2013/2014
CERTAME LETRAS GALEGAS: COCIÑANDO CONTOS
A nosa alumna de 5º de Primaria Lucía López Mosquera, gañou un dos premios que otorga a Biblioteca Nodal de Lugo no Certame de Debuxo provincial convocado polas Letras Galegas co título Cociñando Contos.
Moitas Felicidades, Lucía!!
CERTAME LETRAS GALEGAS: COCIÑANDO CONTOS
Os alumnos e alumnas do colexio participan cos seus debuxos no Certame de Debuxo convocado pola Biblioteca Nodal de Lugo a través da Biblioteca Pública Municipal de Sober.
Este ano o lema do concurso foi Cociñando Contos.
Se queredes ver os debuxos feitos polo noso alumnado podedes facelo premendo no seguinte enlace:
A continuación podedes ver os debuxos que quedaron en primeiro lugar:
CATEGORÍA A (Ata 9 anos): LAURA RODRÍGUEZ FREIRE
CATEGORÍA B (De 9 a 11 anos): ALBA VARELA LOSADA
CATEGORÍA C (De 12 a 16 anos): IRIA LÓPEZ OTERO
A lista completa de premiados é a seguinte:
CATEGORÍA A:
1º PREMIO: LAURA RODRÍGUEZ FREIRE
2º PREMIO: MARA LÓPEZ RIVERA
3º PREMIO: HENRY VILA RODRÍGUEZ
ACCÉSIT: UXÍA TRAIL BATES
CATEGORÍA B:
1º PREMIO: ALBA VARELA LOSADA
2º PREMIO: LUCÍA LÓPEZ MOSQUERA
3º PREMIO: LAURA RODRÍGUEZ GONZÁLEZ
ACCÉSIT: ALEJANDRO GONZÁELZ GARCÍA
ACCÉSIT: AROA FERNÁNDEZ SAÁ
ACCÉSIT: TRINIDAD CRESPO JIMÉNEZ
CATEGORÍA C
1º PREMIO: IRIA LÓPEZ OTERO
2º PREMIO: JORGE PARADA GARCÍA
Podedes comprobar todos os premios no blog da biblioteca Municipal:
PREMIOS DO CERTAME: COCIÑANDO CONTOS
Os alumnos premiados poderán recoller os seus correspondentes premios
o venres día 6 de Xuño ás 17:30 na propia Biblioteca Municipal
A LINGUA A P(L)ACER
No marco das actividades realizadas para conmemorar o Día do Libro contamos no centro coa compañía de teatro infantil 'A trastenda dos contos' que representou 'A lingua a p(l)hacer'.
Esta actividade chega dende o ciclo Cultura no Camiño, que patrocina nun 50% a Xunta de Galicia a través do AGADIC, e no outro 50 % o Concello de Sober.
Nesta actividade, Caxoto, o gran director da Orquestra Poli-afónica de Santiago de Con-pistolas contounos a historia de Sabela; unha nena que quería aprender a tocar un instrumento pero non sabía cal. A través desta nena e deste conto; puidemos coñecer moitos instrumentos musicais.
Esta actividade, foi noticia nos xornais da nosa comarca:
A VOZ DE GALICIA:
O PROGRESO
A continuación podedes ver varios momentos desta sesión nos seguintes vídeos:
1. A orquestra poli-afónica formada polos nosos nenos:
2. A saia da Carolina interpretada con diferentes instrumentos:
- O birimbao:
- A ocarina:
- A frauta de nariz
3. Aquí tedes un par de vídeos sobre as castañolas:
4. Escoitamos un novo instrumento: a gaita
Máis vídeos estarán dispoñibles proximamente
CANTOS ANIMALES - Susa Herrera
Achégase o día do libro, e para celebralo teremos varias actividades na biblioteca.
A primeira é a presentación do libro "Cantos animales" de Susa Herrera.
Tivemos a sorte de contar nesta presentación coa presenza da autora á que os nosos nenos e nenas puideron preguntar todo o que quixeron. Ademais ela ensinounos algunhas das cancións que compuxo para este libro de animais.
Ao final da sesión Susa Herrera adicounos os seus libros.
A súa visita foi recollida no xornal O Progreso do día 23/04/14
Se queredes comprobar o ben que o pasamos e recordar as cancións aprendidas, podedes ver os seguintes vídeos:
O CROCODILO
O GATIÑO
THE PONY
O ELEFANTE
A XOANIÑA
O OSO PANDA
O CANGREXO
EL CONEJO
Para marcharnos de vacaciones con mucha energía, hoy tuvimos una actividad diferente en la biblioteca. Aprendimos la canción "El conejo" de Susa Herrera de la que podeis vernos a todos cantando el estribillo en el siguiente vídeo:
Después, a partir de la canción, tuvimos que solucionar un crucigrama con vocabulario de inglés y datos sobre estos animales que los alumnos debieron buscar entre los libros de nuestra biblioteca.
Y una vez completado el crucigrama, éste nos daba la última pista para buscar nuestro tesoro: los huevos de chocolate.
Si quereis podeis ver todas las fotos de la actividad en el siguiente enlace:
DÍA DEL LIBRO INFANTIL 2014
Conmemoraremos este día con la lectura del manifesto escrito por Siobhán Parkinson en el que la escritora les explica a los niños cómo se escribe un libro y les habla del poder de la imaginación. Podeis leer la carta en el siguiente enlace:
A continuación contamos el cuento El árbol de las palabras y elaboramos un mural con nuestro propio árbol en el que las hojas reflejan cuentos o libros que les han gustado a nuestros niños y niñas.
I EDICIÓN DO CERTAME DE DIVULGACIÓN MULLERES DE LEMOS. INÉS DE CASTRO
Os traballos poderán presentarse en calquera das bibliotecas integrantes deste colectivo ata o día 30 de maio.
As bases deste pódense consultar no documento adxunto.

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA
Durante a semana do entroido, tamén tivemos actividades na biblioteca. Nela recibimos a visita do Contacontos Fran Guede que lle contou moitos contos aos nenos e nenas do colexio.
Contos de animais que se transforman como Unha eiruga moi larpeira (Eric Carle)
Contos nos que os nenos e nenas do 3º ciclo foron os protagonistas:
Aquí tedes un vídeo deste conto, recordades cal era? Se queredes saber o final teredes que lelo na biblioteca:
E cancións moi divertidas que fixeron que os nenos o pasaran moi ben
SAN VALENTÍN 2014: A HISTORIA DE DON PEDRO E DONA INÉS DE CASTRO
Este ano o día de San Valentín coñeceremos a historia de amor de D. Pedro I rei de Portugal e Dona Inés de Castro, filla dos condes de Lemos e a única raíña da historia que reinou despois de morta.
Esta historia aconteceu aproximadamente polo ano 1350.
A HISTORIA DE DON PEDRO E DONA INÉS
Hai moitos anos, no pequeno reino de Portugal, vivía un príncipe chamado Pedro.
Pedro creceu ata que os seus pais, os reis de Portugal, mandárono casar coa bela e doce Constanza. Pero cando Don Pedro coñeceu a Dona Constanza, tamén coñeceu a súa prima Dona Inés que a acompañaba para a voda.
Don Pedro e Dona Constanza casaron nunha fermosa voda; pero en realidade os príncipes non se amaban verdadeiramente como nos contos de fadas, pois a Pedro non lle gustaba Constanza. O príncipe Pedro amaba a Inés de Castro, a prima da súa esposa.
Os anos pasaron e Constanza estaba cada vez máis triste, ata que un día morreu ao dar á luz un bebé chamado Fernando.
Despois da morte de Constanza, Pedro e Inés puideron estar xuntos e dese amor naceron catro fillos.
Máis non acabaron aquí os problemas desta parella de namorados senón que aínda tiñan un problema moi grande: a Don Alfonso IV, pai de Don Pedro e rei de Portugal non lle gustaba Dona Inés. Por iso, mandou a tres asasinos para que a mataran mentres Pedro estaba de caza.
Cando Pedro chegou a casa da súa cazaría, atopou o seu amor caído no chan, xa sen vida.
D. Pedro quedou destrozado, pero nin por iso cruzou os brazos. Mandou matar os asasinos e ordenou que fosen construídos dous túmulos magníficos, un para Inés e outro para cando el morrese, que foron colocados no fermoso Mosteiro de Alcobaça.
Cando Pedro chegou a ser rei de Portugal, mandou desenterrar a Dona Inés. Vestiu os seus esqueleto cun traxe de noiva e casou con ela facendo que aínda que estivese morta chegara a ser Raíña de Portugal.
Co paso do tempo, D. Pedro fíxose maior e morreu e os dous amados puideron finalmente durmir o sono eterno, fronte a fronte, nos brazos do belo e encantado Mosteiro de Alcobaça.
E se vos gusta máis a poesía aquí tedes un poema escrito por uns nenos portugueses que conta esta historia en verso:
Dona Constanza chegou
e Dona Inés a acompañou
Pedro despois de que a mirou
perdidamente se namorou.
Na Quinta das Bágoas
encontros secretos marcaban
xuntos paseaban
e ás escondidas se namoraban.
Dona Constanza morreu
cando Don Fernando naceu
Pedro e Inés xuntos continuaron
e a Don Alfonso enfadaron.
Mentres Don Pedro cazaba
Dona Inés en casa cos fillos estaba
Don Alfonso a oportunidade aproveitou
e matala a uns asasinos mandou.
D.Pedro, decidiu a Doña Inés vingar
e aos dous asasinos conseguiu matar
Tras morta a coroou Raíña de Portugal.
En Alcobaça, dous túmulos mandou construír,
Onde agora están a durmir!
Aquí os deixamos unhas fotos de todos os nenos e nenas do colexio traballando sobre esta historia.
Esperamos que esta historia vos parecese interesante sendo como era ela de Monforte onde existe unha rúa co seu nome.
