2017/2018
CERTAME DE NARRACIÓN LETRAS GALEGAS - 2018
A nosa alumna, Laura Gómez, recibiu onte en Lugo o premio provincial recibido no Certame de Narración das Letras Galegas convocado pola Biblioteca Nodal de Lugo que este ano levaba como título Como cambiou o conto ou como darlle unha volta ao conto tradicional
Este certame ten lugar a través das Bibliotecas Públicas Municipais; por iso, nesta entrega estivo acompañada por Julia Fernández Garza bibliotecaria da Biblioteca de Sober quen tamén recibiu un diploma acreditativo do premio.
No acto, Laura tivo que ler o conto da leiteira que re-escribiu de xeito que en vez de quedar sen nada como na fábula tradicional, a leiteira consegue vender o leite na feira e chegar a ser unha gran empresaria.
PROXECTO EDUCACIÓN VIAL (20/6/2018)
Para rematar o Proxecto de Educación Vial do colexio deste ano, biblioaxudantes e outros alumnos e alumnas do centro representaron na biblioteca dúas obras que reforzaban estes conceptos. Para estas representacións contaron con materiais cedidos pola Xefatura Provincial de Tráfico.
Por un lado, Caperucita petaona y el lobo veloz que conta como Caperucita trata de chegar á casa da súa avoa e os peligros aos que se enfrontan ao atoparse co Lobo veloz.
Esta historia de títeres insiste na necesidade de cruzar a calzada polos lugares adecuados e a necesidade de atender á sinalización e ás indicacións dos semáforos.
Por outro lado os alumnos tamén lle deron vida aos personaxes da obra La araña Malena prublicada polo Ministerio do Interior (Dirección Xeral de Tráfico).
Con esta araña embarazada á que atropeia un ciclista, aprendemos e recordamos normas básicas de educación Vial Infantil.
VOLUNTARIADO DE LECTURA - A (2017/18)
Imos rematando o curso e dando por terminada a labor dos nosos biblioaxudantes que forman parte do programa de Voluntariado de Lectura - A integrado dentro do programa Bibliotecas Escolares Solidarias.
Para acreditar a súa participación entregámoslle hoxe os diplomas enviados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social. Tamén lles fixemos entrega das camisetas correspondentes.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA LABOR DURANTE TODO O CURSO!!
V CERTAME MULLERES DE LEMOS
O alumnado de 5º e 6º de Primaria xa ten rematada a ilustración para o conto Genoveva González Prieto. Unha muller para o 8 de Marzo que facemos entre todos os centros de Primaria da Comarca de Lemos para conmemorar o Día da Muller, que este ano se dedicou a esta mestra do século XX do concello de Bóveda polo seu compromiso coa ensinanza na Galiza rural
No noso centro tocounos ilustrar o seguinte texto:
Pasados tres anos dende a voda, no 1936, Genoveva decidiu presentarse a unha oposición para obter unha praza de mestra, oposición que posteriormente anularon polo que Genoveva tivo que continuar como mestra interina en Ferreiros.
Tocoulle xustamente o inicio da Guerra Civil, tempo de moito conflito que foi a causa da anulación da oposición. Nesta época moitos homes e mulleres sufiron e os seus dereitos foron arrebatados; ás mulleres, especialmente, pois se lles retiraron dereitos que alcanzaran con moito esforzo e volvían ser tratadas como se foran de segunda clase, precisando incluso da autorización por escrito dos seus maridos para realizar xestións administrativas.
COMO CAMBIOU O CONTO... (8/6/2018)
Hoxe entregáronse os premios do Certame de Debuxo e Narración das Letras Galegas convocado pola Biblioteca Nodal de Lugo en colaboración coa Biblioteca Municipal aos seguintes alumnos:
NARRACIÓN
BRAIS RODRÍGUEZ ÁLVAREZ
CATEGORÍA B: de 9 a 11 anos
LAURA GÓMEZ GRANDE
HÉCTOR FERNÁNDEZ GONZÁLEZ
AITANA CRUZ RODRÍGUEZ CASADO
DEBUXO
CATEGORÍA A: ata 8 anos
MENCÍA FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ
BRAIS RODRÍGUEZ ÁLVAREZ
CRISTIAN DOURADO RODRÍGUEZ
CATEGORÍA B: de 9 a 11 anos
VERÓNICA TAMI GONZÁLEZ
UXÍA TRAIL BATES
LAURA RODRÍGUEZ FREIRE
Podedes ver todos os traballos presentados na seguinte publicación
NORABOA A TODOS!!
MARÍA VICTORIA MORENO: Certame de Investigación
Rematado maio, remata tamén o Mes das Letras Galegas e o prazo para participar no Certame de Investigación sobre a autora homenaxeada este ano, María Victoria Moreno.
Neste certame, propuxémoslle ao alumnado unha batería de preguntas sobre a súa vida e a súa obra. Dependendo do nivel ao que ían dirixidas, as repostas ás preguntas podíanse encontrar nos carteis recibidos ou a través da rede.
BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS (29/5/2018)
SOMOS UNHA
BIBLIOTECA ESCOLAR SOLIDARIA!!
BIBLIOTECA ESCOLAR SOLIDARIA!!
No portal Educativo publicouse a Resolución de 29 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se resolven dúas das accións integradas no programa "Bibliotecas Escolares Solidarias" deste curso 2017/2018: Voluntariado de lectura-A (primaria) e o Selo "Biblitoeca Escolar Solidaria".
Na resolución concédesenos este selo a cinco bibliotecas galegas: tres por renovación e dúas que o recibimos por primeira vez. Este selo ten un valor de recoñecemento que se acompaña dun diploma acreditativo e dunha asignación económica para organizar actividades na biblioteca que faciliten a atención á diversidade e avances na configuración dunha biblioteca inclusiva.
Para optar a este Selo que é un distintivo de calidade que se outorga ás bibliotecas nas que se traballa de forma salientable a compensación de desigualdades entre os distintios integrantes da comunidade educativa e se fomenta o voluntariado cultural entre os integrantes da comunidade escolar; a convocatoria establece tres requisitos:
- Propiciar valores de xustiza e solidariedade procurando de forma destacada a compensación de desigualdades e favorecer o uso dos seus recursos e oportunidades.
- Contar cun equipo de colaboradores formado por alumnado do centro: alumnado voluntario.
- Contar con familias que colaboran na xestión e dinamización da biblioteca escolar: actividades concretas de apoio á biblioteca e de lectura compartida.
Por iso, todo o Equipo de Biblioteca e eu, persoalmente como responsable do mesmo, QUEREMOS COMPARTIR ESTE RECOÑECEMENTO COS NOSOS ALUMNOS E ALUMNAS E CON TODAS AS FAMILIAS QUE NOS APOIADES E NOS AXUDADES.
ESTE SELO É POSIBLE GRAZAS AO TRABALLO SOLIDARIO DE TODOS
NORABOA!!
