2012/2013
CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL - LETRAS GALEGAS 2013
A alumna de 3º Aroa Fernández Saá, gañou un dos premios do Certame de Debuxo das Letras Galegas 2013: A toda máquina, cun debuxo feito na clase de plástica.
Parabéns Aroa!
Tamén felicitamos desde o colexio á outra soberina que acadou un premio neste certame: Ángela Jorge Vidal
CONCURSO: MARIÑEIRO POR UN DÍA
Hoxe entregáronse na biblioteca do centro os premios do concurso de redacción: Mariñeiro por un día.
Lembramos que neste concurso os nenos e nenas tiñan que presentar unha redacción sobre a excursión que fixeran ao Porto de Celeiro. Despois de ler as redaccións presentadas, os nenos e nenas recolleron os seus agasallos. Estes foron os nenos premiados:
Se queres ler as redaccións e ver as fotos da entrega de premios: preme na fotografía
CONCURSO: MARIÑEIRO POR UN DÍA
Se eres alumno/a de 3º, 4º, 5º ou 6º e acudiches a excursión Mariñeiros por un día; fai unha redacción explicándonos todo o que ti queiras sobre esta experiencia.
Tes tempo para entregala ata o xoves día 6 de xuño.
Valoraremos a túa redacción e a súa presentación e as mellores recibirán un agasallo.
ESPERAMOS OS VOSOS TRABALLOS!!
ENTREGA DE PREMIOS - LETRAS GALEGAS 2013
Na Biblioteca Municipal de Sober, celebrouse a entrega dos premios corespondentes á Fase Local do Certame de Debuxo e Narración das Letras Galegas 2013, baixo o lema A TODA MÁQUINA.
Os gañadores desta fase foron:
CATEGORÍA A (Ata 8 anos)
1º) Héctor Fernández González, que debuxou unha máquina para facer os deberes
2º) Herbert Trail Bates cun extraordinario medio de transporte
3º) Aroa Fernández Saá que debuxou unha biblioteca
Accésit:
Henry Vila Rodríguez e a súa pa escavadora
Mateo Novoa Pérez e o seu tractor de pinos
CATEGORÍA B (De 9 a 11 anos)
1º) Paula Pérez Pérez que debuxou un ordenador
2º) Alba Varela Losada e o seu debuxo dun tren de vapor que case atropella a unha nena
3º) Juan Pérez López cunha estación espacial
Accésit:
Trinidad Crespo Jiménez e a súa carreira de vehículos
Lisbeth Sánchez Díaz cun ordenador
Ademais contamos cun premio especial pola participación do noso centro que consistiu en dous estupendos agasallos para a nosa Biblioteca:
NORABOA A TODOS!!
Podedes ver máis imaxes no enlace do Blog da Biblioteca de Sober pinchando nas seguintes ligazóns:
I CROP COMARCAL (17 - Maio)
A biblioteca do noso colexio, como centro dinamizador da vida escolar; acaba de acoller a I Crop Comarcal.
Unha crop é unha xuntanza de persoas que fan scrapbooking; é dicir calquera cousa que se vos poda ocurrir que se pode facer con papeis e outros materiais decorativos. Concretamente, nesta crop a profesora Manoli Navarro foi a encargada da parte de scrap na que fixemos un álbum con papeis musicais; ademais, nesta crop tamén existiu un taller de costura impartido por Loli López no que se fixo unha cobertura de tela para o álbum.
Para empezar, temos que pintar os cartóns que temos nos nosos kits e que servirán de tapas para o álbum:
Unha vez que temos as tapas pintadas empezan os talleres en sí; por un lado temos o taller impartido por Manoli Navarro que, como xa dixemos, se encarga da parte de scrap e de confeccionar o álbum con papeis; e, por outro lado, o taller de Loli no que se coserá a cobertura de tela.
Ata houbo un sorteo de material de scrapbooking e artesanía donado polas propias talleristas e por casas comerciais como Cantón de Monforte de Lemos.
Para rematar, mostrar as fotos do proxecto que levamos a cabo; resultado de todo un día de traballo:
Se queredes saber máis cousas sobre scrap ou ver algunhas das fermosas cousas que se poden facer, non dudedes en visitar o blog da nosa tallerista no seguinte enderezo:
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013: ACTIVIDADES
Ola rapaces e rapazas!
Aquí vos presentamos unha selección de actividades que elaboramos para que recordedes moitas cousas das que falamos sobre Roberto Vidal Bolaño, o Día das Letras Galegas e o teatro. Nelas teredes que facer cousas diferentes para conseguir superalas con éxito.
ESTADES LISTOS?
ENTONCES... BOA SORTE!!
Qué sabes da vida de Roberto Vidal Bolaño? (Actividade para completar)
Coñeces a súa obra? (Crucigrama)
Que sabes do teatro? (Actividade de relacionar)
Oficios relacionados co mundo do teatro (Ordenar letras)
- Oficio 1
- Oficio 2
- Oficio 3
- Oficio 4
- Oficio 5
Outros autores aos que se lle ten adicado o día das letras galegas (Sopa de Letras)
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013
Este ano o día das Letras Galegas está adicado a Roberto Vidal Bolaño, un dramaturgo galego do que podedes saber moitas cousas no seguinte enlace: http://robertovidalbolano.org//.
Nós no colexio fixémoslle unha pequena homenaxe na que empezamos por pintarnos un bigote e un nariz de pallaso como a que el usaba:
Despois recordamos datos da súa biografía a través dos alumnos de 5º e 6º de Primaria:
Outros alumnos faláronnos das súas obras e fixéronnos xogos para comprobar se estabamos atentos e lembrabramos datos da súa biografía. Tamén aprendemos as partes principais dun teatro:
Coa intención de achegarnos a súa obra Janet, Antía, Iván e María del Mar; interpretaron no noso teatro de monicreques dous fragmentos da obra Touporroutou da Lúa e do Sol que podedes ver facendo click nos seguintes teatrillos:
E para rematar coloreamos uns marcapáxinas recordando ao seu actor e a súa obra:
XOGANDO COAS PALABRAS. LER CONTA MOITO (14 - Maio)
O grupo Sarabela Teatro de Ourense foi o encargado desta sesión de contacontos chamada "Xogando coas palabras" na que participaron os nenos e nenas da Guardería Municipal, do colexio e os adultos do Centro de Día da Asociación Agora de Monforte de Lemos.
Para esta sesión fomos ao centro sociocultural de Sober xa que foi a Biblioteca Municipal quen a organizou dentro do progama Ler conta moito que oferta a Secretaría Xeral de Cultura para promover a lectura.
Durante esta sesión Roñi, un membro dunha tribu africana que sempre estaba enfadado, converteu as nosas alumnas en animais (de Alba fixo un elefante, de Lisbeth un león e de Laura un crocodilo) mentres os outros membros da tribu cantaban:
Olo, olo
Iepu, iepu
cache ne ne
cache ne ne ne ne
Despois Trini preparounos unha riquísima papa de plátano e galletas receita dun cociñeiro amigo da contacontos:
Para rematar a sesión Pablo e Amaro subiron ao escenario onde se despediron con moita marcha:
A continuación tedes os recortes de prensa que El Progreso e A Voz de Galicia publicaron ao día seguinte
CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL - LETRAS GALEGAS 2013
Deixámosvos as bases para o concurso das Letras Galegas de este ano.
Como sabedes, a alumna Laura Rodríguez de 3º de Primaria foi a gañadora do Certame o ano pasado na modalidade de Debuxo; así que animádevos a participar que algún de vós pode ser o gañador este ano!!!
Presentade os vosos traballos na Biblioteca do colexio e desde aquí levarémolos á Biblioteca Municipal.
Moita sorte a todos e xa sábedes: A TODA MÁQUINA.
BASES:
A Biblioteca Pública Municipal de Sober convoca o Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2013 (Fase Local) de acordo coas seguintes bases:
1. Poden participar tódolos nenos con:
- A) Narracións en galego, cunha extendión máxima dun folio por unha soa cara sobre o tema que se propón a continuación: A TODA MÁQUINA.
- B) Debuxos feitos sobre cartolina de tamaño aproximado DIN A4, sobre o tma que se propón a continuación: A TODA MÁQUINA
2. Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, acompañado cada un deles cunha folla cos seus datos persoais.
3. Establécese tres categorías: A, ata 8 anos; B, de 9 a 11 anos; C, de 12 a 16 anos.
4. O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 9 de maio debendo ser entregados polos seus autores na Biblioteca Municipal.
5. O xurado, formado por persoas entendidas na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de 3 traballos.
6. Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do certame, convocada pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
7. O fallo do xurado local farase público antes do Día das Letras Galegas.
8. Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.
9. Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado.
10. A presentación das obras a este Certame supoñen a aceptación das presentes bases.
Agora que xa rematou o prazo para concursar podedes ver os traballos elaborados polos nosos alumnos e alumnas, so tedes que facer cklic no seguinte enlace:
DÍA DO LIBRO (23 - ABRIL)
O día 23 de abril, conmemoramos o Día do Libro.
Este ano, en colaboración coa Biblioteca Municipal do noso Concello; fixemos unha gravación dunha lectura compartida de El Quijote. Nesta lectura colaboraron os nosos alumnos e alumnas, os profesores, persoal non docente do centro, varios habitantes de Sober, a bibliotecaria, persoal do concello e ata o noso alcalde Luis Fernández Guitián.
Para o visionado, contamos tamén coa presenza dos nenos do PAI. Mirade que atentos estivemos:
Podedes ver este vídeo pinchando aquí
Despois coloreamos varios puzzles de D. Quijote e Sancho Panza para facer un mural para a nosa biblioteca:
Se queres pasar un rato divertido cos personaxes deste libro, podes pinchar no seguinte enlace.
Verás que ben o pasas
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
