Infantil

Lectura con familias

O día 23 de abril Migallas Teatro realizou na biblioteca unha función do espectáculo “Cantacontos”, destinado ao alumnado de Educación Infantil.

    

Migallas Teatro entregou o agasallo de Nica ao mellor lector de Educación Infantil: Xoel Bouzas Fernández de 5ºA.

 

MIGALLAS CANTACONTOS

23/04/2024 17:00
23/04/2024 18:00

 

O vindeiro martes 23 de abril, a biblioteca do CEIPP de Sigüeiro acolle o espectáculo "Cantacontos" de Migallas Teatro dentro do programa "Lectura con Familias". A actuación será de 17:00 a 18:00 e está destinada ao alumnado de Educación Infantil.

Vide celebrar o Día do Libro cos contos, cancións e música de Migallas!

Deportes Olímpicos: Breaking

Nesta ronda polos deportes olímpicos tócalle o turno a un recén chegado, o breaking. Aínda que xa fixo o seu debut nos Xogos Olímpicos da Xuventude de Bos Aires en 2018, será este ano en París 2024 cando entre a formar parte do programa deportivo olímpico de xeito oficial xunto coa monopatinaxe, o surf e a escalada deportiva. 

E en que consiste o breaking? Pois ollade o que nos contan os alumnos/as de 5 anos...

Deportes Olímpicos: Atletismo

Agora imos falar dunha das disciplinas tradicionais dos Xogos Olímpicos que se vén realizando dende a edición inaugural en 1896. Estamos a referirnos ao atletismo, pero sabedes en que consiste? Os nenos e nenas de 4 anos sábeno moi ben e, ademais, coñecen atletas olímpicos e paralímpicos galegos.

Mirade todo o que descubriron sobre este deporte.

Deportes Olímpicos: Natación

Despois de estudar cales foron os países e as sedes que acolleron os Xogos Olímpicos ao longo da historia, agora comezamos o 3º trimestre investigando sobre os deportes que se practican. 

Os alumnos e alumnas de 3 anos fálannos da natación, un deporte que estivo presente en todos os Xogos Olímpicos da era moderna. Sen embargo, nas primeiras edicións as competicións realizábanse en entornos naturais como baías e non sería ata Londres 1908 cando as probas se comezaron a disputar en piscinas. Prestade moita atención.

OS NENOS E NENAS DE 4º A INFANTIL ESCRIBEN UN CONTO PARA O DÍA DE ROSALÍA.

" A FLOR", así se titula o conto que escribiron os nenos e nenas de 4º A de Infantil, todo feito por eles e a súas mestras, eles foron

inventando a historia e despois ilustrárona. Clicade na imaxe para velo. Parabéns!

COMEMOS QUEIXO!!!

Estes dous últimos días antes das vacacións de Semana Santa, o alumnado de Infantil participou nunha actividade que nos achegou Salomé Beiroa, de proba de diferentes queixos con denominación de orixe galega. Foi subvencionada polo Concello de Oroso e por Galicia Calidade. Aprendemos moitas cousas sobre os queixos e para a súa correcta proba utilizamos os cinco sentidos. Sabemos que debemos comer san e para iso non poden faltar os lácteos coma o queixo. Fabuloso! Que ricos estaban todos! Ah! E veunos visitar o alcalde e a concelleira de educación que tamén probaron os queixos con nós!

  

 

 

AS CAMELIAS DE ROSALÍA

Por fin hoxe puidemos rematar coas actividades previstas para a celebración do Día de Rosalía. Despois de tantos días de chuvia sen poder case saír ao patio, hoxe loceu o sol e fíxose realidade a nosa PLANTACIÓN DE CAMELIAS DE ROSALÍA. Foi un acto emotivo no que participou o alumnado de Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria. Houbo recitado de poemas, a canción de "Rosalía Pequeniña"  e o plantado de tres camelias por parte do alumnado de 3, 4 e 5 anos respectivamente.

  

  

SAÍDA AO TEATRO PRINCIPAL EN SANTIAGO

Hoxe os a alumnos e alumnas de Educación Infantil de 4 e 5 anos, asistimos ao Teatro Principal de Santiago, a ver e escoitar `` Nube nube sol ´´, achegándonos a maxia dos ciclos da natureza, e a importancia da choiva para que todo medre.