TABOLEIROS ESCORNABOTS (8-06-2021)

   O alumnado de 4º de Primaria puxo a súa imaxinación a traballar para crear novos taboleiros para os escornabots. 

   Bandeiras, froitas, o Sistema Solar, Instrumentos musicais, as partes do corpo, os invertebrados e un xogo de mesa foron finalmente os temas escollidos.

 

 

 

    Unha vez deseñado o taboleiro, o alumnado tivo que redactar as normas e elaborar un texto nun procesador de textos con todas as instrucións do xogo para pegalo pola parte de atrás de xeito que a calquera persoa que lle apeteza utilizalo poda saber como facelo.

    Ademais o texto debía ser alegre, con letras de cores, diferentes tamaños de letra, diversas fontes... todo o que se lle ocurrise para facelo máis atractivo.

 

 

     Na seguinte imaxe podedes ver como sería a parte de diante dun dos taboleiros e a parte de atrás de outro con todas as normas.

 

 

     Para rematar cada parella expuxo o resultado do seu traballo aos compañeiros da clase para animalos a xogar á súa proposta.