Profesional

XUBILACIÓN JOSÉ MANUEL (18/11/2017)

  Con motivo da xubilación do noso director, creamos un libro no que quixemos resumir os seus 40 anos na dirección do colexio e que levase un recordo do alumnado que estivo o seu último curso lectivo no centro.

    Algúns nenos fixeron debuxos, outros poesías, dedicatorias, banda deseñada, contaron anécdotas da súa relación con el... en fin, un  libro no que quixemos transmitir os nosos sentimentos e o noso desexo de que, a pesar da súa xubilación, poidamos seguir contando con el, coa súa presenza, os seus consellos e a súa experiencia que nos serven de exemplo a todos os que tivemos a sorte de traballar ao seu carón

   Se queredes velo, só tedes que clickar na imaxe

XUBILACIÓN JOSÉ MANUEL (18/11/2017)

    O sábado foi o xantar de xubilación de José Manuel López Santos quen foi o noso director durante 40 anos, desde 1977 ata 2017 aínda que xa estaba no centro desde 1975.

   Con este xantar queriamos rendirlle homenaxe pola súa labor educativa neste colexio e para iso xuntámonos case 200 persoas entre amigos, profesores, ex-profesores, alumnos, ex-alumnos e outro persoal do centro.

    Presidindo o acto estaban José Manuel e a súa familia, o alcalde de Sober, o alcalde de Monforte, a deputada Paula Vázquez, a nosa directora e D. Pedro Gómez inspector de educación xubilado que viña representando ás autoridades educativas que non puideron asistir.

     Despois do xantar tivemos un momento musical que serviu para amenizar a xornada no que incluso participaron algúns dos asistentes ao evento.

    Posteriormente foi o momento de adicarlle unhas verbas a José Manuel e entregarlle uns agasallos. Comenzaron algúns alumnos do colexio representando aos seus compañeiros e a ex-alumnos nun discurso elaborado polos membros da ANPA.

 

   No seu discurso o alcalde de Sober, Luis Fernández, lembrounos non só a súa valía como director senón tamén outras facetas que desenvolveu no concello: foi tenente alcalde durante unha década, organizador da Feira do Viño, deseñou a Praza do Toural, inventou o montacargas sobre raíles que hoxe se utilizan en moitos viñedos da Ribeira Sacra e, ata o escudo de Sober é da súa autoría.

   Nas seguintes imaxes podemos ver momentos deste discurso e a entrega dunha peza de alfarería e dunha insignia do escudo de Sober en prata.

 

     A seguinte en falar foi a nosa directora Montse representando aos profesores e ex-profesores que con el traballamos. Na súa intervención tivo palabras de agradecemento destacando non só a súa labor como director durante a cal sempre facilitou as iniciativas do profesorado e animou a todos os compañeiros apoiándoos no desenvolvemento do seu labor docente á vez que fomentaba un excelente clima de traballo; senón tamén a súa labor como docente, como impecable xestor do centro e a súa valía persoal como compañeiro, así como a súa disposición a arranxar o que fixera falta. Este recoñecemento quedou recollido na placa que se lle entregou.

 

    De seguido foi a quenda de D. Pedro Gómez quen, como inspector que foi do centro, destacou o compromiso de José Manuel como director e incluso nos contou algunha anécdota acontecida nesa etapa.


    A continuación José Manuel foi o que tomou a palabra para agradecer as mostras de cariño e recoñecemento recibido así como o apoio e a comprensión da súa familia nestes anos.


    Por último a súa esposa María Jesús, adicoulle un texto literario máis persoal e moi agariomoso.

    Para rematar, José Manuel fíxose unhas fotografías cos asistentes en recordo desta xuntanza que resultou moi emotiva xa que durante estos anos moitos foron os momentos e as experiencias vividas xunto a el.

 

MÁIS  IMAXES  DA  XORNADA

(Algunhas das imaxes son de Luis Conde e Germán López Quiroga)

DÍA DO ENSINO (30 - 10 - 2015)

    O día 30 de outubro, conmemorouse o Día do Ensino; e pensamos que non hai mellor día que este para facerlle unha homenaxe a José Manuel Álvarez pola súa labor como profesor de Educación Física e titor que durante tantos anos exerceu neste centro.

   Por esta razón varios compañeiros e excompañeiros xuntámonos e fixémoslle un pequeno acto para desexarlle o mellor neste novo período da súa vida que comeza coa xubilación.

 

Distribuir contido