2016/2017

LETRAS GALEGAS 2017 - Exposición

   As letras galegas e Carlos Casares, saen da nosa biblioteca ao corredor principal do colexio. Nel puxemos a exposición cos carteis enviados e unha selección de libros do autor para que o alumnado os puidese consultar.

O MUNDO QUE QUEREMOS - Certame de Debuxo Letras Galegas 2017

    Como cada ano, o noso alumnado participa no Certame de Debuxo Infantil proposto pola Biblioteca Nodal de Lugo a través da Biblioteca Municipal de Sober.
 
    Para este certame, o alumnado de Primaria divídese en 3 categorías: CATEGORÍA A (ata 8 anos), CATEGORÍA B (de 9 a 11) e CATEGORÍA C (de 12 a 16).
 
    Nesta edición o tema que nos propoñen é "O mundo que queremos": coidado do medio ambiente, a saúde, a integración, a igualdade, o respeto...
 
    Os debuxos presentados xa están na biblioteca municipal; pero podedes velos na  GALERÍA  DE  IMAXES.
 
MOITA  SORTE  AOS  PARTICIPANTES!!

O BARDO ABELARDO (9/5/2017)

    Achégase o Día das Letras Galegas, este ano adicado a Carlos Casares e para comezar as actividades sobre este autor na biblioteca do cole, hoxe estivo con nós O bardo Abelardo.
 
    O bardo Abelardo, achegounos ao mundo de Carlos Casares da man da música do seu acordeón. 
 
Un xeito diferente e divertido de coñecer a súa obra.
 
 
 

APADRIÑAMENTOS LECTORES

    Este ano organizamos a actividade de apadriñamentos lectores un pouco diferente.
 
   Os biblioaxudantes organizáronse en 5 grupos cun espacio e cun libro cada grupo. O resto do alumnado do centro repartiuse en 5 grupos que ían pasando dun libro a outro.
 
 
    Na biblioteca estaban Marco, Henry e Mateo para recitar poemas
de Plumilindo (El cisne que quería ser pato) escrito por Gloria Fuertes.

 

  No Salón de Actos, Ángel e Jazmin esperábannos con Un libro de Herbé Tullet.

 

No comedor estaban Loïc e Manuel para lerlles El pez de oro escrito por Alexander Pushkin.

 

 Xa no patio esperaban Rocío, Gisela e Héctor co libro Cinco minutos de paz de Jill Murphy.

 

   E no parque infantil Herbert e Laura Melinda narraban Onde viven os monstros escrito por Maurice Sendak.

 

ESTRAFALARIA (20/4/2017)

 

    Hoxe asistimos no Centro Sociocultural de Sober ao contacontos Estrafalaria de Xarope Tulú organizado polo Departamento de Cultura do Concello de Sober.
    Esta é a primeira das actividades programadas para conmemorar o Día do Libro na que ademais de escoitar variadas e divertidas historias, temén tivemos tempo de bailar.
 

OS BIBLIOAXUDANTES CONTAN UNHA LENDA INGLESA (19/4/2017)

    Os biblioaxudantes de sexto prepararon a dramatización da lenda inglesa "A calzada dos xigantes"   

   Nela cóntase a historia do xigante escocés Bennandoner e de Finn, un xigante irlandés que se levaban moi mal.

   Un día o xigante escocés decidiu tirar unha montaña ao mar para cruzalo e derrotar ao seu adversario.

   A muller de Finn, Oonagh, viu como se aproximaba Bennandoner e decidiu engañalo. Ao final, non venceu a forza de ningún dos dous xigantes senón o enxeño de Oonagh.
 
 
 

SOBERICIAS: A radio que che conta as mellores noticias!! (07/04/2017)

     Na nosa biblioteca, extendemos a conmemoración da Semana da Prensa de unha semana a un mes; adicando todo o mes de marzo á prensa escrita e oral.
 
     Despois de todo o traballo que realizaron os nosos radio reporteiros de 3º e 4º de Primaria, xa está dispoñible a I Edición de Sobericias: a radio que che conta as mellores noticias!! onde poderedes escoitar noticias e entrevistas relacionadas co noso centro durante os meses de febreiro e marzo.
 
   Esperamos que vos resulten moi interesantes:

ENCONTRO CON AUTORES: Estefanía Padullés (7/04/2017)

    Hoxe tivemos no centro a visita da escritora e ilustradora Estefanía Padullés quen nos veu a presentar o seu libro Max e Lea.

   Foi moi interesante ver como mentres nos contaba a historia deste dinosaurio que tiña medo á escuridade, ía debuxando aos personaxes do conto.

 Ademais tamén puidemos desfrutar das ilustracións orixinais feitas con acuarela e masilla para acadar relevo.

 

Antes de marchar, Estefanía aínda tivo tempo de firmar no libro da Biblioteca e adicarnos o noso exemplar de Max e Lea.

 

MOITAS  GRAZAS,  ESTEFANÍA!!

UN  PRACER  CONTAR  CONTIGO  NA  BIBLIOTECA!!

 

GALERÍA  DE  IMAXES

OS BIBLIOAXUDANTES CONTAN (7/04/2017)

Hoxe tivemos unha nova sesión de Os biblioaxudantes contan na biblioteca do cole
baseado no libro de Concha Blanco So, Re, Mi Fantasía.
 
Comezaron Gisela e Loïc contándonos O oso azul
 
 
Despois foi o turno de Laura e Henry que contaron Un, dous, tres
 

ESPECIAL LA VOZ DE GALICIA: VI SEMANA ESCOLAR DA ÁRBORE E DA AUGA (6/4/2017)

    La Voz de Galicia publicou hoxe 6/4/2017 o especial VI Semana Escolar da Árbore e da Auga da Provincia de Lugo onde recollen información desta conmemoración en todos os centros da provincia de Lugo que participaron.     

     Na parte inferior esquerda da portada deste especial, podemos ver aos nosos alumnos Héctor, Ángel e Mateo lendo o libro "Salven os ameneiros"
   Pódense ver todas as imaxes desta conmemoración na dirección web:
Distribuir contido