2015/2016

BENVIDOS TAMÉN A BIBLIOTECA! (14 - 09 - 2015)

    Comeza un novo curso TAMÉN NA BIBLIOTECA e con el un novo lema e un novo cartel para a campaña anual de bibliotecas escolares da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:

"BIBLIOTECA  ESCOLAR,  BASE  DE  EXPLORACIÓNS"
 
     A imaxe do cartel é do ilustrador e autor de cómic Fran Bueno e pretende espertar o interese pola bibioteca que debe ser a base desde a que explorar o mundo real e os mundos imaxinarios a través de todos os seus recursos.
 
     Esperamos que a biblioteca sexa este curso un espazo para a investigación individual e para o traballo en equipo; un espazo integrador cheo de oportunidades e aprendizaxe; en definitiva, un espazo que chama a traballar coa información, a mirar fóra, a facerse preguntas e pescudar posibles respostas, a interesarse polo outro, polo diferente, polo alleo; a estudar xeografías e inventar rutas para novas aventuras; a coñecer as viaxes que fixeron os grandes exploradores e aquelas outras que, cada día, botan ao camiño a milleiros de persoas na procura dun mundo máis xusto. 
 
Convidamoste a explorar o mundo e a compartir o aprendido.
 
Texto: Asesoría de Bibliotecas Escolares

E ASÍ SE VIU O ECLIPSE DE SOL

    Despois de investigar tanto sobre o eclipse de Sol, aquí deixamos unfa foto de que como se viu o eclipse desde a comarca veciña de Monforte.

O NOSO ENTROIDO NA PRENSA

    Na seguinte imaxe podedes ler a reseña de prensa publicada por El Progreso no seu suplemento Ribeira Sacra do día 27 de febreiro de 2015; na que adican toda unha páxina ao noso entroido.

En Común, 2ª Quincena de Febreiro 2015

 

Distribuir contido