Xardín

CHEGA A PRIMAVERA! (21/3/2017)

Hoxe chega oficialmente a primavera e no cole xa podemos disfrutar das flores desta estación!

 

CHEGA A PRIMAVERA!!

CHEGA  A  PRIMAVERA!!

AS ÁRBORES E ARBUSTOS XA ESTÁN EN FLOR!!

     

   

    E a onde non chega a natureza por si mesma, unha pouca axuda dos nosos alumnos prantando xardineiras e coidando o xardín onde agruman os bulbos:

 


 

AMORODOS EN OUTONO ?? (02 - 10 - 2015)

   Por mor do tempo que estamos tendo este outono, as plantas de amorodos do noso xardín floreceron de novo e os amorodos volven a madurar.

    Totalmente apetitosos!!

    

COIDANDO O XARDÍN

Para ter un bonito xardín como o noso, cómpre coidalo con mimo e agarimo. 

 

Iso é o que están facendo este grupo de nenos de 3º e 4º de Educación Primaria: arrancando herbas, plantando  pensamentos…

APROXÍMASE A PRIMAVERA (II): COMO MEDRAN!

As nosas plantas de narcisos e tulipáns seguen a medrar a bo ritmo.

   Estamos desexando poder disfrutar das súas coloridas flores como xa o estamos facendo das flores da camelia.

 

 

APROXÍMASE A PRIMAVERA

    Estase aproximando a primavera; se botamos unha ollada ao noso xardín vemos que os bulbos de xacintos e tulipáns están a brotar.

    Mirade como medran.

 

 

PROBLEMAS COA VEXETACIÓN

Este ano tivemos  problemas coa vexetación do noso xardín pois a árbore que alí tiñamos que xa estaba alta e era moi frondosa quixo que as súas raíces medrasen polos desaugues dos baños de Ed. Infantil.

Por máis voltas que lle demos non houbo forma de salvala así que tiveron que vir os operarios do Concello para cortala e facer que secasen as súas raíces que xa tupían por completo os desaugues.

Problemas coa vexetación

No seu lugar agora temos plantadas unhas fresas, a ver se polo menos estas dan uns froitos ben ricos:

Problemas coa vexetación

 

CHEGA A PRIMAVERA

Despois de tanta choiva, estabamos desexando que chegara a primavera.

Mirade que bonitas e floridas están as plantas do noso centro.

Flores  Flores

Flores

A PESAR DO MAL TEMPO...

    A pesar do mal tempo e de que con tanta choiva temos o xardín máis desatendido do que quereríamos, os nosos bulbos de xacintos e tulipáns están empezando a brotar.

brotan os bulbos  brotan os bulbos

   Seguro que en pouco tempo empezamos a disfrutar das súas flores.

brotan os bulbos

É PRIMAVERA

    Sabemos que no mes de marzo chega a primavera, e aínda que as flores non saben de meses nin saben o calendario chegan puntuais á súa cita no noso xardín:

jacintos     jacinto

pensamentos

tulipáns   tulipáns

Distribuir contido