2014/2015

Curso 2014/2015

DESDE O MAR Á FARMACIA

21/05/2015 14:15
Europe/Madrid

Desde o mar á farmacia

Ciencia na biblioteca para os alumnos e alumnas do 2º ciclo

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

17/05/2015 00:00
Europe/Madrid

Este ano, o día das Letras Galegas está adicado a Xosé Fernando Filgueira Valverde.

No seguinte enlace encontraredes moita información sobre el e a fundación que leva o seu nome:

FUNDACIÓN FILGUEIRA

ANIMACIÓN Á LECTURA

13/05/2015 12:30
Europe/Madrid

ESTA  ACTIVIDADE  TIVO  QUE  CAMBIAR  DE  DATA  POR  MOTIVOS  ALLEOS  A  NÓS.

A  NOVA  DATA  É  O  MÉRCORES  13.

    Héctor Lorenzo, músico e compositor compostelán aínda que afincado en Ourense; será o protagonista desta sesión na que os nenos poderán achegarse ao encanto da poesía cun espectáculo poético - musical. A continuación vos deixamos un dos seus poemas musicados

A serra de papá

ris ras ris ras

é a serra de papá

ras ris ras ris

a que fai este ruído

ris ras ris ras

cando cantan pola mañá

ras ris ras ris

os paxaros no seu niño

ris ras ris ras

porque o sol se levantou

ras ris ras ris

cun sorriso no fociño.

DÍA DO LIBRO: HORA DE LER

    Co gallo do Día - Mes do Libro, durante o mes de abril todos os nenos e nenas de Educación Primaria realizamos a Hora de ler na biblioteca.

 
    O resultado de estar lendo todos xuntos foi tan positivo que imos a seguir así durante todo o curso.
 

DESDE O MAR Á FARMACIA

    De novo contamos na nosa biblioteca coa presenza de María Isabel Nieto Prieto, farmacéutica en Sober.

   Esta vez ofreceulles aos alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria unha charla científica axeitada ao seu nivel de coñecemento sobre produtos naturais de orixe marítimo con actividade farmacolóxica: "Desde o mar á farmacia"
 
    
    Durante este charla divulgativa o alumnado tivo oportunidade de descubrir moitas datos sobre a investigación en laboratorios, e a continuación puideron dialogar, preguntar, aclarar dúbidas...directamente coa nosa ponente; incluso reflexionar sobre que eles poden ser futuros investigadores .
 
 
   Tamén puideron levar a cabo unha actividade práctica: elaboración de Sales de baño para o que tiveron que seguir correctamente as nocións e as medidas indicadas por María Isabel tanto no proceso de elaboración como no envasado e etiquetado achegándose así ao método científico.
 

 

    Aos nenos e nenas gustoulles moito utilizar colorantes como os das piruletas e pensar que a ciencia está presente na vida diaria sen que tomemos conciencia dela.

 
 
   Unha vez as sales están listas só falta completar as etiquetas e disfrutar dun baño relaxante e hidratante con elas.
 

DÍA DO LIBRO: Carmiña Miudiña: "A pinga aventureira"

      Unha das actividades realizadas para conmemorar este día foi o contacontos Carmiña Miudiña: "A pinga aventureira".
 
    Esta actividade foi patrocinada polo Concello de Sober a través do programa Cultura no camiño.
 
    Durante este conto os nenos e nenas do noso centro e do PAI puideron disfrutar da narración ademáis de aprender moitas cousas con esta pinga científica e aventureira sobre a auga e o seu ciclo e sobre a importancia da reciclaxe para manter un mundo mellor.

 

    Durante esta actividade levamos unha gran sorpresa: a pinga aventureira fixo realidade a nosa mascota que chegou desde Nova Iork e que agora xa descansa nun dos nosos andeis.
 
No seguinte vídeo, podes revivir a chegada de Lectuvín á biblioteca

DÍA DO LIBRO: INVESTIGAMOS

    Por que o 23 de abril e non outro día se celebra esta conmemoración?

    A que autores se debe?

    Para coñecer a resposta a esta e outras preguntas, accede a esta webquest elaborada polo CEIP Los Campanales (Las Lagunas)

   Aquí están algúns dos nosos alumnos realizando esta investigación con moito interese.

DÍA MUNDIAL DO LIBRO: 23 de abril

 

     O día 23 de abril, celébrase o Día Internacional do Libro. O marcapáxinas da imaxe é o elaborado pola Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia cun texto inédito de María Solar.

 

     No noso centro, celebraremos este día coa actuación de Carmiña Miudiña "A Pinga aventureira"

  

      Para saber máis cousas sobre o Día do Libro realizar moitas tarefas deixámosvos o enlace do EDILIM elaborado pola profesora Montserrat Fernández Montes:

  http://engalego.es/curso/lim/23_de_abril_dia_del_libro1/23_de_abril_dia_del_libro.html

ILUSTRACIÓN DO CONTO: MARÍA CASTAÑA

    Xa temos rematada a nosa ilustración para o conto María Castaña. Unha muller para o 8 de Marzo.

     No noso centro tocounos ilustrar o seguinte texto:

"Cando chegaron a Lugo, María Castaña quedou abraiada. Nunca vira nada igual, a muralla romana, a catedral, o pazo do bispo a carón dela, casas grandes de pedra que pertencían á nobreza e outras casas máis pequenas que pertencían aos artesáns e comerciantes."
 
Basándonos no texto, a ilustración que fixeron os alumnos de 6º foi a seguinte:
 
  
No cole sentímonos moi orgullosos do traballo deste grupo de alumn@s: NORABOA!!
 
Distribuir contido