2014/2015

Curso 2014/2015

RENOVACIÓN DAS MESAS DA BIBLIOTECA

Mirade que alegre loce a nosa biblioteca trala renovación das mesas!!

DÍA DA MULLER

08/03/2015 14:50
09/03/2015 15:50
Europe/Madrid

Como o Día da Muller é o 8 de marzo (domingo), conmemoraremos esta data o luns día 9.

Como membros do colectivo Lemos Le, adicaremos esta data á María Castaña.

DÍA DE ROSALÍA

24/02/2015 14:48
Europe/Madrid

Este día conmemoraremos o nacemento da escritora Rosalía de Castro

 

EXPOSICIÓN DE BANDA DESEÑADA: INÉS DE CASTRO

    Chegou ao noso centro para quedarse uns días; a exposición dos traballos de Banda Deseñada presentados o ano pasado ao Certame Mulleres de Lemos: Inés de Castro. Unha muller para o 8 de marzo.

    
    Recordámosvos que estes traballo están feitos por alumnos e alumnas de ESO que como nós, traballaron a figura desta muller o ano pasado para conmemorar o Día da Muller.
 
      Esperamos que vos gusten os seus traballos!!
 

CERTAME DE DEBUXO INFANTIL XXXV FEIRA DO VIÑO DE AMANDI

    Xa están presentados na Biblioteca Municipal de Sober os debuxos que os alumnos e alumnas fixeron para participar no Certame de Debuxo da XXXV Feira do Viño de Sober.

    Facendo clicl no seguinte libro dixital podedes ver o nome do alumnado participante e comprobar o fermosos que son os seus debuxos.

MOITA  SORTE  PARA  TODOS!!

XXXV FEIRA DO VIÑO

EU SON ROSALÍA: Adios ríos, adios fontes

  

      Participando na actividade Eu son Rosalía proposta desde a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) neste vídeo poderedes ver a nosa aportación ao Día de Rosalía. Intentamos achegar a súa figura recitando entre todos os nenos e nenas do colexio o poema Adios ríos, adios fontes

EU SON ROSALÍA

     Hoxe hai 178 anos do nacemento de Rosalía de Castro e ata Google lle adica o doole ao seu aniversario ademais de agasallarnos cunha recompilación escollida de recursos sobre esta autora.

 
"Adios ríos, adios fontes,
adios regatos pequenos;
adios vista dos meus ollos 
non sei cando nos veremos."
     
     Na seguinte web podedes encontrar moita información sobre ela e toda a súa obra
 
        E no seguinte enlace un dos seus poemas máis coñecidos: Adios ríos, Adios fontes interpretado por Amancio Prada
 
Para que poidades coñecer mellor a esta autora propoñémosvos esta actividade LIM elaborada polo equipo de biblioteca do CEIP Alexandre Bóveda:
 
    E agora que xa coñeces mellor a Rosalía; podes realizar a actividade Eu son Rosalía proposta desde a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG)   na que se trata de completar a frase Eu son Rosalía porque / cando / para...

 

DENDE O MAR Á FARMACIA

19/02/2015 15:14
Europe/Madrid

    María Isabel Nieto Prieto, farmacéutica en Sober; ofrecerá aos alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria unha charla científica sobre produtos naturais de orixe marítimo con actividade farmacolóxica: "Desde o mar á farmacia"

 

    A charla divulgativa irá seguida de diálogo, preguntas, curiosidades...do noso alumnado e dunha actividade práctica: elaboración de Sales de baño.

DESDE O MAR Á FARMACIA

     María Isabel Nieto Prieto, farmacéutica en Sober; ofreceu aos alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria unha charla científica sobre produtos naturais de orixe marítimo con actividade farmacolóxica: "Desde o mar á farmacia"

    Como traballo de investigación previo os alumnos tiveron que buscar información para respostar ás preguntas que María Isabel lles preparou. Se queres resolver ti tamén as preguntas fai click no seguinte enlace:

 

http://www.educaplay.com/es/recursoseducativos/1753288/html5/desde_el_mar_a_la_farmacia.htm#!

 

     Durante este charla divulgativa o alumnado tivo oportunidade de descubrir moitas datos sobre a investigavión en laboratorios, e a continuación puideron dialogar, preguntar, aclarar dúbidas...directamente coa nosa ponente.

 

 

     Tamén puideron levar a cabo unha actividade práctica: elaboración de Sales de baño para o que tiveron que seguir correctamente as nocións e as medidas indicadas por María Isabel tanto no proceso de elaboración como no envasado e etiquetado. 

 

 

 

 

 

 

DÍA DA PAZ - 2015

     A continuación podedes ver a reseña sobre a nosa celebración do Día da Paz que publicou o xornal La Voz de Galicia o sábado día 31.

Distribuir contido