Magosto
MAGOSTO 2022
Estamos en novembro que é o mes das castañas e dos magostos...e, por suposto, no cole tamén facemos o noso!!
Comezamos o día na biblioteca cos biblioaxudantes Naím e Yanira que nos leron un poema acumulativo de Azucena Arias do libro O magosto. Festas na escola (Colectivo "Ollo de Sapo") no que conta o que lle pasou á castaña do souto do araña.
Despois de escoitalo, todo o alumnado do colexio fixo un exercicio de memoria intentanto completar o poema de memoria ou pintando e ordeando os personaxes protagonistas.
Queredes escoitar outra vez este poema tan simpático e comprobar a vosa memoria? Pois aquí vos deixamos o podcast que gravaron en Radiuvín e as fichas que traballamos
Pola tarde foi o momento de asar as castañas e como non... comelas!!!
Para ver todas as imaxes deste día, premede na GALERÍA DE IMAXES
MAGOSTO 2021
En novembro non poden faltar as castañas e os magostos... e, por suposto, no cole celebraramos noso!!

MAGOSTO 2019
MAGOSTO (2/11/2018)
Sempre polo mes de novembro celebramos o magosto no colexio.
Coa axuda de José Manuel e de Tito encendemos o lume e esperamos a ter boas brasas para poñer encima o tambor coas castañas picadas para que non estoupen.
Mentres uns van dándolle voltas ao tambor outros aproveitan para xogar, cantar e bailar ata que as castañas están ben asadiñas e listas para papar.
MIRADE QUE BEN O PASAMOS!!
O MAGOSTO (3/11/2017)
Estamos no tempo das castañas e dos magostos e no colexio non íamos a ser menos.
Nesta actividade, a biblioteca tamén estivo presente a través do alumnado de infantil que nos contou "A castaña e o verme", unha pequena historia que estiveron traballando durante estes días e que xa podedes intuir quen ten como protagonista.
XORNADA MICOLÓXICA E MAGOSTO (11/11/2016)
Grazas a que o tempo nos acompañou, hoxe pola mañá o alumnado de Primaria foi o encargado de saír ao campo en compañía do micólogo Ramón Losada Pérez para recoller setas e identificalas nunha actividade organizada pola agrupación Pingadouro.
Nesta saída os nosos alumnos, disfrutaron moito pescudando entre a natureza para atopar os cogomelos que este ano estaban bastante agochados.
Ao chegar ao centro, Ramón organizou unha exposición coas especies recollidas diferenciando as tóxicas (marcadas en vermello), as que non son tóxicas pero teñen pouco valor culinario (rotuladas en branco) e as que se poden comer (rotuladas en verde). Tamén nos explicou moitas cousas sobre elas e respostou a todas as dúbidas que tiñamos.
Pola tarde foi o momento do magosto. De desfrutar das castañas que nos asaron Tito e Manolo aos que lles queremos agradecer a súa colaboración.
E como non, tamén tivemos aos nosos ex-alumnos que se animaron a compartir con nós este momento de lecer.
Se quedastes con gañas de ver máis imaxes desta xornada,
podedes velas todas na galería de imaxes.
MAGOSTO NO COLE!! (6-10-2015)
Chegou o día do magosto no colexio!!
Para axudarnos a asar as castañas, hoxe estiveron con nos dúas persoas moi queridas por todos: Tito, o conserxe e Jose Manuel Álvarez, o profe de Educación Física. Aínda que como podedes ver, os nenos de Primaria tamén axudaron moito nesta tarefa.
Unha vez que as castañas xa estiveron ben asadiñas, os nenos puideron encher con elas os seus cucuruchos e saborear o ricas que estaban.
Se queredes ver todas as fotos, seguide o enlace:
O OURIZO (MANUEL MARÍA) - Magosto 2015
O seguinte poema tan indicado para a celebración do magosto, foi escrito por Manuel María ao que se lle adicará o Día das Letras Galegas en 2016. Pertence ao seu libro Os soños na gaiola.
Le primeiro o poema e despois fai o test de comprensión lectora a ver se es quen de superalo. Moita sorte!
O OURIZO
Co seu ouro vello, mol,
o ourizo ouriceiro
toma o sol
no bico dun castiñeiro.
Tal un señor moi mandón:
no bico dun castiñeiro
o ourizón
toma o sol moi riseiro.
O ourizo está moi ledo
coa súa casa ben pechada
-ouh, que medo!-
de espiñas toda cercada.
Quer botar unha risada
e os seus dentes arregaña
case un nada:
e xa fuxiu a castaña...!
MAGOSTO 2015
Enviado por floragrande o Xov, 05/11/2015 - 17:15O MAGOSTO DO COLEXIO SE O TEMPO O PERMITE,
SERÁ O VENRES DÍA 6 DE NOVEMBRO ÁS 14:15 HORAS
MAGOSTO - 2014
Enviado por floragrande o Lun, 17/11/2014 - 17:57Por mor do mal tempo, o magosto trasladouse a hoxe.
Esperemos que o tempo hoxe sí que nos acompañe.
