Premios

A PRINCESA DO CAUREL: Premiada co Accésit do concurso Nós tamén creamos (04/07/2023)

   Este ano participamos por primeira vez no concurso  Nós tamén creamos  convocado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Secretaría Xeral de Política Lingüística que ten como finalidade a "promoción da adquisición, do uso e da valoración da lingua galega na aula por medio da creatividade e da incorporación das tecnoloxías da información e da comunicación ás aulas". 

 
    Para participar cada centro ten que elaborar unha curtametraxe en galego coa técnica stop motion a partir dun álbum ilustrado. No noso caso escollemos o libroA princesa do Caurel de Javier Solchaga e Patacrúa que é un conto acumulativo clásico arredor do roubo do anel desta princesa do Caurel.

 

   Para a elaboración da curtametraxe, o alumnado de 3º de primaria comezou investigando en internet como facer os elementos e personaxes que aparecen no libro co tangram.

 

   Despois fixeron todas as fotos necesarias para a montaxe da curta.

 

 

E para rematar, gravaron a narración do conto nos estudos de Raiduvín.

  

Despois de tanto traballo...  

O RESULTADO  FINAL  FOI  PREMIADO  CO  ACCÉSIT  NA  SÚA  CATEGORÍA!!

Podédelo ver no seguinte enlace:

Acceso a páxina web da CRTVG

 

 PARABÉNS  AO  ALUMNADO  E  PROFESORADO  ENCARGADOS  DESTE  PROXECTO!!!

 

PARABÉNS A CANDELA FERNÁNDEZ! (3/3/2022)

   A nosa alumna Candela Fernández acaba de recoller o 1º Premio do Certame de Poesía de Nadal convocado pola Biblioteca Nodal de Lugo en colaboración coas Bibliotecas Públicas.

 

     O acto de entrega foi no Salón de Actos da propia Biblioteca e cada un dos gañadores recibiu como agasallo un lote de libros, un diploma e unha figura de Sargadelos.

 
 
 
    Para coñecer máis sobre este premio e escoitar o poema na voz da súa autora; prestade atención á entrevista que lle fixeron Hugo e Lucas.

NORABOA  CANDELA!!!

 

 

XVIII CONCURSO CONTOS SOLIDARIOS: UN JUGUETE, UNA ILUSIÓN

     Esta semana coñecéronse os gañadores do XVIII Concurso de Contos Solidarios "Un juguete, una ilusión" e non fomos nós, foi  o colexio Buen Pastor de Sevilla. NORABOA!!

     Pero que non gañaramos non quere dicir que non sexa un orgullo quedar como finalistas deste concurso nacional e por iso LucasLucíaPilar Hugo; os nenos e nenas de 6º de Primaria do noso colexio que quixeron participar nesta edición, desprazáronse a Monforte para coñecer as instalacións de Onda Cero Monforte e ser entrevistados por Manola Porto no seu programa Más de uno. Podedes escoitar esta entrevista a partir do minuto 55.

 

Ademais Manuel Lois, fíxolles unha visita guiada aos estudos radiofónicos e puideron coñecer como é unha radio profesional e as diferenzas coa nosa radio escolar.

MOITAS  GRAZAS  A  MANOLA  E  A  MANUEL  LOIS  POR  ACOLLERNOS!!

 

    Despois da radio o día seguiu cun paseo polo recinto amurallado e a zona da Xudería de Monforte: a porta da Alcazaba, a Rúa Falagueira, o Cárcere Vello...

 

    E como todo esforzo ten que ter unha recompensa, tamén vistaron unha librería na que puideron escoller o libro que quixeron como agasallo.

 

 

     NORABOA  POLO  VOSO  ÉXITO!!
 

 

 

CREAcción: ESTAMOS DE NORABOA!

    Para conmemorar o Día do Libro a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia promoveu a realización de accións creativas baixo o lema CREAcción.

 

   Se recordades, para participar nesta campaña @s biblioaxudantes de 4º de Primaria gravaran dous poemas audiovisuais coa técnica de stopmotion (ver publicación)

 

 

Pois ben, estamos de NORABOA PORQUE...

A NOSA  PROPOSTA  FOI  UNHA  DAS  20  SELECCIONADAS!!

 

  

 

PARABÉNS  A  TOD@S!!

 

 

PREMIOS CERTAME DE NADAL - 2020

   Aínda que xa estamos en marzo, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade acaba de entregar os premios aos gañadores do certame de Poesía de Nadal que convoca a Biblioteca Pública de Lugo, en colaboración con outras bibliotecas públicas da provincia.

 

   No centro estamos de noraboa xa que a nosa alumna Candela Fernández Rodríguez, gañou o 3º Premio na categoría ata 8 anos e Brais Rodríguez Álvarez quedou 1º na categoría de 9 a 11 anos.

    A Xunta publicará un libro con todos os poemas premiados e ademais, cada un dos gañadores recibiu como regalo un lote de libros e unha figura de Sargadelos.

 

 

NORABOA   PEQUES!!!

 

CERTAME DEBUXO XL FEIRA DO VIÑO DE SOBER (27/11/2020)

     Hoxe, na Casa da Cultura de Sober foi o acto de entrega de premios do Certame de Debuxo Infantil da XL Feira do Viño de Sober.

 

   O xurado formado por Ruth Díaz Amor e Eva Abal Tobío, decidiu que o debuxo gañador deste certame fora o de Antía Gago Fernández.

 

  Tamén concederon un accésit ao debuxo de Gareth Vila Rodríguez.

 
  O resto dos participantes recibiron uns agasallos por participar: o posavasos feito co debuxo de Antía e un libro-xogo de pasatempos.
 
 
 
 
   Para rematar, no seguinte enlace podedes acceder a todos os debuxos que presentaron os alumnos do noso colexio ordenados por cursos.
 

 

 

ENTREGA DE PREMIOS PROVINCIAIS CERTAME DE NADAL - BIBLIOTECA NODAL LUGO (3/3/2020)

   O venres día 28 de febreiro, Brais Rodríguez Álvarez, un dos nosos alumnos de 5º de Primaria, recolleu o premio acadado no Certame de Poesía Infantil "Nadal 2020" convocado pola Biblioteca Nodal de Lugo.
 
 

    Durante o acto de entrega de premios tamén fixo lectura do seu poema "Un soño"

 

    Se queredes saber cómo se sentiu ao recoller o premio e escoitar o poema na súa propia voz, podedes facelo no seguinte podcast de Sobericias, o programa que conta as mellores noticias.
 

 
NORABOA  BRAIS!!
ESPERAMOS  QUE  SIGAS  ESCRIBINDO POESÍA!!
 

ENTREGA DE PREMIOS XVI CONCURSO CUENTOS SOLIDARIOS UN JUGUETE, UNA ILUSIÓN

    Hoxe Lucas, Lucía, Pilar e Hugo; os nenos e nenas de 4º de Primaria do noso colexio que gañaron o XVI Concurso de Contos Solidarios "Un juguete, una ilusión", desprazáronse a Ourense coa súa titora para recoller os premios correspondentes da man de Rafael Cid, Delegado Territorial de RTVE Galicia, e Marta Pastor, Directora da Fundación Crecer Jugando.
 
 
 
    Alí fixéronlles unha entrevista  e puideron visitar as instalacións de RNE Ourense.
  
 
 
 
 
 
   Podedes ver a entrevista na Primeira Edición do Informativo Territorial de TVE 1 no seguinte enlace a partir do minuto 20:20
http://www.rtve.es/alacarta/videos/telexornal-galicia/gal-20200109inf/5480158/

   A noticia emitiuse tamén noutros programas e a través doutros medios:

- Crónica de Galicia (R1) a patir do minuto 13:20; neste programa a noticia e as entrevistas aos protagonistas intercálanse con fragmentos do conto.

https://mediavod-lvlt.rtve.es/resources/TE_R15TBTT/mp3/6/6/1578575390766.mp3

- RNE Galicia informativos. Informativo Lugo  (Minuto 11:50)

http://www.rtve.es/alacarta/audios/informativo-de-galicia/informativo-lugo-09-01-20/5479864/
 
- RTVEGalicia en Twitter
https://twitter.com/RTVEGalicia/status/1215333535806033921?s=08
 
- Un juguete, una ilusión (Facebook)

- Concello de Sober (Facebook)

 
    Para rematar, deixámosvos o enlace ao conto por si queredes volver a escoitalo.
 
 
 
 

ENTREGA PREMIOS DO CERTAME DE NADAL DA BPM (3/01/2020)

    Cada ano o alumnado do noso colexio participa no Certame de Postais e Poesía que convoca a Biblioteca Pública Municipal polo Nadal. 
 
    Por iso, as nosas postais poden verse durante todas as vacacións de Nadal na BPM, unhas postais que este ano, estaban feitas con material 3D.
 
 
  A entrega de premios deste Nadal comezou coa actuación do grupo local O Trícole que nos agasallou con diferentes panxoliñas e Cantos de Reis.
 
 
   Despois o alcalde fixo a entrega de premios na que o colexio recibiu un premio á participación, consistente nun diploma e varios libros para a nosa biblioteca. Recolleron o premio algúns alumnos do centro que estaban presentes neste acto.
 
 
   Tamén obtiveron premios individuais varios alumnos tanto en postais como en poesía. No seguinte documento podedes ver a lista de premiados.
   Podedes ampliar a información sobre esta noticia na publicación do Diario de Lemos seguindo o enlace.
 
 
 https://www.diariodelemos.es/el-ayuntamiento-de-sober-hace-entrega-de-los-premios-de-los-concursos-de-nadal?fbclid=IwAR2XDlovj6mOLyY6INoPmLZYzPYA-PFrZRL7fd5uzBAxPc-TznZEx11jKG8

RESEÑAS PRENSA: XVI CONCURSO CONTOS SOLIDARIOS.

    Aquí vos deixamos diferentes reseñas de prensa que seguen a facerse eco do premio gañado polos alumnos e alumnas de 4º de Primaria no XVI Concurso de Contos Solidarios Un juguete, una ilusión.
 
http://www.rtve.es/radio/20191216/colegios-asturias-lugo-navarra-ceuta-ganan-xvi-concurso-cuentos-solidarios-juguete-ilusion/1993916.shtml
 

La Voz de Galicia, 17 - 12 - 2019

 

 
Fragmento do programa Voces de Lugo coa entrevista a Flora Grande    

 

 

El Progreso, 19/12/2019

 

Distribuir contido