2014/2015
ADOPTA UNHA MASCOTA DE CONTO (2 - 04 - 2016 Día do Libro Infantil)
Para conmemorar o Día do Libro Infantil que se celebra o 2 de abril por ser a data na que naceu Hans Christian Andersen, GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) cada ano convoca un concurso relacionado con esta literatura no que participamos en colaboración coa Biblioteca Pública Municipal de Sober.
O concurso deste ano foi "Adopta unha mascota de conto" no que os nenos e nenas tiñan que debuxar una animal que aparecese nun libro que leran e dar os motivos polos que o adoptaría.
Deixámosvos un vídeo cos seus debuxos e os seus motivos para que vexades canto traballaron:
UN DÍA EN EL BOSQUE
Pues aquí tenemos el resultado del concurso Un bosque de cuento!!!
Orgullosísima de los alumnos de 1º y 2º y agradecida a todos los que nos habéis votado y dado vuestro apoyo!!
Agradecida también al jurado que ha decidido que nuestro cuento fuese el ganador del concurso!!
DESDE O MAR Á FARMACIA - 3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Por última vez neste curso, hoxe veu a visitarnos María Isabel Nieto Prieto, farmacéutica en Sober.
QUE PASOU?
A partir da ficha que podedes ver cada neno ou nena, tiña que inventar unha historia e ilustrala cun debuxo.
Clicando na portada do libro que tedes abaixo poderedes ver todas as ilustracións e ler as historias correspondentes:
LETRAS GALEGAS 2015: XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE
Este ano, o día das Letras Galegas está adicado a XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE.
Para coñecer moitas cousas sobre el, desde a biblioteca organizamos un concurso cos materiais enviados aos centros pola Xunta de Galicia.
Cada neno tiña que cumprimentar á ficha correspondente á súa idade cos datos atopados na propia ficha, nos carteis das letras galegas, en internet e mesmo en diccionarios.
Este traballo de investigación sobre o autor tivo a súa recompensa para aqueles nenos que máis repostas acertaron.
Para seguir aprendendo sobre "O vello profesor" podedes utilizar os seguintes recursos:
- Compilación de materiais e recursos da SXPL e de diversos centros escolares sobre Xosé Filgueira Valverde, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2015. (Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e dinamización lingüística)
- Actividades EDILIM do SEMINARIO GALÁN:
POESÍA E MÚSICA NA BIBLIOTECA
Hoxe estivo na biblioteca o músico e compositor Héctor Lorenzo presentándonos algunhas das súas musicalizacións de poesías.
Foi un espectáculo participativo no que os alumnos puideron cantar con el algunhas das poesías musicalizadas e acompañar con palmas e movementos.
Esperamos poder contar pronto co seu libro-disco na biblioteca; mentres quedamos con estas dúas poesías que xa aprendemos:
A PULSEIRA
- Teño unha pulseira de diamantes
con pombiñas de cristal.
Queres que che faga outra igual?
- Sí, papá
- Teño unha pulseira de cristal
con pombiñas de diamantes.
Queres que che faga outra como a de antes?
- Sí, papá
A SERRÁ DE PAPÁ
Ris, ras, ris, ras
é a serra de papá
ras, ris, ras, ris
a que fai ese ruído
ris, ras, ris, ras
cando cantan pola mañá
ras ris ras ris
os paxaros no seu niño
ris ras ris ras
porque o sol se levantou
ras ris ras ris
cun sorriso no fociño.
UN DÍA EN EL BOSQUE
Desde o colexio estamos participando no concurso: Un bosque de cuento.
Os nenos de 1º e 2º de Primaria escribiron un conto cheo de aventuras e amizade que se titula: Un día en el bosque.
Se queres apoiar o seu conto segue estes pasos:
1) Preme no botón VOTA qu está debaixo do conto.
2) Completa os datos que piden.
3) Confirma o teu voto nun enlace que recibirás teu e-mail. SE NON SE CONFIRMA, O VOTO NON VALE.
Para ler o conto clika na súa portanda:
