Matrícula e inscripción do alumnado

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 

O vindeiro mércores 28 de febreiro ás 17:00 e o venres 1 de marzo entre as 10:30 e as 12:30, o noso centro abre as súas portas a todas as familias que estean interesadas en coñecer as nosas instalacións e servizos.

Premede na imaxe para máis información.

ADMISIÓN E MATRÍCULA CURSO 24/25

LEMBRAMOS QUE O PRAZO PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA É DO 23 AO 20 DE XUÑO

Información relativa ao proceso de reserva de praza, admisión de alumnado e formalización de matrícula para o curso 2024-2025 e Anexos para descargar. 

Normativa de aplicación: Orde do 21 de outubro de 2022 e Decreto 13/2022 do 3 de febreiro

ALUMNADO PROCEDENTE DO CRA DE OROSO

Rematado o prazo de reserva de praza para o curso 2023/24, comunícase que todas as solicitudes presentadas polo CRA de Oroso están admitidas.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

28/02/2023 16:30

  

O vindeiro martes 28 de febreiro de 2023 ás 16:30, o noso centro abre as súas portas a todas as familias que estean interesadas en coñecer as nosas instalacións e servizos.

Premede na imaxe para máis información sobre o noso centro.

           

RESERVA DE PRAZA 23/24

En relación á matrícula do alumnado que cambia de etapa para o vindeiro curso 2023/24 informámolos de que se abreu o prazo para solicitar praza en centros adscritos.

Polo tanto todos aqueles alumnos/as de 6º de Primaria que teñan intención de facer a ESO no IES de Oroso, deberán presentar no noso colexio o documento de reserva de praza (Anexo I) entre o 16 de xaneiro e o 6 de febreiro ou ben cumprimentalo directamente na aplicación admisionalumnado.

En canto ao alumnado que desexe ir a outro centro, así como os/as que se escolarizan por primeira vez, informarémolos no seu momento dos requisitos a seguir.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS curso 2021-2022

08/03/2022 16:30

 

O vindeiro martes 8 de marzo de 2022, o noso centro abre as súas portas a todas as familias que estean interesadas en coñecer as nosas instalacións e servizos.

Premede na imaxe para máis información.

ADMISIÓN E MATRÍCULA CURSO 2022/2023

Información relativa ao proceso de reserva de praza, admisión de alumnado e formalización de matrícula para o curso 2022-2023 e Anexos para descargar. (Orde do 12 de marzo de 2013 e Orde do 18 de decembro de 2020)

 

ALUMNADO ACTUALMENTE ESCOLARIZADO NESTE COLEXIO
Non precisa facer reserva de praza para o vindeiro curso, pois xa conta con ela ata finalizar a Educación Primaria. O alumnado de 6º que vaia para o IES de Oroso, centro ao que este colexio está adscrito, cumprimentará o modelo (Anexo I ED550A) que se lle facilitará no centro e entregarállelo ao seu titor/a (ou en administración) entre o 11 de xaneiro e o 8  de febreiro. As/os alumnos/as que queiran ir a outro Instituto deberán presentar alí a solicitude de admisión, do 1 ao 20 de marzo. Nos dous casos deberán formalizar a matrícula no Instituto ao que vaian entre o 25 de xuño e o 10 de xullo.
 ALUMNADO QUE QUERE CAMBIAR DE CENTRO OU ESCOLARIZARSE POR PRIMEIRA VEZ NO VINDEIRO CURSO  (xa poden facelo os nados en 2019)
1. Do 1 ao 21 de marzo: Presentación na Secretaría do Centro da solicitude de admisión (Anexo II) ou coa aplicación "admisionalumnado" https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/. Esta só se poderá presentar nun único centro (o indicado en primeiro lugar) relacionando, se así o desexan, ata seis centros por orde de preferen­cia. Terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio, será necesaria a sinatura de ambas/os proxenito­ras/es, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles. En ambos casos, será necesario presentar a resolución xudicial correspondente. As solicitudes irán acompañadas da seguinte documentación:
  •  Fotocopia do DNI do alumno/a ou do Libro de Familia.
  • Se é trasladado doutro centro, certificación de matrícula.

      As/os que queiran cambiar de Centro, deberán remitir ao colexio de orixe copia da solicitude de admisión presentada no novo Centro.

2.    O 25 de abrilPublicación provisional das listaxes do alumnado admitido no taboleiro de anuncios do centro (disporán dun prazo de 5 días hábiles para posibles reclamacións). Resoltas as reclamacións, publicaranse as listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido, antes do 15 de maio.

3.    Do 20 ao 30 de xuñoFormalización da matrícula (E. Infantil e Primaria) con impreso (Anexo III). De non facela, entenderase que o alumno/a renuncia á praza.

            * Do 25 de xuño ao 10 xullo: Formalización da matrícula do alumnado de 6º de primaria que pasa ao IES.

*Os Anexos pódense recoller no despacho da administrativa do Centro, descargar dende esta web ou dende a páxina da Consellería (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/). Tamén se poden cumprimentar as solicitudes e imprimilas na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal/portada

 O noso Centro está adscrito ao IES de Oroso. Así mesmo o CRA de Oroso está adscrito ao noso Centro polo que o seu alumnado terá prioridade para obter praza no noso colexio. O Centro conta con servizo de comedor escolar regulado pola Orde do 21 de febreiro de 2007 (DOG do 5 de marzo de 2007) e o Decreto 132/2013.

 HORARIO de atención da ADMINISTRATIVA9:00 a 14:30  de luns a venres e os martes pola tarde de 16:30 a 18:30 horas. 

 Sigüeiro, 11 de xaneiro de 2022

RESERVA DE PRAZA 22/23

En relación á matrícula do alumnado para o vindeiro curso 2022/23 informámolos de que se abreu o prazo para solicitar praza en centros adscritos. Polo tanto todos aqueles alumnos/as de 6º de Primaria que teñan intención de facer a ESO no IES de Oroso, deberán presentar no noso colexio o documento de reserva de praza (Anexo I) entre o 11 de xaneiro e o 8 de febreiro ou ben cumprimentalo directamente na aplicación admisionalumnado.

En canto ao alumnado que desexe ir a outro centro, así como os/as que se escolarizan por primeira vez, informarémolos no seu momento dos requisitos a seguir.

 

LISTADO DEFINITIVO ALUMNADO CURSO 2021/2022

Todo o alumnado que solicitou admisión no noso centro foi admitido, tanto en educación infantil como en primaria. Dende hoxe poden consultar as listaxes na porta principal do centro.