Tres imprescindibles do peregrino que non podían faltar na nosa Guía sobre o Camiño de Santiago. Explícannolos moi ben os alumnos de 6° de Infantil. Mirade...
Este xoves, día 24 de marzo, os nenos e as nenas de 5º de Infantil saíron a percorrer un tramo do Camiño de Santiago por Sigüeiro.
Estiveron acompañados por Cristina e Chema, da Asociación de Concellos do Camiño Inglés. Grazas ás súas explicacións, puideron coñecer datos e curiosidades sobre O Camiño, ver os diferentes sinais e visitar o Paseo dos Peregrinos Ilustres.
Como final inesperado, convidáronos a entrar no Albergue Camiño Real. Viron onde descansan os peregrinos e as peregrinas que fan parada alí e tamén selaron a credencial!
O vindeiro martes 8 de marzo de 2022, o noso centro abre as súas portas a todas as familias que estean interesadas en coñecer as nosas instalacións e servizos.
Premede na imaxe para máis información.
Por fin chegou Noiteboa!
Estamos por aquí para contarvos que, nos últimos días de clase, tivemos varias visitas especiais. Queredes velo?
A primeira delas, directo dende a Serra do Courel... chegou o APALPADOR!
Hoxe recibimos no cole, da man de Correlingua, a Vero Rilo. Unha gran contadora de contos que deixou ao profesorado e ao alumnado de 5º e 6º de infantil encantados. Contou diferentes historias como “Velliñas”, “A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza”, “A vaca que puxo un ovo”... e diferentes contos de tradición oral, deses que gardan un encanto especial ao conservarse, precisamente, por ter quen os conte, e ao mesmo tempo, quen os escoite para volver contar e así nunca se perdan, como por exemplo "Leite". Todos eles foron contados de xeito oral e acompañados de linguaxe de signos. Foi tal o pracer, que xa nos tarda volver escoitala.
Moitas grazas Vero! Moitas grazas Correlingua!
CEIP de Sigüeiro - Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, 2016 |