2012/2013

VISITA DOS REIS MAGOS (Nadal 2012)

A través do programa "Lingua de Reis" organizado polo Servizo Galego de Normalización Lingüística e o Concello de Sober, os nenos do colexio e do PAI recibirón na biblioteca do noso centro a visita das súas maxestades de Oriente que viñan a recoller as cartas de tódolos nenos e nenas.

Os reis explicáronlles aos nenos que poden escribirlle en calquera idioma xa que eles entenden todas as linguas e, como non, o galego tamén.

VIsita dos reis

VER AS IMAXES DOS REIS RECOLLENDO AS CARTAS DE CADA NENO

HALLOWEEN 2012

Outro ano máis celebramos no colexio a tradición de Halloween que é a noite do 31 de outubro, pero no colexio celebrámola pola tarde porque non queremos levar moito medo.

Durante toda a semana celebramos o concurso de cabazas que este ano foi espectacular. As cabazas cada vez son máis bonitas e elaboradas ademais de orixinais, temos uns nenos e nenas moi traballadores!


Pola tarde, os nenos de 3º ciclo representaron o conto Corre, corre cabaciña (Eva Mejuto. Ed. OQO) para o resto do colexio. Aos nenos e nenas gustoulles moito, sobre todo aos de Infantil que o pasaron moi ben.


Para rematar, fixemos un obradoiro de tarxetas - sobre con forma de cabaza que despois enchemos de terroríficas chuches.

VER IMAXES

DÍA DA BIBLIOTECA (24-10-2012)

O día 24 de outubro é o Día da Biblioteca, a nosa biblioteca e tódalas bibliotecas están de festa porque é o seu día.

Para celebralo, a Consellería de Educación ven editando a comezos de cada curso un cartel para difundir o modelo de biblioteca sobre o que se está a traballar para potenciar as bibliotecas escolares, xa que pos estas bibliotecas pasan tódolos nenos e nenas en idade escolar.


Nós, na nosa biblioteca escolar,organizamos en colaboración coa Biblioteca Municipal do noso concello, unha sesión na que lemos un manifesto en favor das bibliotecas. Ademáis cada neno/nena explicará cal é o seu conto preferido e debuxará aos protagonistas en globos que despois decorarán á biblioteca.

día da biblioteca

VER MÁIS IMAXES

MANIFESTO DE BENVIDA Á INAGURACIÓN (Alumnos de 6º Primaria)

Benvidos á inauguración da nosa Biblioteca Escolar!!

Invitámosvos hoxe a esta inauguración porque queremos facervos partícipes, como membros que sodes da comunidade educativa, das nosas alegrías xa que estamos moi orgullosos e ledos dos cambios que levamos a cabo nesta biblioteca grazas ao noso esforzo, ao dos nosos profesores e ás achegas económicas recibidas desde o plan Lía.

Agora esta biblioteca é un espazo máis dinámico onde poderemos introducirnos en fantásticas e fabulosas aventuras a través dos libros e da súa lectura, libros cheos de historias que alimentarán o noso maxín, pois a lectura é, sen dúbida, unha porta xigante ao mundo e ao coñecemento.

Mural niña leyendo

 Ademais tamén podemos realizar nesta nosa biblioteca, outro tipo de actividades xa que temos á nosa disposición diferentes xogos de mesa, un recuncho lector, un recuncho multimedia no que utilizar os ordenadores, visionar vídeos ou escoitar música e un encerado dixital no que traballar de modo máis dinámico e motivador os contidos das diversas áreas educativas.

  Sen máis, presentámosvos ao que será a mascota da biblioteca; un ácimo de uvas lector que representa ao noso concello e ao espírito desta biblioteca. E por certo, non ten nome, polo que a primeira actividade que propomos e buscárllelo entre todos así que durante esta semana agardamos que nos acheguedes as vosas propostas.Ácimo de uvas lector

E a segunda actividade é escoitar e gozar coas historias e contos que este membros da asociación O colado do vento nos van a narrar.

Moitas grazas pola vosa presenza e esperamos vervos por aquí de vez en cando.

Alumnos de 6º

                                                                                                                     Os alumnos e alumnas de 6º

                                                                                                                                12 - 12 - 2012

INAGURACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Hoxe día 12 de decembro de 2012 tivemos no colexio de Sober o acto de inauguración da nova biblioteca escolar.

Dende hai tempo profesores e alumnos estivemos traballando na remodelación da biblioteca e hoxe celebrámolo cunha festa na que os membros da asociación cultural O colado do vento nos cantaron varias cantigas tradicionais.

Os nenos do colexio debuxaron unha mascota e, como non podía ser doutro xeito ten forma de ácimo de uvas lector. Eso sí, aínda non ten nome, así que esperamos que nos axudedes a encontrarlle un pronto.

Ácimo de uvas lector

Ademais, neste acto acompañáronnos o Sr. alcalde de Sober, a bibliotecaria da biblioteca municipal e varios pais e nais de alumnos que levaron como recordo deste día un marcapáxinas coa nosa mascota e unha fermosa cita de G. Grass:

"Comezo a ver nenos e nenas fartos de televisión e aburridos de xogos informáticos que se illan cun libro e se deixan levar pola historia narrada... porque non hai un espectáculo máis fermoso que a mirada dun neno que le"

G. Grass

"Literatura e historia"

VER  MÁIS  IMAXES

Distribuir contido