPORTE NA CASA #deportenacasa.
Hoxe achegámosvos a proposta da profe Inés para facer dentro da casa e o baile de Daniela e Alexia.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!
DEPORTE NA CASA #deportenacasa (2/4/2020)
Seguimos co reto DEPORTE NA CASA #deportenacasa.
Hoxe compartimos dúas propostas que nos chegan de dúas alumnas de Educación Infantil: Leonor e Silvia coa súa prima.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!
DEPORTE NA CASA #deportenacasa (1/04/2020)
Bos días!
Comezamos a publicar os vídeos coas vosas actividades físicas na casa!
HOXE DOUS CIRCUÍTOS:
O primeiro enviado por Pilar é para facer dentro da casa.
O segundo, enviado por Lucas e a súa nai Silvia, se tedes un xardín ou espazo libre.
ESPERAMOS QUE REMATEDES
O CONFINAMENTO EN FORMA!!
DEPORTE NA CASA #deportenacasa
Dende o Departamento de Educación Física propoñemos un novo reto: DEPORTE NA CASA!!
Que estemos na casa non quere dicir que non poidamos facer deporte e exercitar o noso corpo pois xa sabedes que o deporte reporta moitos beneficios para a nosa saúde.
PROPOÑÉMOSVOS QUE GRAVEDES UN VÍDEO FACENDO ALGUNHA ACTIVIDADE FÍSICA NA CASA ADECUADA Á VOSA IDADE CON ALGUÉN DA VOSA FAMILIA (Yoga, circuítos, baile, estiramentos...) E NOLA MANDEDES AO @ DA BIBLIOTECA (biblioteca.virxedocarme@gmail.com) CO OBXECTIVO DE DARNOS IDEAS UNS A OUTROS E MANTERNOS EN FORMA DURANTE ESTES DÍAS DE CUARENTENA.
XINCANA DE PASCUA (12/4/2019)
Despois de darlles unhas cantas voltas, saíron poesías ben rimadiñas!!
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
