Día da Paz

Día da Paz

DÍA DA PAZ CON POESÍA (30/01/2019)

   Os nenos e nenas de Infantil B do noso colexio traballaron para o Día da Paz o poema Sólo tres letras de Gloria Fuertes e pasaron polos estudios de Radiuvín para recitala.
 
 
 Se queredes escoitar o poema nas súas voces, dádelle ao play!!
 

 
 
 

DÍA DA PAZ E DA ILUSTRACIÓN (30/01/2019)

   Hoxe 30 de xaneiro, conmemóranse dúas datas importantes: por unha banda o Día Escolar da Paz porque o día 30 de xaneiro de 1964 morreu Gandhi e a UNESCO decidiu utilizar esta efeméride para reforzar entre o alumnado valores como a tolerancia,  diálogo, o respecto aos dereitos humanos á non violencia e á paz.

   E por outra banda, en Galicia conmemoramos tamén o Día da Ilustración poque un día como hoxe de 1886 naceu Castelao.

   Por iso tivemos no colexio a Estefanía Padullés, autora e ilustradora que combina á perfección estas dúas conmemoracións xa que é ilustradora de libros que potencian valores como os propostos pola UNESCO.

 

    O seu último libro que hoxe veu a presentar A manchas ou a raias? (Hércules Edicións) conta a historia de confrontación entre os animais a manchas (xirafas, guepardos...) e os animais a raias (tigres, cebras...).
 
  E conta tamén como a través do diálogo que xorde de maneira inesperada entre Gresa e Leopardo conseguen comprender que o aspecto da súa pel non é importante, facendo fincapé en valores como a toleracia, o diálogo e o respecto a diferenza.
     Mentres escoitamos o conto na voz da súa autora, ela mesma foinos debuxando un mural cos protagonistas da historia que despois os nenos colorearon e agora está no corredor principal do colexio para recordarnos a loita contra o racismo xunto ás reflexións ás que chegaron os alumnos.

 
 
    Ademais Estefanía tamén nos ensinou os bocetos e as ilustracións orixinais do conto.
 
 
    Para saber moitas máis cousas sobre A manchas ou raias? e sobre Estefanía Padullés podedes escoitar a entrevita que lle fixeron os compañeiros de 4º de Primaira.

 
MOITAS  GRAZAS  ESTEFANÍA!!
 
 
 
 

A COUSA QUE MÁIS DOE DO MUNDO - Día da Paz 2018

    Este ano para conmemorar o Día da Paz, tomamos como eixe o libro O que máis doe do mundo de Paco Liván (OQO Editora)

 
  Algúns dos biblioaxudantes prepararon unha representación da historia con monicreques que eles mesmos fixeron.  A súa actuación foi todo un éxito e o resto do alumnado do colexio encantoulles.
 
 
    Tamén elaboramos un mural representativo cunha reflexión sobre a relación entre a mentira e a paz a partir das citas de H. Johnson e W. Churchill.
    Outro grupo de biblioaxudantes foi o encargado de ler esta reflexión e falarnos sobre o seu significado.
 
 
   Completamos o mural cun texto ou debuxo no que cada alumno do colexio, explicaba que era o que a el máis lle doía do mundo: a morte dun familiar, a perda dunha amizade, os insultos, as agresións físicas, as enfermidades, ...
 
E como recordo deste día os nenos e nenas levaron unha pomba da paz impresa en 3D
 

DE QUE CHE VALE? - DÍA DA PAZ 2017

    A música non pode faltar na nosa Biblioteca escolar: territorio das artes. Por iso, acabamos de ter nela un encontro con Jesús Pareja, mestre de música do CEIP San Xoán de Filgueira de Ferrol, Musicólogo, compositor e Director do Coro da Universidade Sénior de Ferrol onde tamén é mestre de Linguaxe Musical.

Neste encontro, o compositor explicoulle ao noso alumnado moitos aspectos relacionados coa música e a composición de obras tanto para nenos como pop ou máis clásicas, e eles puideron preguntarlle as súas dúbidas ao respecto.

   A continuación, puidemos gravar con él a súa canción De que che vale? coa que queremos conmemorar o Día da Paz; porque tamén se pode traballar pola paz dende a música; así que como di o retrouso:
Cantemos unidos pola paz,
tiremos do mundo pola paz,
coidemos da vida pola paz,
fagámolo xuntos pola paz.
 
    Ademais neste retrouso, poñemos en práctica as ensinanzas de Lingua de Signos; nel pódese ver como o alumnado de Primaria signa a primeira parte de cada verso; e o de infantil a parte final "pola paz"
 
    Queremos agradecerlle ao autor a súa presenza desinteresada no centro e as súas verbas tan agarimosas.
 
Na GALERÍA  DE  FOTOS podedes ver imaxes da preparación do mural,
dos ensaios, do encontro e da gravación do vídeo

CONTOS POLA PAZ con Teresa Grau

    Os contos son unha gran axuda para facer que os nenos e nenas reflexionen. Partindo desta premisa, hoxe, para conmemorar o Día da Paz contamos na biblioteca do colexio coa presenza da narradora Teresa Grau que a través de varias historias fixo que os nenos e nenas recapacitasen sobre os sentimentos contrarios á paz: medo, celos, rabia, ira... e nos deu algunhas pautas para loitar contra eles.
 
 
 
Por certo, sabíades que en Australia o animal que representa a Paz é o ornitorringo?  Aquí podedes ver a Teresa contándonos o conto que o explica...
 
 
 
   Outro dos contos foi ¡Julieta, estate quieta! que fala robre as relacións entre irmáns.
 
 
Entre conto e conto, chegamos ao final da sesión. O conto final foi A paz perfecta:   
 
Había unha vez un rei e unha raíña que ofreceron un gran premio ao artista que puidera debuxar a paz perfecta.
 
Moitos artistas o intentaron e presentaron as súas obras no palacio. O rei e a raíña observaron e admiraron todas as pinturas:
 
 
 
 
     Entre todas elas escolleron dúas que realmente lles gustaban. 
 
    A primeira era dun lago moi tranquilo. Este lago representaba un plácido lago cunhas montañas preciosas ao fondo; o ceo era moi azul e nel podíanse ver unhas nubes brancas. Todos os que miraron esta pintura pensaron que reflexaba a paz perfecta.
    A segunda pintura tamén tiña montañas pero estas eran escabrosas, o ceo era escuro e podía verse unha gran tormenta con raios e tronos, ademais montaña abaixo parecía retumbar un torrente de auga. Esta pintura non parecía nada pacífica.
 Toda a xente pensaba que os reis escollerían a primeira pintura, con aquel paisaxe tan tranquilo pero... eles escolleron a segunda!!
 
   Por que?
 
 Porque naquela pintura nada pacífica, os reis viron un delicado arbusto crecendo nunha roca e nese arbusto viron un niño: alí, en medio do ruído da tormenta e da cascada, estaba sentado plácidamente un paxariño... Entón o rei explicou:
 
"Paz non significa estar nun lugar sen ruídos, sen problemas, sen traballo duro ou sen dolor. Paz significa que a pesar de estar no medio de todas esas cousas, poidamos manter a calma no noso corazón. Ese é o verdadeiro significado da paz!"
    Os nenos e nenas saíron tan contentos da sesión que Teresa estivo firmando autógrafos. Esperemos que estes contos nos fagan reflexionar...
 
Pero...non podemos rematar a conmemoración deste día sen que a pomba da paz faga presenza no noso centro; por iso, aquí tedes a foto dos nenos e nenas de infantil coas súas pombiñas

 

DÍA DA PAZ - 2015

     A continuación podedes ver a reseña sobre a nosa celebración do Día da Paz que publicou o xornal La Voz de Galicia o sábado día 31.

DÍA DA PAZ - 2015

    Este ano adicamos o Día da Paz a ElmerNon sabedes quen é Elmer?

     Pois Elmer é un elefante creado por polo autor David McKee que en vez de ser de cor gris está feito de retallos de cores.

 

 

 

    Pero aínda que é moi diferente ao resto de elefantes da manda todos o queren moito e lles encanta estar con el.

    No seguinte vídeo podes escoitar o conto de Elmer contado polos nenos e nenas do 3º ciclo ao alumnado do centro e aos nenos e nenas do PAI que decidiron acompañarnos..

   Esto é o que nos queremos conmemorar este ano: o respecto a todos aínda que sexamos diferentes, pensemos diferente, sintamos diferente, teñamos diferente corpo...

     Nas seguintes imaxes podedes ver como estivemos a traballar con Elmer facendo lectura do conto, pintando un mural - quebracabezas que representa o respecto ás diferenzas e na biblioteca, pintando uns marcapáxinas deste colorido elefante.

 

 

   

    Recordade que na biblioteca, están os libros de Elmer para que poidades ler algunhas das súas aventuras.

VER  TODAS  AS  IMAXES  DESTA  CELEBRACIÓN

DÍA DE LA PAZ 2014

     Hoy es es Día de la Paz y de la No violencia escolar (30 de enero) y en el colegio estuvimos pintando muchas flores de colores para cultivar nuestro jardín de la Paz.

PAZ

    Como en todos los jardines, hay que preparar la tierra, abonar, sembrar... aquí tenéis los consejos que hemos seguido nosotros para conseguir unas flores tan bonitas:

1. Cultivar la amistad y la libertad.

2. Abonar con cariño y justicia.

3. Sembrar amor y confianza.

4. Regar con felicidad y amabilidad.

5. Arrancar la violencia, la desconfianza y la opresión.

6. Fumigar el abuso, la discriminación y el dolor.

7. Esperar que la luz de la solidaridad y la igualdad haga florecer nuestro jardín de la Paz.

paz

DÍA DA PAZ 2013

DÍA DA PAZ 2013

     Hoxe é 30 de xaneiro e unha vez máis imos a celebrar no colexio o Día da Paz e da Non violencia escolar.

     Os alumnos e alumnas fixemos uns ladrillos con valores que deberiamos fomentar cada día para crecer como persoas e convivir en paz.

     Con estes ladrillos queremos construír un muro que represente a unión de todos eles como unha suma de valores que non se deben separar nunha persoa xa que uns sen os outros poderían facer que nos derrubásemos.

      Ademais, coma un muro, nós debemos construír a nosa personalidade desde abaixo, desde os cimentos da nosa educación que nesta idade, tanto no colexio coma na casa, sentan as bases para o tipo de persoa que queremos ser de maiores.

     Levantemos pois este muro cos valores inscritos nos ladrillos e cementémolo ben para que os ventos da maldade, a violencia ou a inxustiza non poidan derrubalo.

 

LAS  CASAS  SE  CONSTRUYEN  CON  LADRILLOS

LAS  PERSONAS  CON  VALORES

muro día da paz   muro da paz

VER  IMAXES  DO  ACTO

DÍA DA PAZ 2012

A  TARTA  DA  PAZ

Cos nosos mellores desexos de paz convertidos en ingredientes gardados dentro de saquiños de cores, facemos a nosa tarta do seguinte xeito:

1. Mesturar os ingredientes con moito amor

2. Deixar repousar con paciencia e respeto

3. Verter no molde do corazón

4. Cocer con tolerancia no forno da comprensión

E xa temos uha marabillosa tarta para lista para comer. Oxalá os seus ingredientes duren para todo o ano!

nenos cos ingredientes  colocando os ingredientes

tarta da paz

Distribuir contido