IMAXES

50 ANIVERSARIO - XANTAR DE CONFRATERNIDADE (30 - XUÑO - 2024)

    Fai 50 anos abría as súas portas o colexio Virxe do Carme de Sober, o noso cole, coa finalidade de acoller ao alumnado de Sober e ao de todas as escolas unitarias do concello.

    Despois destes 50 anos reunímonos no pavillón do colexio máis de 250 persoas entres as que nos atopabamos alumnos, ex-alumnos, mestres, ex-mestres, pais, nais, autoridades e moitas máis persoas que quixeron conmemorar esta data.

     Esperamos que todos o pasarades ben e que as emocións, os reencontros, as anécdotas e as lembranzas foran fermosas compañeiras deste xantar. Nós cremos que ademais das aprendizaxes curriculares, os lazos que se forman entre os membros da comunidade educativa tamén son moi importantes e polo que puidemos vivir neste xantar, os lazos desta comunidade son moi fortes.

    Desde o centro queremos dar as grazas a todos os que participastes nesta xornada:

- ás autoridades educativas que nos acompañaron: D. Pedro Gómez e D. Federico Pérez, ex-inspectores do colexio, e Dna. Sagrario Sánchez, Xefa territorial de Educación de Lugo

- ao Concello e ao alcalde, D. Luis Fernández, pola súa axuda na organización e pola animación musical a cargo de Rafa Aguiar

- á ANPA do colexio polos inchables que fixeron disfrutar aos máis pequenos

- á imprenta Chuzos de Monforte que nos agasallou coa lona que presidía o xantar

- a todos os asistentes por lembrar con cariño o seu paso por este centro e decidir compartir con nós este momento

- e, especialmente, a todas as familias que nos escolledes como centro educativo para os vosos fillos e fillas.

 

 

 

Esperamos que poidamos volver a reunirnos dentro de 10 anos pero mentres tanto...

aquí tenéis un enlace ao álbum coas imaxes da xornada

 GALERÍA  DE  IMAXES

 E se alguén ten imaxes deste xantar ou do seu paso polo centro e quere compartilas con nós para seguir aumentando o fondo fotográfico do colexio, podedes envialas ao seguinte correo:

biblioteca.virxedocarme@gmail.com

 

IMAXES RECOPILADAS PARA A EXPOSICIÓN

Como sabedes, estamos recopilando imaxes antigas para unha exposición.

A continuación deixámosvos uns enlaces nos que podedes ver as fotos ordeadas cronolóxicamente:

1974

1975

1977

1978

1980

1981

1984

1985

1986

1987

1988

1989

1990

1991

1992

1993

1994

1995

1996

1997

1998

1999

2001

2003

2004

2005

ESCOLANÍA

FOTOS  DO  CENTRO

ESCOLAS  UNITARIAS

OUTRAS  FOTOS

 

XANTAR  DE  CONFRATERNIDADE 40 ANIVERSARIO

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido