Madrugadores

FLOREIROS

   De novo, os nenos e nenas máis madrugadores do cole sorpréndennos con esta actividade de reciclaxe.

   Colorearon uns tubos de papel hixiénico que pegados a un cartón pelado fan de floreiro.

    As talos das flores foron feitas reutilizando follas de papel enroscado e as flores con restos de papeis de cores e de regalo.

Floreiros 

AS ESTACIÓNS DOS MADRUGADORES

    Os alumnos  e alumnas máis madrugadores do colexio, reflexan na súa árbore da biblioteca o paso das estacións.

    Primeiro pintaron follas das caídas en outono con moitas das súas cores; para facer a súa árbore e uns paxariños moi bonitos:

 

Despois a árbore reflexou as folerpas de neve que caeron no inverno. Que friaxe da vela!

    Agora é unha fermosa e florida árbore primaveral que nos alegra o día cada vez que entramos na biblioteca:

 

OS MADRUGADORES E O SAMAÍN

   Os madrugadores do colexio fixeron uns monstros terroríficos para conmemorar o Samaín / Halloween reutilizando botes de vidro.

 

Distribuir contido