Secretaría
CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR - CONCELLO DE SOBER (NOVEMBRO 2022)
BASES REGULADORAS PARA A CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR DE ALUMNAS/OS DE EDUCACIÓN INFANTIL (2º ciclo) E EDUCACIÓN PRIMARIA DO CEIP P. VIRXE DO CARME.
Adxuntamos as bases da concención de axudas a familias para a adquisición de libros de texto e material escolar de alumnas/os matriculadas/os en Educación Infantil e Educación Primaria no CEIP P. Virxe do Carme do Concello se Sober.
No apartado de documentación punto 3, di que se necesita un certidicado de matriculación expedido polo centro. Este certidicado non é necesario porque xa o enviamos directamente desde o centro.
As solicitudes deberán presentarse antes do 15 de novembro de 2022.
LIBROS DE TEXTO CURSO 2022 - 2023
Nos seguintes documentos adxuntos podedes acceder á lista de libros de texto de Ed. Infantil e Ed. Primaria e aos materiais de Ed. Infantil para o próximo curso.
* HAI UNHA ERRATA NO ISBN DO LIBRO DE 5º DE PRIMARIA DE INGLÉS, O ISBN CORRECTO SERÍA 9788466836579
LIBROS DE TEXTO 2021 - 2022
Nos seguintes enlaces podedes acceder aos libros de texto que utilizaremos no centro durante o curso 2021 - 2022
CALENDARIO ESCOLAR 2020 - 2021
BOS DÍAS!
Compartimos o calendario escolar para o próximo curso publicado na Orde do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/21 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.
O inicio das clases para o alumnado de Educación Infantil e Primaria será o 10 de setembro.
RESTABLECEMENTO DO PROCESO DE ADMISIÓN DO 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL E EDUCACIÓN PRIMARIA
Hoxe publicouse o acordo sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil e educación primaria para o curso académico 2020/21.
Segundo este acordo o novo prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado de que aqueles alumnos/as que aínda non o fixeran será do día 11 ao 18 de maio de 2020.
Para este trámite poderán dirixirse ao noso centro educativo durante o prazo establecido en horario de mañá.
LIBROS DE TEXTO CURSO 2018/19
No seguinte enlace podedes consultar o listado de libros de texto para o curso 2018/19 e o material escolar de Educación Infantil.
NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DO CENTRO
O Claustro de profesores e o Consello Escolar deste centro, acaban de aprobar a actualización do NOFC que é o documento que recolle as Normas de Organización e Funcionamento do Centro.
No enlace podedes consultalo, xa que o NOFC rixe a toda a comunidade educativa do centro (pais, nais, persoal docente, persoal non docente e alumnos) e a tódolos ámbitos con ela relacionados (aulas, corredores, tempos de de lecer, comedor...)
