2020/2021

CONTACONTOS POLA IGUALDADE - PEDRO BRANDARIZ (09-03-2021)

   O contacontos Pedro Brandariz estivo hoxe no colexio nunha actividade subvencionada polo Concello de Sober para sensibilizar ao noso alumnado na igualdade de xénero e na prevención das violencias machistas.

 
   

 

   "Non máis princesas" é un espectáculo no que Pedro Brandariz nos narrou 3 contos de Raquel Díaz Reguera: ¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?  no que se desmitifican os roles e os estereotipos de xénero, Cuando las niñas vuelan alto e Las niñas serán lo que quieran ser nos que as nenas acaban acadando os seus obxectivos superando todas as pedras que se encontran no camiño e que se van metendo nos seus zapatos para impedir que voen alto.

 
    A actividade realizouse en varias quendas para respectar todas as medidas e protocolos derivados do COVID-19.

 

   

 

MOITAS  GRAZAS  AO  CONCELLO  DE  SOBER   POR  ESTA  ACTIVIDADE!!

 

DÍA DA MULLER: EU VOU COMIGO (Adaptación) 8-03-2021

    Desde o centro queremos sumarnos á conmemorarión do Día Internacional da Muller  e traballar a  favor da igualdade de xénero e a prevención das violencias machistas facendo varias actividades ao longo da semana. 

 
   Este obxectivo entronca directamente co obxectivo 5 da Axenda 2030.
   

 

   Comezamos coa adaptación do libro  Yo voy conmigo  de Raquel Díaz Reguera feita polo alumnado de 1º e 2º de Primaria para reflexionar sobre a importancia de ser nós mesmos e a necesidade de non cambiar para agradar aos demais senon de querernos tal e como somos, cos nosos defectos e coas nosas virtudes porque para conmemorar este día hai que comezar por respectarnos e querernos a nós mesmos sen importar se somos do xénero masculino ou feminino. 

 

 

 

E agora que pensades?
 
Estades dispostos a cambiar a vosa forma de ser para gustar aos demais?
 
Vale a pena?
 
 

DÍA DE ROSALÍA: ¡PRA Á HABANA! (24-02-2021)

     Rematamos a semana dedicada a  Rosalía de Castro  co vídeopoema de  3º e 4º de Primaria: ¡Prá á Habana!  do libro  Follas Novas.

 
 

DÍA DE ROSALÍA: 5º E 6º PRIMARIA (24-02-2021)

 O alumnado de 5º e 6º de Primaria tamén na conmemoración do  Día de Rosalía .

 Os nenos e nenas de 5º de Primaria recitan  Tecín soia a miña tea  e os de 6º recitan  Cando penso que te fuches ; ambos poemas do seu libro  Follas Novas .

 

 

 

 

DÍA DE ROSALÍA: CAMPANAS DE BASTABALES (24-02-2021)

    Seguimos conmemorando o Día de Rosalía de Castro.

   Hoxe é a quenda do alumnado de 1º e 2º de Primaria que recitan o poema Campanas de Bastabales, sobre as ilustracións do libro: Antoloxía da Poesía Galega para nenos

 

 
 

DÍA DE ROSALÍA: A CLASE É UN GALIÑEIRO (24-02-2021)

   Para a celebración do Día de Rosalía de Castro nos centros de ensino a AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) propón a creación dun vídeo curto para coñecer, reinterpretar e difundir a obra de Rosalía.

     O lema proposto para as clases de infantil foi A clase é un galiñeiro... sobre unha pequena versión que o grupo The Lelli Kellies fixo dos versos finais do poema Vente rapasa (Cantares Gallegos) de Rosalía

 

 

 

  Aquí vos deixamos a nosa versión dos nenos e nenas de Educación Infantil coas súas fermosas cristas para que pasedes un rato divertido, descarguedes adrenalina e botedes unha gran risotada!!

COMANDAS DO MECO: XOVES Día da Nena e a Muller na ciencia (11-02-2021)

 

 

 INFANTIL  A

 
 

 INFANTIL  B
 

 
 
 
 1º  E  2º  PRIMARIA
 
 
 
 3º  E  4º  PRIMARIA
 

  

 

 5º  E  6º  PRIMARIA
 
 
 
 MESTRAS
 

 

COMANDAS DO MECO: MÉRCORES (10-02-2021)

 

 

 

 

Ademais hoxe tivemos un directivo de Pfizer no colexio, será que nos trae doses da vacina??

 
 
 

COMANDAS DO MECO: MARTES (09-02-2021)

 

 

 

       E seguimos compartindo máis detalles das batas e das identificacións do noso alumnado:

 

 

 

 

 

Distribuir contido