Música
IlustrarNÓS: Os nosos ilustres instrumentos
Esta semana o alumnado de 3º e 4º de Primaria participou no obradoiro OS NOSOS ILUSTRES INSTRUMENTOS dentro da campaña IlustrarNÓS organizada pola Deputación de Lugo e solicitada pola ANPA.
Juan A. Álvarez foi o encargado de presentarnos un montón de instrumentos tradicionais galegos de percusión uns máis coñecidos como o tamboril, o pandeiro ou a pandeireta e outros máis descoñecidos como a pandeira ou o charrasco. Tamén nos amosou como facer música con obxectos que non son instrumentos como as piñas ou as cunhas
Pola súa banda, a ilustradora Laura Romero ensinounos a darlle vida aos instrumentos poñéndolles rostro e corpo.
Na segunda parte do obradoiro, deixamos os instrumentos de percusión e coñecemos o pícolo, a gaita e a zanfona.
SEMANA DA MÚSICA - 2021: INSTRUMENTOS DE VENTO
Como xa vén sendo tradición, polo mes de novembro coincidindo co día de Santa Icía, celebramos a Semana da Música que este ano cumpre 9 edicións.
SANTA ICÍA - SEMANA DA MÚSICA 2021
Como xa vén sendo tradición, polo mes de novembro coincidindo co día de Santa Icía, celebramos a Semana da Música que este ano cumpre 9 edicións.
A MEMORIA DO SON (5/11/2021)

Os nenos e nenas de 5º e 6º asistiron á inauguración da mostra "A Memoria do Son". Este acto levouse a cabo na Casa da Cultura do Concello das mans do deputado provincial, Efrén Castro, do director da Colección de Instrumentos e comisario da exposición, Luciano Pérez, e do alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián.
Esta exposición reúne réplicas de instrumentos musicais medievais que se podían ver e escoitar nos séculos XII e XIII en Galicia e réplicas de instrumentos esculpidos en pedra no Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela e no Pazo de Xelmírez.
Pero xs nosxs alumnxs non só puideron ver estes instrumentos, tamén puideron tocar un deles seguindo o esquema que se atopaba debaixo das súas cordas. Así soaron pezas como Santa María, Strela do día de Alfonso X "O Sabio"
ACTIVIDADES MÚSICA: FIN DE CURSO
Pouquiño a poquiño foi chegando o fin deste curso tan raro...
Pero desde música non podemos despedirnos con tristura e por iso quero deixarvos unhas últimas coreografías para rematar con enerxía.
A primeira dedicada ao verán e a segunda porque moitos de vós estades realmente felices de que remate o curso, verdade?
UNHA APERTA MOI FORTE
E BO VERÁN!!
ACTIVIDADES DE MÚSICA
Cando os fagades, mandádeme ao correo floragrande@gmail.com o "pantallazo" final, onde se ve se superástedes a actividade ou non.
Por último, como levamos dúas semanas facendo percusión corporal, esta semana cambiamos e propóñovos uns bailes de "Just Dance".
Para os máis pequenos que vos parece mover o corpo a ritmo de Baby Shark?
Para primaria a proposta é High Hopes do grupo Panic!
Non fai falla que enviedes vídeo nin imaxes destes bailes porque é soamente para que vos divirtades e vos movades un pouco a ritmo e así tamén dou tempo aos que tedes actividades pendentes de poñervos ao día.
SAÚDOS MUSICAIS!!
ACTIVIDADES DE MÚSICA
Esta semana en música os de 1º, 2º e 3º repasaremos a CLAVE DE SOL, o PENTAGRAMA, as NOTAS e as FIGURAS cos exercicios que tedes a continuación.
Os de 4º, 5º e 6º repasaremos os MATICES e o TEMPO.
Podedes recordalos nestas táboas antes de facer as actividades.
Tamén podedes facer as actividades de 1º, 2º e 3º para repasar. Nunca sobra!
MOZART E BEETHOVEN
As tarefas de música desta semana están relacionadas con dous dos compositores máis importantes da historia da música:
WOLFGANG AMADEUS MOZART e LUDWIG VAN BEETHOVEN
A continuación, déixovos uns vídeos para que recordedes as súas biografías.
ACTIVIDADES PARA PRIMARIA
(O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º NON ten que facer a actividade rodeada de vermello)
Por último, deixo este vídeo para que tanto o alumnado de INFANTIL coma o de PRIMARIA practiquedes percusión corporal coa "Marcha Turca" e cando vos saia ben, se queredes, podedes enviarmo coma sempre ao correo floragrande@gmail.com.
ACTIVIDADES DE MÚSICA: FAMILIAS DE INSTRUMENTOS

