2017/2018

DÍA DE ROSALÍA - 2018

   O 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía xa que é a data do seu nacemento.
 

    Desde o centro fixemos dúas actividades; por unha banda, participamos no concurso de recitado poético "Rosalía sempre viva" convocado pola Casa-Museo Manuel María para alumnado de ensino non universitario.
 

   A fase de centros deste concurso celebrouse durante toda a semana, de xeito que todo o alumnado de primaria recitou poemas de Rosalía na biblioteca.  En breve, coñeceremos os nomes dos alumnos e alumnas que representarán ao noso centro na fase Final que se celebrará en Outeiro de Rei o sábado 10 de marzo.

 

   Tamén nos sumamos á proposta da AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) que ten como lema #AbrideAFiestra. Dentro de esta actividade, cada alumno fixo un debuxo sobre o poema de Rosalía que recitou para pendurar das fiestras e darlle visibilidade a súa  obra.  Ademais das fiestras do cole, algúns alumnos e alumnas colgaron os debuxos tamén nas fiestras das súas casas abrindo a obra da autora a un mundo e un tempo novo.

CERTAME DE CONTOS SOBRE ENTROIDOS TRADICIONAIS GALEGOS (Entroido 2018)

    Como sabedes, gústanos organizar certames de redacción e escritura de contos para que o noso alumnado mellore a expresión escrita.
 
   Neste certame o alumnado tiña que inventar un conto que estivese basado nalgún dos entroidos máis característicos de Galicia para o que tiñan que investigar primeiro sobre ese entroido.
 
    Hoxe, os contos gañadores foron lidos polos seus autores e, por suposto, non faltaron peliqueiros de Laza, pantallas de Verín, o oso de Salcedo e un montón de protagonistas máis...
 
 
NORABOA  AOS  AUTORES  QUE  ADEMAIS  LEVARON  COMO  AGASALLO
UN  PUNTO  DE  LECTURA  DE  LECTUVÍN!!

OS BIBLIOAXUDANTES CONTAN: ENTROIDO (9/2/2018)

Comezamos o día grande do entroido como non podía ser doutro xeito: lendo na biblioteca!

  Varios biblioaxudantes prepararon a lectura Urco e Teucro viven o entroido do libro O entroido do Colectivo "Ollo de sapo" na que os habitantes "dun país onde de pronto a xente que vivía aló esqueceuse de rir e non había nada que lle puidese dar risa" descobren o entroido que se celebra en Galicia.

 

A COUSA QUE MÁIS DOE DO MUNDO - Día da Paz 2018

    Este ano para conmemorar o Día da Paz, tomamos como eixe o libro O que máis doe do mundo de Paco Liván (OQO Editora)

 
  Algúns dos biblioaxudantes prepararon unha representación da historia con monicreques que eles mesmos fixeron.  A súa actuación foi todo un éxito e o resto do alumnado do colexio encantoulles.
 
 
    Tamén elaboramos un mural representativo cunha reflexión sobre a relación entre a mentira e a paz a partir das citas de H. Johnson e W. Churchill.
    Outro grupo de biblioaxudantes foi o encargado de ler esta reflexión e falarnos sobre o seu significado.
 
 
   Completamos o mural cun texto ou debuxo no que cada alumno do colexio, explicaba que era o que a el máis lle doía do mundo: a morte dun familiar, a perda dunha amizade, os insultos, as agresións físicas, as enfermidades, ...
 
E como recordo deste día os nenos e nenas levaron unha pomba da paz impresa en 3D
 

CONVIVENCIA CEIP A GÁNDARA: Reseña de prensa (25/1/2018)

Aquí vos deixamos a reseña de prensa de El progreso (25/1/2018) na que se recolle a convivencia do CEIP A Gándara co noso.
    Aínda que pola redacción da noticia parece que é algo novo, este tipo de actividades xa se vén desenvolvendo no colexio desde fai varios cursos.

CONVIVENCIA CEIP A GÁNDARA (23/1/2018)

   Hoxe recibimos no centro a visita dos nenos e nenas de 1º de Primaria do CEIP A Gándara de Monforte de Lemos cos seus profesores.
 
    Eles viñeron a coñecer o noso concello e visitaron o Centro de Olería de Gundivós e a Escola de Hostelería de Rosende
 
    Despois da visita, compartiron con nós o xantar e un taller de ilustración na biblioteca impartido por Iria Iglesias e Dani Viéitez de estudio Gnomo (autores, entre outros, da colección O raposo Rufo) no que aprendimos moito sobre a ilustración pero tamén houbo contacontos, aprendizaxe sobre a reciclaxe e reutilización de residuos e creación de personaxes propios que tomaron vida en forma de monicreques.
 
 
 
 
  E para que teñan un recordo desta día, os nosos visitantes levaron tamén uns marcapáxinas de Lectuvín impresos coa nosa impresora 3D.
ATA  PRONTO!!!
 

PRIMAVERA DAS LETRAS 2017 (15/01/2017)

   Acaba de chegarnos o diploma acreditativo da nosa participación no certame Contádenos o voso Día das Letras convocado pola Real Academia Galega dentro do Proxecto educativo Primavera das Letras.

  Este diploma viña acompañado dunha felicitación a toda a comunidade educativa  polo traballo feito a prol da difusión da figura e a obra de Carlos Casares e da nosa lingua e cultura.

PREMIOS CERTAME DE NADAL BPM (3/1/2018)

    Cada ano o alumnado do noso colexio participa no Certame de Postais e Poesía que convoca a Biblioteca Pública Municipal polo Nadal. Por iso, as nosas postais poden verse durante todas as vacacións de Nadal na BPM.
  A entrega de premios deste Nadal comezou coa actuación do grupo local O Trícole que nos agasallou con diferentes panxoliñas e Cantos de Reis.
   Despois o alcalde fixo a entrega de premios na que o colexio recibiu un premio á participación, consistente nun diploma e varios libros para a nosa biblioteca. Recolleron o premio algúns alumnos do centro que estaban presentes neste acto.
 

   Tamén obtiveron premios individuais varios alumnos tanto en postais como en poesía. No seguinte documento podedes ver a lista de premiados.

O acto foi publicado no Xornal El progreso do venres día 5 de xaneiro.

FELICITACIÓN DE NADAL

  Cos nosos mellores desexos para estas festas e para o próximo ano, o Equipo de Biblioteca e toda a Comunidade Educativa do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme; elaboramos esta felicitación coa panxoliña "Vuela, vuela esa estrella".

Unha felicitación na que non podía faltar a biblioteca xa que como a letra da panxoliña di:
 "Os deseamos una navidad llena de hermosas historias que contar"
 "y recordad, que la imaginación es el mejor de los regalos"   
 

CERTAME CONTOS DE NADAL - 2017

Aquí tedes as historias gañadoras do Certame Contos de Nadal.
    Os autores destes contos, léronnos as súas historias na biblioteca o último día de clase para dar por rematadas as actividades da biblioteca neste trimestre.
 
Distribuir contido