Taboleiro

AGASALLO ANPA (Nadal 2022)

Este mes recibimos un agasallo adiantado de Nadal: 2 TV Smart!!

Estas televisións foron doadas pola ANPA a través dun benefactor particular e xa están funcionando na aula de 1º e 2º de Primaria e na aula de música e plástica.

 MOITAS  GRAZAS  POR  ESTA  DOAZÓN  QUE  AXUDA  A  SEGUIR  DIXITALIZANDO  O  NOSO  CENTRO!!

 

BIBLIOAXUDANTES NA PRENSA (13/11/2022)

    Con motivo da celebración da Xornada de bibliotecas escolares de Galicia deste curso que se celebrou en Santiago o 12 de novembro, o xornal El Progreso publicou un artigo no que falan dos nosos/as biblioaxudantes.

 
El Progreso, 13/11/2022
 
 

 ENLACE Á  PUBLICACIÓN  DIXITAL

 

 

DESPEDIDA ISA (11/11/2022)

    Hoxe despedimos a  Isa, a mestra de 6º de Educación Infantil que levaba con nós desde principio de curso e para que non nos olvide, entregámoslle de agasallo un floreiro de olería de Gundivós.

   Por se non sabía a importancia desta olería, Germán, Martín e a profe Montse encargáronse de explicarlle o proceso de elaboración da mesma.

 

 Esperamos que teñas moita sorte no teu novo destino e xa sabes que aquí estaremos encantados de  recibirte cando queiras vir a visitarnos.

 

 

 

BENVIDOS AO CURSO 2021/2022!!

BENVIDOS AO  NOVO  CURSO  ESCOLAR  2021 / 2022 !!

    O 9 de setembro comeza este novo curso escolar para Educación Infantil e Primaria.

 

    Desde o primeiro momento funcionarán con normalidade os servizos de transporte e comedor no horario habitual (9:45 - 15:45) aínda que mantendo os protocolos e os procedementos derivados da situación sanitaria COVID.

 

    Para aclarar o protocolo e outros aspectos pedagóxicos e organizativos fundamentais para o desenvolvemento deste curso convocámosvos a unha reunión coas titoras correspondentes no seguinte horario:

      INFANTIL A (3 e 4 anos): luns día 6 ás 12:00 hrs

      INFANTIL B (5 anos): martes día 7 ás 12:30 hrs

      1º e 2º PRIMARIA: martes día 7 ás 12:30 hrs

      3º e 4º PRIMARIA: martes día 7 ás 11:30 hrs

      5º e 6º PRIMARIA: martes día 7 ás 12:30 hrs

 

   Esperamos que veñades con moita ilusión despois de todo este tempo sen vernos, con entusiasmo e cun montón de ganas de aprender cousas novas.

Estámosvos esperando... BENVIDOS!!

 

DOAZÓN PURIFICADORES DE AIRE (22-01-2021)

   A empresa soberina AN.DI.TEL Instalacións, S.C.  fixo hoxe unha doazón de 6 purificadores de aire para as dependencias do centro.

 Con estes purificadores acadaremos un aire máis puro e limpo xa que elimina o 99,95 % dos seus contaminantes.

Desde o centro agradecemos esta iniciativa da familia dunha das nosas alumnas.

MOITAS  GRAZAS  POLA  VOSA  DOAZÓN!!

 

DOAZÓN ANPA (16/10/2020)

    A presidenta da ANPA fixo hoxe unha nova doazón de máscaras para o alumnado do centro (500 para Infantil e primeiros cursos de primaria e 300 para os máis maiores). Estas máscaras permanecerán no centro para usar en caso de necesidade (rotura, esquecemento...)

MOITAS  GRAZAS  Á  ANPA  POR  ESTA DOAZÓN!!

 

 

POR UN COLE O MÁIS SEGURO POSIBLE... (16/09/2020)

   Pais, nais, titores, mestres, alumnado... tod@s estabamos nerviosos por este principio de curso tan atípico pero desde o centro puxemos en marcha todas as medidas de prevención e hixiene indicadas pola Consellería de Educación e pola Consellería de Sanidade no protocolo derivado da situación sanitaria COVID: filas con distancia de seguridade, frechas de sinalización, distancia entre pupitres, felpudos desinfectantes... en fin! Todo o que estaba nas nosas mans!

  Ata Lectuvín, a mascota da biblioteca, se uniu ás recomendacións do protocolo para recordarlle ao alumnado as normas básicas (grazas Elías por esta colaboración!)

 

    Ademais recibimos tres doazóns que nos axudaron neste labor:

- O Concello de Sober contribuíu cun lote de 3 máscaras de tea reutilizables e personalizadas co nome de todo o alumnado, dos mestres e do persoal non docente. Este lote de máscaras viña acompañado dun portamáscaras personalizado.

- A ANPA fixo entrega dun lote de máscaras dun só uso para ter de reposto no centro e dunha bolsa de tea portamáscaras reutilizable e personalizada co nome de todo o alumnado que é utilizada pol@s nos@s alumn@s durante o comedor escolar. 

 

  - A empresa soberina Pulviplass Ibérica entregounos un lote de material hixiénico - sanitario para a aula de illamento anticovid: pantallas, máscaras, xel hidroalcólico, desinfectante...

DESDE  O  CENTRO  QUEREMOS  DARLLE  AS  GRAZAS

A  ESTAS  TRES  ENTIDADES  POLA  SÚA COLABORACIÓN!!

 

COMEZO DAS CLASES

BENVIDOS AO  NOVO  CURSO  ESCOLAR  2020 / 2021

lápiz animado

    Estamos ante o inicio dun novo curso que será moi diferente xa desde o primeiro momento pois non todo o alumnado voltará ás aulas o mesmo día. Recordámosvos que cursos teñen que comezar cada día:

- DÍA 10: 4º e 5º de Infantil (3 e 4 anos) e 1º, 2º e 3º de Primaria

- DÍA 11: sumaranse os cursos restantes: 6º de Infantil (5 anos) e 4º, 5º e 6º de Primaria.

 

 

    Recordámosvos tamén o cambio de portas de acceso ao centro:

- ALUMNADO DE INFANTIL: porta traseira do patio escolar. No caso de que veñan cun acompañante deberán permanecer baixo a pérgola con máscara e gardando as medidas de seguridade.

- ALUMNADO  DE  PRIMARIA: porta lateral dos autobuses con máscara e gardando a distancia de seguridade. Non se permite a entrada a ningún acompañante de Primaria dentro do patio.

 

 

Os servizos de transporte e comedor funcionarán con normalidade desde

o primeiro momento e a xornada desenvolverase no horario habitual (9:45 - 15:45)

aínda que con novos protocolos e procedementos que tod@s temos que cumprir:

 Esperamos que veñades con moita ilusión despois de todo este tempo sen vernos,

con entusiasmo e cun montón de ganas de aprender cousas novas.

 

Estámosvos esperando... BENVIDOS!!

 

REUNIÓNS COLECTIVAS PAIS, NAIS OU TITORES

      Como sabedes a realidade que estamos a vivir derivada da situación sanitaria COVID, afecta ao colexio reflectíndose en novos protocolos  con medidas de prevención e hixiene que debemos acatar segundo indicación da Consellería de Educación e da Consellería de Sanidade.

 

        Por iso queremos ter con vós unha reunión previa ao comezo das clases o luns día 7 de setembro na que comunicarvos este protocolo para que entre todos poidamos respectalo o máximo posible e facer do noso colexio un centro seguro.

 

       As reunións faranse no seguinte horario:

- INFANTIL: 15:45 NAS AULAS  DE  INFANTIL  DO  PROPIO  CENTRO

- PRIMARIA: 17:45 NA CASA DA CULTURA DO CONCELLO DE SOBER

 

     Pregámosvos que asistades un representante por familia para non ter problemas de aforo e poder respectar as medidas sanitarias establecidas (uso de máscara, desinfección con xel á entrada, distancia interpersoal...)

 

     É  IMPORTANTE  QUE  FAGADES  UN  ESFORZO  POR  ASISTIR  XA QUE  A  SAÚDE  DE  TODA  A  COMUNIDADE  EDUCATIVA  PODE  VERSE  PERXUDICADA  SÓ  CON  QUE  UNHA  PERSOA  INCUMPLA  O  PROTOCOLO  ESTABLECIDO.

 

 

TODO VAI SAÍR BEN #todovaisaírben (20/01/2020)

Nesta entrada queremos recopilar os vosos arcos da vella para animarnos porque...
 
 
TODO  VAI  SAÍR  BEN!!
 

 

 

 

Distribuir contido