2020/2021

DÍA DO LIBRO: APADRIÑAMENTOS LECTORES (23 - 04 - 2021)

     Unha das actividades que facemos para conmemorar o Día do Libro desde fai varios anos (agás o ano pasado que tivo que ser de modo virtual) e que ademais é unha preferidas do noso alumnado, é a dos apadriñamentos lectores.

       Nestes apadriñamentos, @s biblioaxudantes organízaronse en catro grupos  que se repartiron polo colexio con candanseu libro para lerlles ao resto do alumnado que tamén dividido en 4 grupos (un por aula burbulla para que non houbera interacción entre eles e desinfectando e ventilando entre cada grupo) foron percorrendo a senda dos libros.
 
     Na biblioteca estaban Lucas Rodríguez e Zaira contando  O oso e o piano  de David Litchfield (Hércules Edicións); unha historia na que o oso acada fama e fortuna como pianista arredor de todo o mundo, pero aínda así botaba de menos aos seus amigos e á familia que deixara atrás.
 
 
 
   No corredor principal esperábannos Pau, Pilar e César para lernos  Mabel y la montaña  de Kim Hillyard(Ed. Bruño), a fantástica aventura da mosca Mabel que soña con escalar montañas e realizar grandes planes aínda que as demais moscas a desanimen.
 
 
   

 

   Ao chegar ao Salón de actos, Lucía e Brais tíñan preparado un teatro de monicreques para contarnos a divertida e irónica viaxe dun rato que esta farto da súa vida aburrida: Rato en fuga de Miguel Ordóñez (Ed. Kalandraka)

 

 

   E para rematar, na entrada principal, Jorge, Paula e Hugo esperaban para contarnos co Kamishibai   Por que hai pedras no fondo do río?  que é un simpático conto africano encadenado no que ninguén quere ter a culpa así que a pedra coa que comeza a historia pide que a tiren ao fondo do río e a deixen tranquila.

 

 FELIZ  DÍA  DO  LIBRO!!!

 

CREAcción Día do Libro (23-04-2021)

   Desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia promoveron a realización de accións creativas para conmemorar o Día do Libro baixo o lema CREAcción.

 

   Para participar nesta campaña @s biblioaxudantes de 4º de Primaria gravaron dous poemas audiovisuais coa técnica de stopmotion e elaboraron os diferentes recursos: o grilo está impreso en 3D e pintado (Cricket by cerberus333), a gaiola está feita con tabliñas e escarvadentes, colorearon e decoraron a torre e os personaxes para que tivesen relevo...

 

 

 

 
 
 

 

   Esperamos que vos gusten!!

 

 

 

Música de fondo: 

http://recursostic.educacion.es/bancoimagenes/web/

https://incompetech.com/music/royalty-free/music.html

 

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Pilar (23-04-2021)

 

As familias contan tamén se suman á conmemoración do Día do Libro coa familia de Pilar.

 

    Maite e Pili  deixáronnos gravados varios capítulos do libro  Non te cases, papá!  de Fina Casalderrey que iremos compartindo un a un.

 

GUSTOUVOS?

QUEREDES  ESCOITAR COMO SEGUE A HISTORIA? 

NON VOS PREOCUPEDES, CONTINUARÁ...

 

UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA: Día do Libro (23-04-2021)

     O alumnado de Infantil traballou o conto  Unha eiruga moi larpeira  de Eric Carle para conmemorar o Día do Libro e despois fixeron uns coloridos puntos de lectura que representan a esta eiruga que pasa todo o conto comendo ata que ao final se transforma nunha fermosa bolboreta.

 

Versión do conto: Nieves mf

 

DÍA MUNDIAL DO TEATRO (27/03/2021)

    En 1961 o Instituto Internacional do Teatro (ITI) declarou o 27 de marzo como Día Mundial do Teatro co fin de reforzar a importancia deste xénero literario que transmite tantas emocións.

 

    Para saber algo máis deste xénero comezamos polo seu propio nome "teatro" que procede da palabra grega theatron que significa "lugar para contemplar", un lugar no que os actores e as actrices nos fan rir, chorar, reflexionar...

 

  Desde a biblioteca queremos celebrar este día, cunha pequena obra de teatro radiofónico baseada no libro "Xa vooooou" de Susana Peix (Ed. Bululú) e interpretada polo alumnado de 3º e 4º de Primaria.

 

 

FELIZ  DÍA  DO  TEATRO!!

 

 

PREMIOS CERTAME DE NADAL - 2020

   Aínda que xa estamos en marzo, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade acaba de entregar os premios aos gañadores do certame de Poesía de Nadal que convoca a Biblioteca Pública de Lugo, en colaboración con outras bibliotecas públicas da provincia.

 

   No centro estamos de noraboa xa que a nosa alumna Candela Fernández Rodríguez, gañou o 3º Premio na categoría ata 8 anos e Brais Rodríguez Álvarez quedou 1º na categoría de 9 a 11 anos.

    A Xunta publicará un libro con todos os poemas premiados e ademais, cada un dos gañadores recibiu como regalo un lote de libros e unha figura de Sargadelos.

 

 

NORABOA   PEQUES!!!

 

DÍA DA POESÍA (21-03-2021)

    O día 21 de marzo, conmemórase o DÍA  DA  POESÍA. Unha proposta da Unesco coa finalidade promover a súa ensinanza, crear unha imaxe atractiva dela e fomentar a expresión e tradición oral.

 

   Desde a biblioteca traballamos diferentes tipos de poesía. 

   O alumnado de 1º e 2º de primaria traballou co libro  Poesía. El primer libro de poemas escrito por ti  de Mª Isabel Sánchez Vegara e Elisa Munsó Griful.

 

 

   En 3º e 4º escribiron poemas diamante, podedes ver no enlace o titorial para saber como se fan e no libro despregable as súas creacións.

 

 

Os maiores, xs alumnxs de 5º e 6º de primaria, fixeron uns pomas autobiográficos, se os ledes coñeceredes moitas cousas deles.

 

 

FELIZ  DÍA  DA  POESÍA!!!

 

SEMANA DA MULLER 2021: INVESTIGAMOS (6º Primaria)

   Esta é a última entrada deste ano dos programas radiofónicos de divulgación que os/as alumnos/as fixeron sobre as investigacións de biografías de diferentes mullerer que destacaron polo seu papel en calquera eido: política, deporte, ciencia, arte...

 

  Para acceder aos programas nos que escoitaredes os resultados das súas investigacións, clickade no nome das mulleres correspondentes:

MARÍA WONENBURGER (Paula Sánchez)

 

EXERIA (Brais Rodríguez)

 

 
OLIMPIA VALENCIA (Jorge González)

 

 
LOLITA DÍAZ BALIÑO (Zaira Salgado)
 
 
 
ANTONIA  FERRÍN (César A. Durán)

 

SON  OU  NON  SON  IMPORTANTES  ESTAS  MULLERES?

COMPROBADE  OS  VOSOS  COÑECEMENTOS  ACCEDENDO  ÁS  PROBAS  DA  AULA  VIRTUAL.

AS  NOSAS  INVESTIGACIÓNS: DÍA DA MULLER

FONTES  DE  INVESTIGACIÓN:

https://es.wikipedia.org

RODRÍGUEZ, A. (2018) Pioneiras. Ed. Xerais

RODRÍGUEZ, A. (2019) Pioneiras 2. Ed. Xerais
 
 
 

 

SEMANA DA MULLER 2021: INVESTIGAMOS (5º Primaria)

   Seguimos compartindo os programas radiofónicos de divulgación que elaboraron os/as alumnos/as de 3º a 6º de Primaria sobre as investigacións de biografías de diferentes mulleres que destacaron polo seu papel en calquera eido: política, deporte, ciencia, arte... 

  Recordámosvos que clickando nos nomes das mulleres escollidas poderedes acceder aos programas nos que escoitaredes os resultados das súas investigacións.

ÁNGELES  ALVARIÑO (Lucas Rodríguez)

 

 ISABEL  BARRETO  DE  CASTRO (Hugo Fernández)

 

 
MARÍA  PITA (Pau Bech)
 
 
 
MARÍA CASARES (Lucía Rodríguez) 
 
 

EMILIA  PARDO  BAZÁN (Pilar Vence)

 

PARECÉRONVOS  INTERESANTES  ESTAS  MULLERES?

COMPROBADE  OS  VOSOS  COÑECEMENTOS  ACCEDENDO  ÁS  PROBAS  DA  AULA  VIRTUAL.

AS  NOSAS  INVESTIGACIÓNS: DÍA DA MULLER

 

FONTES  DE  INVESTIGACIÓN:

https://es.wikipedia.org

RODRÍGUEZ, A. (2018) Pioneiras. Ed. Xerais

RODRÍGUEZ, A. (2019) Pioneiras 2. Ed. Xerais
 
 

SEMANA DA MULLER 2021: INVESTIGAMOS (3º e 4º Primaria)

   Para conmemorar o Día da Muller e a Semana na Prensa, os alumnos/as de 3º a 6º de Primaria repartidos en grupos, gravaron varios programas radiofónicos de divulgación sobre as investigacións de biografías de diferentes mullerer que destacaron polo seu papel en calquera eido: política, deporte, ciencia, arte...

   Clickando nos nomes das mulleres escollidas poderedes acceder aos programas nos que escoitaredes os resultados das súas investigacións.

 

WILMA  RUDOLPH  (Darío, Libertad, Javier e Carlota) 
 
 

BOUDICA  (Diego, Yanira, Lucas Fernández e Iria)

 

 

MARIE CURIE  (Gissela, Gareth, Germán e Mencía)

 

MALALA YOUSAFZAI  (Valeria, Susana , Naím e Cristian)

 

CANTO APRENDÉSTEDES  DESTAS  MULLERES?

COMPROBADE  OS  VOSOS  COÑECEMENTOS  ACCEDENDO  ÁS  PROBAS  DA  AULA  VIRTUAL.

 AS  NOSAS  INVESTIGACIÓNS: DÍA DA MULLER

 

 

 

FONTES  DE  INVESTIGACIÓN:

https://es.wikipedia.org

RODRÍGUEZ, A. (2018) Pioneiras. Ed. Xerais

RODRÍGUEZ, A. (2019) Pioneiras 2. Ed. Xerais

 
 
Distribuir contido