2013/2014

Curso 2013/2014

POSTAIS DE NADAL

    O pasado venres, os nenos e nenas do colexio que acudiron á Biblioteca Municipal, recolleron un premio pola súa participación no certame de postais de Nadal.

    Estas postais foron elaboradas dentro do programa Voz Natura con materiais de refugallo e reutilización.

    As postais de Infantil foron elaboradas con restos de papeis de cores, botes de iogur e plastilina que estaba mesturada. Con estes materiais fixéronse unhas árbores de Nadal nas que os nenos escribiron as súas mensaxes. Por estas postais recibiron un xogo de pezas.

postais - árbores de infantil    Postais e agasallo

    As postais de 1º ciclo foron feitas con botóns que os nenos e nenas trouxeron das súas casas. Como premio levaron un xogo de parchís xigante.

botóns  postais de 1º ciclo

Postais e agasallo

    Por último, as postais de dos nenos e nenas de 2º ciclo que foron elaboradas con restos de papeis de cores troquelados en forma de círculo. Con estes círculos fixéronse as árbores de Nadal que adornaban as postais. O seu agasallo foi un puzzle.

troqules  POstais

Postais e agasallo

20 NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NENOS

    O 20 de novembro de 1989, a ONU (Organización de Nacións Unidas) aprobou a Convención sobre os Dereitos do Neno. Desde que este documento se aprobou, xa son 191 países os que o ratificaron xa que todo o mundo se decatou de que é sumamente importante protexer aos nenos e ás nenas.

    No seguinte mural elaborado por nenos e nenas do noso centro podedes ver reflectidos algúns dos dereitos que se lle recoñecen:

Dereitos dos nenos

   Se queredes consultar o texto desta convención podedes pinchar no seguinte enlace:

Convención dobre os dereitos do neno

 

DOAZÓN DE LIBROS E CREBACABEZAS

    Dende o Equipo de Biblioteca, queremos dar as grazas a Herbert, Uxía e a súa familia pola doazón de libros e crebacabezas que fixeron á nosa Biblioteca.

MOITAS  GRAZAS!!

Herbert e Uxía cos libros donados

HALLOWEEN - SAMAÍN 2013

  Como cada ano, convocamos un certame de cabazas e outros obxectos terroríficos entre @s nos@ alumn@s e como podedes ver, tivo moito éxito. Nestas imaxes veredes como se foi enchendo tanto o espacio que tiñamos adicado as cabazas que tivemos que amplialo.

HALLOWEEN   exposición de cabazas

Se queredes ver cada neno ca súa cabaza (e merece a pena porque algunhas son espectaculares) podedes facer click na seguinte imaxe e verédelas todas

    Ademais este ano Halloween estivo adicado ás arañas. Para facer as nosas arañas necesitamos o seguinte material: bolas de porexpán, esponxas de baño, ollos, limpapipas vermello e unhas luvas usados.

materiais

    Das esponxas fixemos as patiñas pintándoas de cor negra; e coa media bóla de porexpán tamén pintada de negro, as cabezas cos seus olliños e a súa boquiña. Despois pegámolo todo na luva e xa temos unha terrorífica araña de Halloween.

pintando de negro  patiñas e cabeza pintada  araña

    Pola tarde, fixemos unhas actuacións con estas arañas:

- @s nen@s de Infantil cantáronnos a canción de Wincy Wincy araña;

- Os de 1º ciclo dramatizaron unha adaptación de La araña Cucufata,

- Os de 2º ciclo fixeron a través da biblioteca un certame de historias terroríficas de arañas; e dramatizamos un par delas que realmente daban moito medo, La mansión encantada (Manuel, Aroa e Paula) e Imos de voda (Lisbeth e Laura R.)

 

- E os do 3º ciclo tamén a través da biblioteca fixeron un traballo de investigación sobre as arañas que logo nos expuxeron na biblioteca a través das marionetas e co que @s nen@s do cole aprenderon moito. Vos sabíades que as arañas se distinguen dos insectos por exemplo no número de patas? Pois podedes aprender isto e moito máis lendo a súa investigación no arquivo adxunto

Todos os nenos

 

HAPPY  HALLOWEEN

E

FELIZ  SAMAÍN

LIBROS QUE VAN E VEÑEN

    Aproveitando o Día da Biblioteca, poñemos en marcha "Libros que van e veñen", unha iniciativa encadrada no programa "Hora de Ler" para o fomento da lectura que tenta implicar ás familias dos alumnos nas actividades da Biblioteca.

    Como este aspecto parecénos moi importante á hora de potenciar a lectura entre os nosos nenos e nenas; quixemos que o noso centro participase nesta iniciativa.

    Así que a partir de agora cando vexades un neno con esta mochila, saberedes que se trata dun neno lector que leva un libro da biblioteca para ler na súa casa ca súa familia.

Libros que van e veñen

CELEBRACIÓN DO DÍA DA BIBLIOTECA (Biblioteca do cole, PAI e Biblioteca Pública Municipal)

Ler ciencia na biblioteca

Ás 12:15 na Biblioteca do C.E.I.P. Virxe do Carme, celebramos o Día da Biblioteca realizando as seguintes actividades: 

Para empezar, Julia (a bibliotecaria de Sober) contounos que era iso do Día da Biblioteca e deunos algúns consellos para ter en conta cando imos a biblioteca.

Julia

       A continuación, os nenos do 3º ciclo foron os encargados da  lectura do pregón escrito este ano por Laura Gallego García, un pregón no que se nos conta a historia dun pobo no que non había libros.

        Se queredes averiguar o que acontece neste pobo podedes sabelo descargando o arquivo adxunto.

Nenos do 3º Ciclo

        Despois os nenos e nenas de 2º e 1º ciclo e os de Infantil, recitáronnos unhas poesías sobre a finalidade da Biblioteca escolar e os motivos polos cales asistir a ela. Estas poesías foron escritas por Anuncia, unha mestra xubilada do colexio de A Gándara.

nenos do 2º ciclo  1º ciclo e Infantil

               Ademais fixemos unha adaptación sobre o cartel feito por El Roto para a conmemoración deste día, coloreando libros como se fosen as estrelas do universo da lectura. Nestas fotos podedes ver todo o proceso de adaptación do cartel. Mirade que ben nos quedou:

Cartel Día do Libro  coloreando libros  Nenos do PAI

Foto de grupo

        Para rematar confeccionamos uns marcapáxinas tomando como base as pegatinas de presentación de Lemos? Aquí tedes algúns dos modelos que fixeron os nosos nenos e nenas:

Marcapáxinas

     Pero que é Lemos? Pois Lemos? é un conxunto de persoas e entidades que temos como finalidade potenciar á lectura e o uso das bibliotecas na comarca de Lemos e S. Clodio. Está integrado por bibliotecas escolares como a nosa, bibliotecas municipais e a Asociación de Libreiros de Monforte.

      Aínda que xa fixemos e publicamos varias cousas desde este colectivo, podemos dicir que a súa posta de largo fíxose neste día tan sinalado para os lectores cunha cea a que asistimos unha morea de persoas incluído o noso alcalade Luis Fernández Guitián

      E que credes que presidiu a cea - presentación? Pois o noso cartel!!

Cea presentación

        Aquí vos deixamos tamén as reseñas periodísticas que saíron publicadas en referencia á nosa celebración:

EC  Xornal En Común

Xornal En Común

 

DÍA DA BIBLIOTECA

24/10/2013 12:15
24/10/2013 13:15
Europe/Madrid

BIBLIOTECA  PÚBLICA  MUNICIPAL  DE  SOBER  E

BIBLIOTECA  DO  C.E.I.P.  VIRXE  DO  CARME

Ás 12:15 Na Biblioteca do C.E.I.P. Virxe do Carme, celebraremos o Día da Biblioteca coas seguintes actividades: 

-         lectura do pregón escrito este ano por Laura Gallego García,

-         exposición do cartel feito por El Roto para a conmemoración deste día,

-         adaptación do cartel polos nenos e nenas do colexio

-   presentación de Lemos, un conxunto de persoas e entidades que teñen como finalidade potenciar á lectura e o uso das bibliotecas na comarca de Lemos e S. Clodio. Está integrado por bibliotecas escolares e municipais e a  Asociación de Libreiros de Monforte.

-         confección de marcapáxinas e reparto de pegatinas.

Durante toda a tarde, continuará a conmemoración deste día na biblioteca municipal. Os usuarios que se acheguen ata ela, recibirán un agasallo para lembrar esta data do 24 de outubro.

Distribuir contido