Nadal
TROUPELEAR: Obradoiro de cantigas de Nadal e Reis - ANPA (4/12/2019)
Troupelear: un pouco de cantar, bailar, tocar e xogar!!
Iso foi o que fixemos hoxe da man de Branca Villares e Pablo Pintor, mestres de música que viñeron ao colexio a compartir con nós un Obradoiro de Cantigas de Nadal e Reis, organizado pola ANPA a través da FAPACEL (Federación de ANPAs de Lugo).
Acompañados por instrumentos tradicionais galegos como a gaita, a zanfona, a pandereita, o pandeiro cadrado e, por suposto, as súas voces; eles fixeron un obradoiro moi participativo no que cantamos e xesticulamos diferentes panxoliñas como podedes ver nos seguintes vídeos:
Ademais tamén houbo tempo para aprender uns pasos de muiñeira que acabamos bailando en dous grandes grupos:
MOITAS GRAZAS A ANPA POLA ORGANIZACIÓN DESTA ACTIVIDADE,
PODEMOS REPETIR CANDO QUEIRADES!!!
AGASALLO DA ANPA - Nadal 2018
Como sabedes, a ANPA (Asociación de Nais e Pais de Alumnos/as) sempre reparte por Nadal un agasallo a todos os nenos e nenas do noso colexio.
Este ano tiveron un pequeno retraso co pedido e non puideron repartir este agasallo antes das vacacións pero por fin xa o solucionaron e hoxe os nenos recibiron unhas camisetas do colexio de manga longa para cando vai frío.
MOITAS GRAZAS POLO VOSO AGASALLO!!
SOBERICIAS: Premios do Certame de Nadal 2018
PREMIOS CERTAME DE NADAL DA BPM - 2018
![]() |
El Progreso, 3/01/2019
|
![]() |
La Voz de Galicia, 3/01/2019
|
Diario de Lemos, 3/01/2019
|
FESTIVAL BENÉFICO DE NADAL - 2018
Como cada ano, o noso alumnado participou no Concerto Benéfico de Nadal no que se recollen alimentos para familias do Concello con escasos recursos económicos.
Este ano, cantamos Mambo Christmas coa banda de Música de Sober, o coro Berea e os alumnos da Escola de Música; Navidad con Paz de Miliki e un popurrí de panxoliñas tradicionais.
Podedes ver varios anacos da actuación accedendo ao facebook do Concello de Sober nos seguintes enlaces:
https://www.facebook.com/concello.desober/videos/2177168429210677/
https://www.facebook.com/concello.desober/videos/2186911834859240/
https://www.facebook.com/concello.desober/videos/2214177148840252/
https://www.facebook.com/concello.desober/videos/2280699008869330/
FELICITACIÓN DE NADAL 2018
FESTIVAL NADAL - 2018
Co noso festival de nadal chegamos ao final da primeira avaliación e damos paso ás vacacións.
Nos seguintes enlaces podedes volver a ver todas as actuacións dos nosos alumnos e alumnas.
E non seguinte enlace podedes acceder a todas as imaxes do mesmo.
GALERÍA DE IMAXES DO FESTIVAL DE NADAL
VISITA PAPÁ NOEL - 2018
Hoxe que é Nadal, queremos recordar a visita que nos fixo Papá Noel.
Esperamos que este ano veña moi cargadiño de felicidade e agasallos para todos.
PREMIOS CERTAME DE NADAL BPM (3/1/2018)
Tamén obtiveron premios individuais varios alumnos tanto en postais como en poesía. No seguinte documento podedes ver a lista de premiados.
FESTIVAL DE NADAL (21/12/2017)
Gustáronnvos as actuacións do festival de Nadal?
Pois xa podedes revivilas nos seguintes enlaces
