2º ciclo

Exposición ARGALLAR - 3º e 4º Primaria

Outubro 2019

Este xoves, día 17 de outubro, os alumnos e as alumnas de 3º e 4º de Primaria visitaron ARGALLAR, unha exposición para xogar coa arquitectura.

Esta exposición realízase na Cidade da Cultura e nela puideron construír e reconstruír con posibilidades infinitas e ilimitadas a través do xogo.

  

  No seguinte enlace podedes atopar máis información sobre a exposición.

Reunión inicio de curso 3º e 4º Primaria

01/10/2019 16:30

martes 1 de outubro, ás 16:30, terá lugar no salón de actos do CEIP Plurilingüe de Sigüeiro unha reunión informativa coas familias do alumnado que cursa 3º e 4º de E. Primaria

Agardámosvos.

Construíndo o noso propio Planetario

Hoxe toca manipular, comezamos coa construcción do noso propio Planetario. Atendemos ben ás indicacións do profe e mans á obra. 

 

O Sistema solar

Despois de rematar cos cohetes, comezamos cun tema grandioso e apaixoante. Hoxe falamos do Sistema Solar, e canto máis aprendemos máis parece que nos falta por descubrir. Canto tarda cada planeta en dar unha volta arredor do sol? A Terra 365 días pero Xúpiter case 12 anos! E sobre o movemento de rotación, canto tarda cada planeta do sistema solar en dar unha volta sobre si mesmo? ou o que é o mesmo, canto dura un día en cada un dos planetas? Que curioso, por exemplo en Mercurio, o planeta máis cercano ao sol, un día dura tanto coma 58 dos nosos días. Canto nos queda por aprender!

   

 

Escape Room

Outra das experiencias que desenvolveron as alumnas de prácticas do Máster DIDES da USC durante o pasado mes de abril foi un "Escape Room" educativo con retos STEAM.

Primeiro, ambientouse a aula en función da temática seleccionada pola maioría. Harry Potter foi o elexido!

  

Despois foron pasando pola aula en equipos cooperativos de 10 alumnos/as. Para saír había que superar catro retos de lóxica, matemáticas, ciencia... Cada desafío proporcionaba un díxito que abría un candado na proba final. Soamente conseguiron sair os que superaron todos os retos. Para iso precisábase moito diálogo, cooperación e, sobre todo, traballo en equipo. Iso si, tanto os que o lograron coma os que non, encheron as súas mochilas de aprendizaxes e levarán sempre a experiencia.

  

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Escape Room

A Idade Media

Os alumnos/as de 3º e 4º de Primaria está traballando a Idade Media.

Mirade todo o que saben deste período histórico:

 

SIGmakers: mBots, ozobots e... impresión 3D!

Esta semana estanse levando a cabo as II Xornadas de programación, robótica e impresión 3D; desenvolvendo así as liñas do Contrato Programa de "Mellora da competencia matemática e ciencia e tecnoloxía".

Onte, luns, tocoulle o turno aos de 3º e 5º de Primaria, que experimentaron coas posibilidades dos mBots.

  

Hoxe, martes, obradoiros de impresión 3D con 4º e 6º de Primaria.

  

E o xoves máis sesións de programación de ozobots con 1º e 2º de Primaria.

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Robótica primaria

ANALIZANDO E CORRIXINDO ERROS

Hoxe toca analizar e corrixir os erros que se deron no lanzamento e voo dos cohetes. Para iso anotamos nunha táboa os datos observados; lonxitude alcanzada, altura e dirección do voo, problemas ... "O noso cohete tiña o cono da punta imperfecto e non voou recto, fixo un xiro e desviouse cara o campo de fútbol" "O noso tiña un alerón diferente aos outros e iba dando voltas mentres voaba"...

  

Agora, mans ao traballo, hai que corrixir e introducir as modificacións oportunas para lograr un voo perfecto. 

  

O vindeiro día a probar de novo!

Chegou o día...

Por fin chegou o día tan esperado por todos/as no Club de Ciencia. O día no que iamos lanzar os foguetes que con tanto mimo construimos as semanas previas e, o máis importante, comprobar as nosas hipóteses. 

*Máis fotos facendo clic na imaxe.

3, 2, 1... Un lanzamento perfecto!

Ata superaron as nosas estimacións en canto á lonxitude percorrida!

Pero agora toca seguir investigando, analizando os erros, estudando o percorrido e a altura que alcanzaban os proxectís (que non sempre foi en liña recta nin a mesma), buscando as causas e propoñendo melloras.

COHETES REMATADOS!

Hoxe estivemos rematando os cohetes. Só nos queda probalos! Nalgúns cometemos erros e levan certos fallos. Uff, este leva as ás ao revés, voará? Hipótesis.... O vindeiro mércores saberemos se todos voan e descubriremos como funcionan. Estivemos facendo cábalas sobre a distancia que voarán: 4 m, 5 m, 10 m, 12 m... e ata alguén dixo 40 m.  O vindeiro mércores saíremos de dúbidas, poderemos comprobalo no patio.