2018/2019

RETO LECTOR - VERÁN 2019

 
Pero non fagades trampas...
non vale coller  o  libro só para a foto!!
 

PREMIOS AOS MÁIS LECTORES (21/6/2019)

   Como cada ano cando acaba o curso, desde o Equipo de Biblioteca facemos entrega duns agasallos aos nenos e nenas que máis libros da biblioteca do colexio len .

 
  NORABOA  A  TODOS!!

   ESPERAMOS  QUE  SIGADES  LENDO  NO  VERÁN!!!

 

SOPA DE MEIGAS??

   Os alumnos de 6º de Primaria prepararon para o festival de fin de curso a obra de teatro "Os tres pelos da diaña"
 
   Nesta obra de teatro a meiga malvada tiña que cociñar para a diaña sopa de rata e outras exquisiteces e ocurríuselles facer slime que servise como comida.
 
   E a onde recurrir? 
A  BIBLIOTECA!!
 
   Seguiron as receitas do libro 25 recetas de slime e problema solucionado!!
  
 
 

ILUSTRACIÓN INÉS FERNÁNDEZ. OBRADOIRO CERTAME MULLERES DE LEMOS

    Cada ano desde a biblioteca do colexio, participamos no VI Certame Mulleres de Lemos proposto polo Colectivo Lemos Le.
 
     Neste certame, a través do CIM de Monforte de Lemos, ilustramos entre dezaoito centros da comarca de Lemos a biografía dunha figura feminina da comarca elixida como protagonista dos actos do Día da Muller.
 
    A elixida este ano é Inés Fernández, abadesa do Concello de Pantón da época medieval que chegou a enfrontarse ás leis ditadas polos Reis Católicos.
   O texto que nos tocou ilustrar a nós, é a parte da súa vida na que ela estando en Santiago de Compostela, recibe a carta do Papa que lle da a razón nas súas peticións e a autoriza a volver ao convento de Eiré.
 
Pasou uns meses en Compostela ata que un día, por fin, chegou a carta que lle daba a liberdade para volver. A única condición era que non podían entrar novas monxas no mosteiro e co seu tránsito, anterior ao seu falecemento, o convento pecharía. Ela aceptou.

     Para facer a ilustración o alumnado de 5º e 6º de Primaria, tomou como referencia unha fotografía da fachada da Catedral da Praza das Praterías da páxina web Turismo de Galicia.

 

PREMIO PROVINCIAL CERTAME DAS LETRAS GALEGAS - 2019 (19/6/2019)

  A nosa alumna de Infantil, Antía Gago Fernández, que xa recibira o 1º premio na fase local do Certame de Debuxo das Letras Galegas - 2019 convocado pola Biblioteca Nodal de Lugo que este ano levaba como título A revolución do cambio climático; foi premiada tamén na fase provincial.
 
   Antía que participaba na Categoría A (ata 8 anos) mostra no seu debuxo as diferenzas entre un planeta contaminado e outro libre de fumes.
 
 
 A entrega de premios celebrouse en Lugo na propia Biblioteca Nodal.
 
PARABÉNS  ANTÍA!!
 
 E  PARABÉNS  TAMÉN  AO  RESTO  DE  PARTICIPANTES!!
 
 

ENTREGA DE PREMIOS DO CERTAME DE DEBUXO E NARRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS (14/6/2019)

   Este venres fíxose entrega na Biblioteca Pública Municipal de Sober dos premios aos alumnos e alumnas gañadores da fase local do Certame de Narración e Debuxo Letras Galegas 2019 convocado pola Biblioteca Nodal de Lugo, que este ano propuxo como tema "A revolución do cambio climático".
 
    Os gañadores e os seus traballos foron os seguintes: 
 
DEBUXO
Categoría A, ata 8 anos 
 
1ª premio ANTÍA GAGO FERNÁNDEZ
 
2º premio DARÍO FERNÁNDEZ GONZÁLEZ
3º premio IRIA GONZÁLEZ CASARES
Accésit LUCAS RODRÍGUEZ FREIRE

 

Categoría B, de 9 a 11 anos
1º premio UXÍA TRAIL BATES
2º premio VALENTINA BROWN RAVAGNI
 
Categoría C, de 12 a 16 anos
1º premio LAURA RODRÍGUEZ FREIRE

2º premio AITANA CRUZ RODRÍGUEZ CASADO
 
NARRACIÓNS
Categoría B, de 9 a 11 anos
1º premio UXÍA TRAIL BATES

2º premio LAURA GÓMEZ GRANDE

3º premio  MARA LÓPEZ RIVERA
Accésit CÉSAR DURÁN VÁZQUEZ

Accésit XOSÉ SENÉN HERNÁNDEZ RODRÍGUEZ
Categoría C, de 12 a 16 anos
1º premio  AITANA CRUZ RODRÍGUEZ CASADO
 
NORABOA  A  TODOS  OS  PREMIADOS!!
 
E  TAMÉN  AOS  NON  PREMIADOS  PORQUE  SEMPRE  QUE  PARTICIPADES  NOS  CERTAMES  PROPOSTOS  DEIXADES  VOAR  A  VOSA  IMAXIANACIÓN!!



E-TEXTILES. OBRADOIRO VOLUNTARIADO DE LECTURA - A (12/6/2019)

    Xunto con otras nove bibliotecas de colexio galegos, o equipo de Biblioaxudantes do noso centro foi seleccionado na convocatoria de VOLUNTARIADO DE LECTURA-A para o curso 2018/19 na que se lle recoñece o traballo de colaboración que veñen desempeñando os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria nas bibliotecas escolares de forma voluntaria en actividades de xestión, organización e lecturas compartidas dentro do centro.

    Por esta selección, recibimos no centro un obradoiro sobre E-textiles da man de Paola Guimerans.
Os E-téxtiles , coñecidos como wearables, téxtiles intelixentes, electrónica vestible DIY ou soft circuits, aínda que son pouco coñecidos, forman parte da educación innovadora do século XXI.


   Primeiro Paola achegounos ao mundo dos E-textiles ou textiles electrónicos, explicándolles aos nosos alumnos que son teas nas que se integran elementos eléctricos ou eletrónicos como microcontroladores, sensores, baterías.. que permiten que a roupa reaccione, envíe información ou interactúe co entorno.

    Unha vez que sabiamos o que íamos a facer, comezamos o obradoiro. Cada biblioaxudante contaba cun kit  para elaborar o seu e-textil consitente nun portabaterías impreso coa 3D (https://www.thingiverse.com/thing:2663569 by enauman) previamente preparado como podedes ver no vídeo, tea, fieltro, pila 3V, led, pinzas cocodrilo, agulla e fío condutor.
 

  Para comezar familiarizámonos co led recoñecendo das súas patiñas cal é a positiva (a larga) e cal a negativa (a corta) para conseguir acendelo uníndoo co lado correcto do portabaterías: primeiro paso para que se acenda.

    Despois chegou a parte de... COSER!! E a psicomotricidade resultoulles bastente difícil!!
A primeira costura debía unir a parte positiva do Led coa parte positiva do portabaterías seguindo o esquema. Despois de cosido, comprobamos coas pinzas de cocodrilo que as conexións están ben feitas.
    As seguintes costuras debían unir a parte negativa do led coa negativa do portabaterías; pero para fabricar un interruptor que acenda o led cando nos queiramos, en vez de facelo directamente utilizamos o fío condutor para levar a electricidade ata as dúas extremidades.

  A continuación unimos as extremidades ao corpo principal utilizando cinta adhesiva de cobre.

 

   Despois cubrímolas con papel de aluminio de xeito que toda superficie conduza a electricidade, así cando unamos as extremidades pechamos o circuíto da parte negativa. Con isto xa teríamos o noso interruptor feito para poder acender ou apagar o led segundo as extremidades estean pechadas ou abertas respectivamente.
 
  Rematamos cubrindo a parte central do noso boneco cunha tea decorada para que ao pechar as extremidades non fagan contacto cos fíos cosidos nesa parte.
 
Agora só queda pechar as extremidades e que se acenda o led!!
 
 
 
   No tempo que nos quedou, os biblioaxudantes esribiron mini relatos nos que os protagonistas eran as súas novas creacións. Aquí vos deixamos algúns exemplos:

 Érase unha vez un peixe moi torpe ao que de repente un día se lle volveu o nariz verde.
- Por que sería? - preguntábase o peixe sen parar.
El estaba moi preocupado sobre todo porque os seus amigos se rían del; pero un día que estaban xogando fíxose noite e perdéronse... 
menos mal que puideron atopar o camiño de volta coa luz verde do seu nariz!
Desde entón ninguén volveu a rirse del.

Un día pola mañá cedo, Bob Esponja ía a traballar tan contento coma sempre.
Ía tan, pero tan contento que non se decatou de que había unha pedra no seu camiño e...
que credes que pasou?
Pois que tropezou e caeu!!
- Aiiiiiiii, que dolor!!!! - berraba sen parar. Ata dicía que vía as estrelas!
Fíxose tanto dano no nariz que lle quedou vermello por un bo rato!

Érase unha vez unha nena moi diferente da que todos se burlaban porque tiña ás e un nariz luminoso. Pero ela estaba feliz coas súas ás e co seu nariz e nunca lles seguía o roio, realmente lle daba igual o que os demais dicían.
Aínda así un día, decidiu inventar unha historia fantástica para que a deixaran en paz.
Díxolles que tiña ás porque era filla dunha fada e que o nariz era luminoso porque de pequena a súa nai se confundira e en vez de darlle leite no biberón metera sin querer unha poción máxica.
Xa podedes imaxinar que nunca xamais se volveron a meter con ela; non fose a ser que a súa nai aparecera por alí enfadada.

MOITAS  GRACIAS POR  ESTE  RECOÑECEMENTO
E  POR  ESTE  FABULOSO  OBRADOIRO!!
 
E MOITAS  GRAZAS  A  PAOLA!
 
NORABOA  BIBLIOAXUDANTES!!
 

ENTREGA DE PREMIOS - SELFIE LIX GÁLIX (12/6/2019)

   Como sabedes, a nosa alumna Mara López Rivera foi a gañadora do concurso SELFIE LIX na categoría de Lectores avanzados cun selfie que ilustraba un anaco do libro O soño do merlo blanco de Agustín Fernández Paz.
Foto GÁLIX
 
    Para recoller o premio convocado pola OEPLI a través de GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), achegáronse ao Centro Sociocultural Aurelio Aguire de Conxo ela coa súa familia e a responsable da nosa biblioteca.
 
     O presindente de GÁLIX (X. A. Perozo), o Director Xeral de Políticas Culturais (Anxo M. Lourenzo) e o alcalde de Santiago (Mariño Noriega) foron os encargados de entregar os premios aos rapaces premiados e aos representantes de bibliotecas.
Foto GÁLIX
  
 A responsable da nosa biblioteca, Flora Grande, foi a encargada de pechar o acto en nome das bibliotecas premiadas, xunto co alcalde de Santiago e o grupo de pandereteiras do Centro Sociocultural.

 

    Desta entrega de premios trouxemos tamén diplomas para o resto do alumnado participante e un lote de libros que pasará a formar parte dos fondos da biblioteca.
 
 
 PARABÉNS  MARA!!
E  PARABÉNS  PARA  TODOS  OS  PARTICIPANTES!!
 
RESEÑAS:
 
 

DÍA DO LIBRO INFANTIL. PREMIOS SELFIE LIX (5/6/2019)

    Xa temos o resultado do concurso “SELFIE LIX” convocado pola OEPLI a través da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, para conmemorar a celebración do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL.
 
       Os nenos e as nenas tiñan que facer unha selfie na que se recreara un personaxe ou unha escena dun libro de literatura infantil e xuvenil. 
 
       Os gañadores do concurso “SELFIE LIX” son: 
 

 
  NORABOA  A  NOSA  ALUMNA  MARA  LOPEZ  RIVERA!!  
 

 

EL PASTEL ESTÁ TAN ARRIBA (3/6/2019)

    Esta semana tivemos un préstamo na biblioteca... unha cámara HUE!!

    Alumnado de 5º de Primaria quixo argallar con ela facendo unha adaptación do libro El pastel está tan arriba de Susanne Straber.

   Comezaron por reproducir aos protagonistas en transparencias para traballar coa mesa de luz e despois, filmaron a historia con esta cámara que permite gravar a voz en off ao mesmo tempo xa que dispón de microfóno.
 
   Mirade o resultado!!
 
Distribuir contido