Curso 2011 / 2012

CONTACONTOS FIN DE CURSO

Para rematar o curso, a ANPA organizou unha sesión de contacontos con xogos na biblioteca.

Os nenos pasáronno moi ben escoitando O parruliño feo e xogando a xogos tradicionais tales como unha gincana con ovos.

contacontos

VER MÁIS IMAXES

CARACOIS

A campaña de animación á lectura CARACOIS ven da man da Diputación de Lugo e OQO editores. Diríxese a prelectores e primeiros lectores coa intención de espertar as ansias de ler antes de ler con esta proposta literaria e audiovisual.

Esta sesión iniciouse coa lectura e visualización dun dos contos desta colección e despois os nenos dividíronse en función dos protagonistas: Caracol, Caracola, Vermiño e Formiga para pasar polos diferentes espazos creados aprendendo moitas cousas do mundo dos caracois: o chapeu de Vermiño, os beizos de Caracola, os zapatos de Formiga e ata entrarán na cuncha de Caracol.

Ademáis, para rematar, regaláronlle a cada neno un dos libros da colección. Esperemos que os nenos disfruten da súa lectura.

VER IMAXES

DÍA DO LIBRO: CONTOS TRADICIONAIS (Abril 2012)

Adicamos o Día do Libro aos contos tradicionais. Elaboramos un mural cos principais personaxes destes contos: Carapuchiña vermella, Brancaneves, os tres porquiños... e ademais cada clase representou un deles:

- Infantil: O galo Quirico

- 1º ciclo: O país dos contos

- 2º ciclo: A ratiña presumida

- 3º ciclo: Brancaneves

MURAL CONTOS TRADICIONAIS

VER IMAXES DAS REPRESENTACIÓNS

DÍA DO LIBRO: CONCURSO DE LECTURA (Abril 2012)

Para animar aos nosos alumnos e alumnas a ler un pouco, organizamos un concurso de lectura durante á semana adicada ao Día do Libro.

O concurso consistiu en ler cada día da semana un texto proposto segundo a idade dos nenos tantas veces como eles quixeron.

Ao día seguinte expoñíase un novo texto e retirábase o anterior sobre o que os nenos e nenas tiñan que respostar a unhas preguntas de comprensión lectora.

O concurso durou unha semana, e ao final os que máis preguntas correctas responderon levaron un estupendo libro como agasallo.

concurso de lectura

VER MÁIS IMAXES

Distribuir contido