Xornadas micolóxicas
XORNADA MICOLÓXICA (13/11/2018)
XORNADAS MICOLÓXICAS 2015
Como estaba previsto, hoxe pola mañá os nosos nenos e nenas, saíron aos arredores do colexio para recoller setas e cogomelos.
Esta actividade gústalle moito ao noso alumnado que disfruta pescudando entre as árbores, as matas, as pedras... ata encontrar exemplares de todo tipo e tamaño:
Nesta xornada acompañounos Ramón Losada Pérez tanto na saída ao campo como na súa posterior clasificación e explicación. Foi un pracer contar coa súa presenza polo que desde aquí queremos darlle as grazas por pasar con nós este día.
Se queredes ver máis fotos desta xornada tan interesante na que aprendemos moitas cousas e o pasamos moi ben,
podedes premer no enlace seguinte:
XORNADAS MICOLÓXICAS 2015
Enviado por floragrande o Xov, 05/11/2015 - 16:17O VENRES DÍA 13 DE NOVEMBRO
SAIREMOS COMA TODOS OS ANOS A RECOLLER SETAS.
DESPOIS CONTAREMOS COA PRESENZA DUN MICÓLOGO QUE NOS FALARÁ DOBRE ELAS
XORNADAS MICOLÓXICAS - 2014
Dentro das Xornadas Micolóxicas de Sober organizadas pola Agrupación Micolóxica Pingadouro e o Concello de Sober, hoxe celebrouse a Xornada Micolóxica do noso colexio.
Pero este ano, a xornada veu acompañada de mal tempo; por iso, nun primeiro da momento tivemos que quedar na biblioteca escoitando ao micólogo RAMÓN LOSADA da Asociación Micolóxica de Madrid.
Co que el nos explicou fixemos uns debuxos moi fermosos de setas e de paisaxes de outono.
Despois aproveitamos un momentiño que escampou para saír a buscar cogumelos para a nosa exposición:
Podedes ver todas as imaxes premendo no seguinte enlace:
XORNADA MICOLÓXICA 2013
Como cada ano nesta época, os nenos e nenas de Primaria saímos polos arredores do centro para recoller todo tipo de cogumelos de cantas especies atopamos e así intentar coñecelos mellor.
O chegar ao centro fixemos unha pequena exposición con tódolos cogumelos atopados; pero este ano o micólogo que nos ía acompañar encontrouse mal e non puido vir a explicarnos todo o que queriamos saber, así que esta charla queda pendente para outro día.
Se queres ver tódalas fotos desta excursión preme aquí.
XORNADAS MICOLÓXICAS 2012
Estamos en novembro e como cada ano a asociación soberina Pingadouro organiza actividades micolóxicas para dar a coñecer o mundo dos cogomelos.
Unha destas actividades é a que celebramos no colexio e que consiste nunha saída polos arredores do centro para recoller todo tipo de cogomelos de cantas especies atopemos, despois o micólogo Alfonso Rey Pazos explicaranos as súas cualidades e características ademais de axudarnos a distinguir se son boas ou tóxicas. Nesta actividade tamén participan os alumnos da Escola de Hostelería de Rosende
XORNADAS MICOLÓXICAS 2011
Aínda que hoxe é un día frío e con moita néboa, abrigámonos ben e como cada ano saímos polos arredores do noso colexio para buscar e recoller setas e cogumelos.
Ao voltar un micólogo (que é unha persoa que sabe moito de setas) explícanos moitas cousas sobre elas a nós e aos alumnos e alumnas da Escola de Hostelería de Rosende.
XORNADAS MICOLÓXICAS 2010
Novembro é época de setas e cogumelos pero é necesario coñecer ben estes seres vivos para non ter problemas á hora de comelos.
Queremos achegarnos un pouco máis a este mundo tan amplo; por iso, organizamos unha saída ao entorno do centro para buscar o maior número de especies posibles. Despois un micólogo experiementado veu a explicarnos as súas características e ensinarnos a diferenciar algunhas das súas especies.
XORNADAS MICOLÓXICAS 2009
O luns, día 9 de novembro de 2009, celebramos no colexio unhas xornadas micolóxicas nas que viñeron a explicarnos moitas cousas sobre as setas.
Mirade que atentos estabamos
