2015/2016

XII CONCURSO CUENTOS SOLIDARIOS. FUNDACIÓN UN JUGUETE, UNA ILUSIÓN - 2015

    Despois dun gran traballo de investigación por parte dos alumnos sobre o cambio climático e as súas consecuencias, e dun gran traballo de redacción e ilustración do conto; os alumnos de 1º e 2º acaban de verse recompensados coa súa elección como finalistas nacionais do XII Concurso de contos Solidarios da campaña Un juguete, una ilusión.
    Desde o Equipo de Biblioteca, estamos moi orgullosos do traballo realizado por estes nenos e nenas; tanto como polo realizado polos seus compañeiros e compañeiras de 5º e 6º que aínda que non chegaron a ser finalistas, tamén se esforzaron moito na elaboración do seu conto.
  
   No seguinte enlace podedes recordar o conto de 1º e 2º:
 
 
http://issuu.com/biblioteca.virxedocarme/docs/todos_contra_el_cambio_clim__tico__
 
    Se vos gustou, podes votar por el seguindo uns sinxelos pasos:
 
 
2) Desplega o menú: CUENTOS  FINALISTAS  PRIMER  CICLO
 
3) Marca o círculo que está diante do noso centro Colegio CEIP Plurilingüe Virxe do Carme
 
4) Preme no cadrado VOTAR
 
 
Podes votar unha vez desde cada dispositivo: móbil, tablet, ordenador...
 
PARABÉNS  AOS  NENOS  E  NENAS!!!!

PREMIOS DO CONCURSO DE RECICLÓN - 2015

 
 
   Hoxe tivemos unha sorpresa na biblioteca!! 
 
   Xa podemos disfrutar dos premios que nos chegaron cos cartiños que se gañaron o ano pasado no concurso "Un bosque de cuento" organizado por Reciclón.
 
  Mirade cantas cousas novas para a nosa biblioteca: tablets, dicionarios, atlas, libros, xogos, agasallos para os gañadores, xogos de sombras con personaxes de contos...
 
 
Podedes volver a escoitar o conto no seguinte vídeo

XII CONCURSO CUENTOS SOLIDARIOS. FUNDACIÓN UN JUGUETE, UNA ILUSIÓN - 2015

    Xa temos os contos resultantes do XII Concurso de Cuentos Solidarios da Fundación Un juguete, una ilusión.
    
    Con estes contos preséntamos ao concurso; pero gañemos ou non, o Equipo de profesores de Biblioteca estamos moi contentos co traballo feito polo noso alumnado que se esforzou moito tanto no texto coma nas ilustracións.
    TODOS CONTRA EL CAMBIO CLIMÁTICO é o conto que representa ao alumnado de 1º e 2º.
 
    O XOGO E O CAMBIO CLIMÁTICO é o conto que representa ao alumnado de 5º e 6º. 

Para velos, só tes que seguir o enlace das imaxes:
 
http://issuu.com/biblioteca.virxedocarme/docs/todos_contra_el_cambio_clim__tico__
 
http://issuu.com/biblioteca.virxedocarme/docs/o_xogo_e_o_cambio_clim__tico__3___c

CERTAME CREACIÓN LITERARIA: A BRUXA TOLA - Samaín 2015

     Como xa sabedes, dentro da celebración do Samaín / Halloween; había un apartado dedicado á creación literaria.
 
    O desafío deste Certame de Creación literaria era o seguinte: partindo do principio do conto A bruxa tola de Josep Gregori, deberían rematar a historia utilizando o seu maxín. 
 
     Se premedes na imaxe poderedes acceder ás historias escollidas.
 
http://issuu.com/biblioteca.virxedocarme/docs/certame_a_bruxa_tola

SAMAÍN - HALLOWEEN (2015)

    O día 31 de outubro festéxase a festa de Samaín ou Halloween; como non imos a estar no centro ese día, adiantamos a súa celebración.

    Este ano fixemos tres actividades diferentes: lectura e creación literaria de contos de medo e a exposición de cabazas.

        Lectura de contos de medo: durante toda a semana, tivemos o punto de interese cheíño de libros e contos adicados a esta celebración. Pero en vez de estar na biblioteca, estivo na entrada do colexio onde todo o mundo podía pararse a ver os libros para lelos nos tempos de ocio ou levalos en préstamo.

  Hoxe pola tarde, Ángel e Aroa alumnos de 5º e 6º de Primaria nos contaron ao resto do colexio o conto Os tres bandidos onde os bandidos acaban non sendo tan malos como parecían.

   

    Creación literaria: despois de reflexionar como os contos ás veces non teñen os finais esperados; propoñémoslle ao noso alumnado un desafío de creación literaria: partindo do principio do conto A bruxa tola de Josep Gregori, deberán rematar a historia utilizando o seu maxín. Esperamos que despois desta ponte, as historias que nos traian sexan sorprendentes.

 

   

  Exposición de cabazas e outros obxectos terroríficos: unha das actividades que máis lles gusta aos nenos é a exposición de cabazas ou lucecús terroríficos. Aquí tedes unha foto da exposición deste ano e dos morcegos que elaboraron con material de refugallo. 

  

Se queredes ver mais fotos desta celebración ou ver a cada neno coa súa cabaza, premede no enlace:

GALERÍA  DE  FOTOS

DÍA DA BIBLIOTECA 2015

    Dentro das actividades previstas para este día na biblioteca, contamos coa presenza de Estefanía Padullés a autora e ilustradora de libros infantís.
 
 
   Esta autora contoulles aos nenos e nenas de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria, o conto do seu libro O desexo do gato Klops. Os alumnos disfrutaron moito desta narración e puideron ver da man da súa autora as ilustracións orixinais feitas a acuarela.

 
 
Antes de marchar, a autora adicounos o seu libro, e unhas verbas para o noso colexio

 

   Por outra banda, os alumnos de Primaria asistiron ao taller: Como se fai un libro? no que Laura Rodríguez, representante de Hércules Edicións lles explicou todo o proceso de elaboración dun libro, desde o autor ata a librería; pasando polos ilustradores, tradutores, imprentas...
 
Tamén Laura nos adicou unhas verbas no libro de Lectuvín:

A BIBLIOTECA AGARDA POR TI - Outubro 2015

     O 24 de outubro é o Día da Biblioteca; pero como é sábado, hoxe venres aproveitamos para poñer en marcha a nosa biblioteca.

     Aquí vos deixamos un vídeo da nosa biblioteca para empezar as actividades con moita ilusión

 https://www.youtube.com/watch?v=Gh7qte88dJ8

 

DECORANDO AS VENTÁS DA BIBLIOTECA (16 - 10 - 2015)

Queremos empezar con alegría o novo curso na biblioteca,
e que mellor que decorar as ventás cuns libros tan ledos?
 
         
 
 
      
        
 

 

DÍA DA BIBLIOTECA (23 - 10 - 2015)

23/10/2015 11:00
Europe/Madrid

    Para conmemorar o Día da Biblioteca, este ano teremos na biblioteca do centro dúas actividades moi interesantes.

    Para os de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria; teremos unha sesión con Estefanía Padullés; autora e ilustradora de libros infantís como O desexo do gato Klops que xa está dispoñible na biblioteca.

   O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria participarán no taller: Como se fai un libro? no que durante unha hora coñecerán todas as fases polas que pasa un libro: dende a súa orixe na mente dun escritor ata que chega ás librarías.

 

Distribuir contido