Infantil

CHEGA O FIN DE CURSO

Pasiño a pasiño chegamos á última semana deste particular curso 2020-2021. E coma durante todo o curso, tamén o final está condicionado pola pandemia que nos tocou vivir. Non podemos facer festival e festa todos xuntos, non poden entrar as familias e compartir a última xornada con nós... Pero sen algo especial non podiamos quedar! Hoxe, luns 21, o tempo non acompañou e impediu levar a cabo algunha das actividades que tiñamos proxectadas, coma a andaina por un tramo do Camiño Inglés que ía facer o alumnado de 5º e 6º ou a saída ao Carboeiro de 3º e 4º. Pero bueno, quen si puideron divertirse foron os nenos e nenas de Infantil e 1º e 2º de Primaria. Pasárono en grande cantando e bailando con Javier Solla. Que diversión!

 

Álbum: Curso 2020 - 2021 -> Fin de curso

David Navarro con nós

Hoxe acompañounos no colexio David Navarro ex xogador do Obradoiro. Presentounos o seu libro "O Soño de Liam" e firmou os exemplares que tiñamos. Aprendemos que os soños se os perseguimos pódense cumprir. Grazas David

 

 

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Para conmemorar o Día do Medio Ambiente, os nenos e as nenas de 5ºB E.I. participaron, grazas á colaboración das familias, dunha proposta inspirada no movemento "Coge3" (iniciativa que puxo en marcha fai anos un club de kitesurf de Barreiros, na Mariña Lucense).

Se te animas é moi doado! Cada vez que vaias ao río, ao monte, á praia, dar un paseo por unha contorna natural... recolle 3 residuos e bótaos no colector correspondente. Será un pequeno gran xesto!

Pedro Brandariz "Senlleiras"

Hoxe tocoulle a Infantil participar dunha das actividades que nos ofreceu o concello. Estivo no colexio Pedro Brandariz con "Senlleiras" achegándonos ás mulleres que foron homenaxeadas no día das Letras Galegas ao longo da súa historia. Tan só catro foron as escollidas ata Xela; Rosalía de Castro, Francisca Herrera, María Mariño e Mª Victoria Moreno. Fenomenal coma sempre!

 

CORRE CORRE Á HORTA.

Esta semana os nenos e nenas de 5 anos estiveron traballando na aula o conto Corre Corre Cabaciña. Cando

remataron de lelo correron á horta como a protagonista do conto, a plantar as cabazas e cabaciñas das que

fala o libro. Para completar a súa parcela tamén plantaron berenxenas e leitugas.

 

 

 

Pedro Brandariz "Héroes e Heroas"

O alumnado de Infantil e 2º de Primaria, rematou este segundo trimestre cun conto interpretado polo gran Pedro Brandariz. Con "Héroes e Heroas" aprendemos que nenos e nenas podemos ser igual de valentes ou igual de sensibles. Gracias ao concello de Oroso por achegarnos este conto.

 

É SAUDABLE!

Os nenos/as de Educación Infantil móstrannos a importancia dunha alimentación saudable a través dos seguintes contos: 

 

4º EDUCACIÓN INFANTIL

                                         

5ºA EDUCACIÓN INFANTIL                            5ºB EDUCACIÓN INFANTIL

                                                  

6ºA EDUCACIÓN INFANTIL                               6ºB EDUCACIÓN INFANTIL

 

DE FRONTE A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe día 25 de novembro é o día internacional contra a violencia de xénero. Este ano participamos como entidade, xunto ao Concello de Oroso, na campaña defronte.

A violencia de xénero só hai unha forma de mirala ...

 

ADMISIÓN NOVO ALUMNADO - ACHEGAMENTO VIRTUAL

23/02/2021 17:00

Como non é posible visitar o colexio presencialmente, coñécenos un pouquiño a través dos vídeos que se atopan á esquerda, resolve as túas dúbidas chamándonos por teléfono e/ou achégate virtualmentemartes 23 de febreiro ás 17:00. 

Solicita o enlace da reunión chamando ao centro (881866202) ou enviando un correo electrónico (ceip.sigueiro@edu.xunta.gal).