O OURIZO (MANUEL MARÍA) - Magosto 2015
O seguinte poema tan indicado para a celebración do magosto, foi escrito por Manuel María ao que se lle adicará o Día das Letras Galegas en 2016. Pertence ao seu libro Os soños na gaiola.
Le primeiro o poema e despois fai o test de comprensión lectora a ver se es quen de superalo. Moita sorte!
O OURIZO
Co seu ouro vello, mol,
o ourizo ouriceiro
toma o sol
no bico dun castiñeiro.
Tal un señor moi mandón:
no bico dun castiñeiro
o ourizón
toma o sol moi riseiro.
O ourizo está moi ledo
coa súa casa ben pechada
-ouh, que medo!-
de espiñas toda cercada.
Quer botar unha risada
e os seus dentes arregaña
case un nada:
e xa fuxiu a castaña...!