2015/2016

PREMIOS DO CERTAME DE DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2016

    Luis Fernández Guitián, alcalde do noso Concello; foi o encargado de entregar os premios do Certame de Debuxo Infantil Letras Galegas 2016.

    Os premios outorgados polo xurado por categorías foron os seguintes:

 CATEGORÍA A (ata 8 anos)

1º Xosé Senén Hernández Rodríguez

2º Laura Gómez Grande

3º Pablo Pérez Freire

   

 

CATEGORÍA B (de 9 a 11 anos)

1º Herbert Trail Bates (non presente na entrega)

2º Loïc Carvalho Rogao

3º Héctor Fernández González

 

 

CATEGORÍA C ( a partir de 12 anos)

1º José Manuel Fernández

2º Lisbeth Sánchez Díaz

3º Marco Martínez Rodríguez

   

 

NORABOA  A  TODOS  OS  PREMIADOS!!

 

PROXECTO SEMENTEIRA

   Outra das actividades realizadas para conmemorar o Día das Letras Galegas foi o PROXECTO SEMENTEIRA no que o alumnado do noso centro, do IES A Pinguela e os adultos usuarios da BPM de Sober, elaboraron caligramas sobre diferentes poemas de Manuel María.

    Estes caligramas están expostos no instituto, no noso centro e na Praza do Concello coa intención de facer aínda máis visble a figura deste poeta chairego.

 

    

     

O BIGOTE DE MIMÍ (Luis Valecillo)

    Hoxe na biblioteca tivemos un espectáculo musical, unha adaptación do artista Luis Valecillo do libro "O bigote de Mimí" de Manuel María.

    Foi unha actuación moi interesante xa que con esta adaptación os nenos e nenas puideron gozar de música, de títeres e da propia historia:
  
 
 
   
 

No seguinte vídeo podes recordar unha das cancións da actuación:

EXPOSICIÓN MANUEL MARÍA

     En colaboración coas biblioaxudantes de hoxe, estivemos a preparar a exposición sobre Manuel María no corredor principal do noso centro que quedou así de interesante:

 

O BIGOTE DE MIMÍ

13/05/2016 14:30
Europe/Madrid

14:30 HORAS

CONCERTO DE LUIS VALECILLO

"O  BIGOTE  DE  MIMÍ"

CANTA BICHERÍA!!

   Como cada ano, o alumnado de Primaria participa desde o centro no Certame de Debuxo das Letras Galegas convocado pola Biblioteca Pública Municipal de Sober.

 
     O tema proposto este ano pola Biblioteca Nodal de Lugo foi CANTA BICHERÍA!! e no seguinte vídeo podedes ver as propostas dos nosos nenos e das nosas nenas.
 
https://www.youtube.com/watch?v=DY16bRvrxEc
 
MOITA  SORTE  A  TODOS!!

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Herbert e Uxía

    Con Helena, a mamá de Herbert e Uxía; tivemos unha novidade moi interesante nesta actividade: contancontos en inglés!! or Story tellers in English!!

 
 

   Para que o alumnado puidese seguir o conto sen perderse, o primeiro foi presentar aos personaxes: a little yellow dog (Herbert), a ginger cat (Uxía) and a bad rabbit.

 

    E tamén un pouco de vocabulario importante na historia: a favourite chair (a cadeira favorita) and share (compartir).

  E tras estas aclaracións, empezou o conto escenificado por Uxía e Herbert mentres Helena narraba. Foi moi interesante; sobre todo a ensinanza que nos deixou: LEARN TO SHARE!!
 
 
 
Moitas grazas pola vosa colaboración coa biblioteca; para nós tamén foi un pracer!!
 

CONTACONTOS: MARÍA DE PONTRAGHA

     A través do Consorcio Editorial Galego, hoxe estivo con nós a contacontos María da Pontragha, unha educadora moi vinculada á tradición oral tanto a través da música como da palabra, que veu ao noso cole a deleitarnos con varios contos.

     Foron historias cheas de humor e a verdade é que os nenos e nenas estiveron atentísimos e que os contos lles encantaron!

    Ata foi quen de resucitar ao noso compañeiro que tras recibir "unha soa pinga de xarope, nin dúas, nin tres nin media...unha soa pinga!!" voltou á vida!
 
 Moitas grazas María!
 

DÍA DO LIBRO

   O Día Mundial do Libro, o 23 de abril, unha das datas máis significativas do calendario nas bibliotecas. 

 
    Coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita un pequeno díptico cun texto orixinal agasallo dun autor ou autora galega. Desta vez, o texto co que celebramos o Día do Libro é de Pedro Feijoo, un dos creadores galegos máis lidos nos clubs de lectura dos centros de ensino, quen afirma con rotundidade no seu texto Os libros son para valentes: "... eu tamén sei que para cada un de nós hai un libro. Un que nos explicará como é que funciona isto de vivir, como se sae adiante, como se avanza. Ou polo menos como poñerlle o rabo ás cereizas..." 
 
 
     Estes dípticos repartíronse entre o alumnado de Primaira, mentres que os alumnos de educación Infantil fixeron para sí, outros realmente monstruosos:

400 ANOS DESPOIS - CERVANTES Vs SHAKESPEARE

  A través do Programa Cultura no Camiño, o Concello de Sober ofreceunos a seguinte sesión de animación á lectura adicada ao Día do Libro:

 
    Nesta actividade o alumnado puido disfrutar con Caxoto Contacontos das aventuras e desventuras de Don Quixote e de moitas outras aventuras de cabaleiros; coma os cabaleiros do Rei Arturo
 
 
 
 
 
    A continuación podedes ver un poquiño da actuación. Neste caso, un vídeo-conto con cantiga no que un neno quería ir a cazar leóns; publicado polo Concello:
https://www.facebook.com/concello.desober/videos/959151370872923/
 
   Antes de marchar, Caxoto - Cervantes, adicounos unhas verbas no noso libro de biblioteca:
  
 

   A reseña desta actividade saíu publicada en El Progreso do día 22/04/2016:

Distribuir contido