2º ciclo

COCIÑANDO FRACCIÓNS!

Que son as fraccións? Pois iso estivemos aprendendo... Cociñamos identificando e comparando estes números racionais. Buscamos as representacións equivalentes e descubrimos as distintas descomposicións da unidade. Moi divertido!

 

 

 

SAÍDA AO AUDITORIO DE GALICIA.

Hoxe os nenos e nenas de 3º A, 3º B e 3º C de Educación Primaria,  asistimos no Auditorio de Galicia, ao concerto didáctico ``Mini Mozart´´. Aprendemos moito sobre o compositor Wolfgang Amadeus Mozart, sobre os instrumentos da orquestra, acompañados pola Real Filharmonía de Galicia.

SAÍDA AO AUDITORIO DE GALICIA.

Hoxe os nenos e nenas de 3º A, 3º B e 3º C de Educación Primaria, asistimos ao Auditorio de Galicia, ao concerto didáctico `` Mini Mozart ´´. Aprendimos moito sobre o compositor Wolfgang Amadeus Mozart, e sobre os instrumerntos da orquestra, acompañados pola Real Filharmonía de Galicia.

SAIDA AO AUDITORIO DE GALICIA.

Hoxe os nenos e nenas de 3º A, 3º B e 3º C de Educación Primaria, asistimos ao concerto didáctico`` Mini Mozart´´ no Auditorio de Galicia.

Aprendimos moitas cousas sobre Wolfgang Amadeus Mozart, e sobre os instrumentos da orquestra, acompañados pola Real Filarharmonía de Galicia ¡.

 

FROITA E LEITE NO RECREO!

Damos comezo, un curso máis, ao Programa de Consumo de Froita e Leite no RECREO, subvencionado pola Consellería de Medio Rural e polo FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria). O alumnado poderá dispoñer de froita fresca e leite (pequeno brick) nos recreos de certos períodos do curso. Entre outros obxectivos queremos mellorar os hábitos alimenticios do noso alumnado facendo que sexan máis sans e equilibrados.

No noso colexio ademais aportámoslle froita para o resto do curso, é dicir teñen a opción do seu consumo durante todo o curso.

  

"Home, hogar dulce hogar"

Hoxe tocou película para continuar traballando as emocións, a inclusión e a igualdade. Todo isto en fragmentos da película "Home, hogar dulce hogar".

  

CHULETÓN... PRIMOS

Esta semana en CookMat tocou traballar con números primos. Non son fillos de meu tío, PRIMOS é de PRIMEIROS. Así de pronto parecíanos algo mooooi difícil pero nada diso! Ata vimos criterios de divisibilidade!

  

CHULETÓN... das TÁBOAS DE MULTIPLICAR!

Comprendendo... a operación de MULTIPLICAR. Para iso, observamos e descubrimos propiedades da mesma (commutativa e asociativa)... Utilizamos LACASITOS! Que guay!

  

WE CONTINUE SINGING!

Today is FRIDAY and... Let´s sing!

  

  

SESIÓN MATEMAXIA

Esta semana comezamos o Programa CookMat. Resultounos moi divertido, estamos aprendendo matemáticas pero... parece que estamos xogando!. Estivemos mesturando as mates coa maxia. Chegamos á conclusión de que a maxia non existe.... Simplemente con dados, deducindo regularidades matemáticas, facendo uso da Aritmética...! Iso é Maxia!