RESERVA DE PRAZA 22/23

En relación á matrícula do alumnado para o vindeiro curso 2022/23 informámolos de que se abreu o prazo para solicitar praza en centros adscritos. Polo tanto todos aqueles alumnos/as de 6º de Primaria que teñan intención de facer a ESO no IES de Oroso, deberán presentar no noso colexio o documento de reserva de praza (Anexo I) entre o 11 de xaneiro e o 8 de febreiro ou ben cumprimentalo directamente na aplicación admisionalumnado.

En canto ao alumnado que desexe ir a outro centro, así como os/as que se escolarizan por primeira vez, informarémolos no seu momento dos requisitos a seguir.