Infantil

AUDITORIO DE GALICIA 2020

 

Saida ao Auditorio de Galicia, Marzo 2020, ao Concertó didáctico " De aquí para alá".

Este mercores, os alumnos e alumnas de 5º, e 6°A de infantil, asistirón o Auditorio de Galicia en Santiago, para participar no concerto Didáctico "De aquí para alá".

  

O concerto “De aquí para alá” é unha proposta musical e teatral para público infantil e familiar de Lydia Botana, autora e directora deste espectáculo. Un proxecto de música infantil no que viaxamos arredor do mundo aprendendo, escoitando, bailando e cantando as músicas de cada lugar. O formato do concerto consta dunhaposta en escea musical formada por unha instrumentación variada: dende o piano, a batería, o acordeón, os bongoes, campás, … Contamos con instrumentos típicos de cada lugar polo que iremos pasando coma a kalimba, o didgeridoo, as cunchas… xunto cun variado set de pequena percusión que abrangue dende pandeiretas, pao de choiva… e un sinfín de cacharradas que despertarán a curiosidade dos asistentes a este concerto. A través da música contaremos a historia dunha bolboreta que remata a súa metamorfose co son dos instrumentos musicais. Embarcarémonos nunha viaxe musical arredor do mundo.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

03/03/2020 17:00

 

 

 

O vindeiro martes 3 de marzo, o noso centro abre as súas portas a todas as familias que estean interesadas en coñecer as nosas instalacións e servizos.

Premede na imaxe para máis información.

XORNADA DE PAZ

Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos o Día da Non Violencia e da Paz, coincidindo co aniversario da morte de Mahatma Gandhi. Para conmemorar este día, o alumnado de 1º de Primaria elaborou un mural unindo as súas mans pola Paz do Mundo. Así mismo os nenos e nenas de Educación Infantil asistiron a unha sesión de contacontos da man de Leticia de "Dinamo". Con ela compartiron dunha maneira moi lúdica os "problemas" cos que se atopan na actualidade os máis pequenos. Gustounos moito!!!

 

 

QUE BEN O PASAMOS CON MAMÁ CABRA!

Chegou o día! Pola nosa biblioteca pasou Gloria e Tomi "Mamá Cabra". Interpretaron temas do seu libro CD "A fraga do meu avó", ademais dalgún outro, como o tan coñecido "Glu glu glu plas plas plas navegando polo mar", do que nos contou que naceu nunha aula de Infantil do noso cole. Divertímonos un montón e soubemos que as fragas están cheas de vida e de moitas curiosidades. Falounos do peto, da pega marza, da píntega, das augas dos ríos ou das fontes, das prantas que curan... E para rematar agasallámolas cunha árbore autóctona para que levasen á súa fraga, unha faia. Queremos que medre moito e que cando a miren lembren ao CEIP de Sigüeiro. GRAZAS por visitarnos!

 

 

 

Mamá Cabra na nosa biblio

28/01/2020 15:07

Xa temos nova data para a visita de MAMÁ CABRA ao noso cole. Será o vindeiro martes 28 de xaneiro a partir das 17.00 h na biblioteca. Presentarán "A fraga do meu avó", un libro CD con contos, lendas e cancións relacionadas cos bosques e co noso proxecto documental integrado.

 

FESTIVAL INTERNACIONAL DE GALICREQUES 2019

20/10/2019 22:20

Salida o Teatro Principal en Santiago, 16 Outubro de 2019, a XXIV edición do Festival Internacional Galicreques.

    

Este mercores, os alumnos e alumnas de 6º de infantil, achegáronse ata o Teatro Principal de Santiago para asistir ao espectáculo de música e monicreques "Pazzzzzz". Representado pola compañía La mar de marionetas.

-Pazzzzzz

A Nena do fío texe os seus mundos oníricos para atopar A Paz, soña con Mens, un neno con un enorme ovillo sobre a sua cabeza do que quere librarse. Para elo, emprende un viaxe sideral buscando respostas os seus problemas.

 

Festival Internacional Galicreques 2019

15/10/2019 21:37

O 14 de outubro de 2019 celebramos en Santiago a XXIV edición do Festival Internacional Galicreques.

   

 Os alumnos e alumnas de 5º de infantil, asistiron o CSC Santa Marta en Santiago, para participar na obra "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza"proposta pola compañia A Xanela do Maxín. 

-A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza

 

 A toupiña saía do seu tobo e algo lle caeu na cabeza, a modo de pucho cheirento. Daquela, percorrerá a granxa investigando cal dos animais que alí viven lle fixera semellante agravio: a pomba, o cabalo, a lebre…

 Unha obra simpática e escatolóxica que provoca gargalladas e fai que os espectadores empaten coa toupiña, ferida no seu orgullo. Nenas e maiores terán, con esta historia, a visión dun tema tan natural como a vida mesma e que, sen embargo, non sempre aparece en escena.

 

 

Reunión informativa alumnado de 3 anos

05/09/2019 10:30

O xoves 5 de setembro, ás 10:30 h. terá lugar no salón de actos a reunión informativa para as familias do alumnado de 3 anos que se incorpora ao centro. Falarase do período de adaptación e doutros temas de interese.

Xogos Tradicionais Infantil

Continuamos coas actividades das Letras Galegas e hoxe recibimos a Mari de Loureiro, amiga de Antón Fraguas, e a Dona carme, a que sempre estaba a durmir...

Con elas disfrutamos dunha fermosa e divertida historia ademais de compartir unha morea de xogos tradicionais que rematamos co coñecido "pase misí".

Gracias á Asociación DiverCida por facernos pasar unha agradable xornada.

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Xogos Tradicionais Infantil

VIII Festa da Troita

Para rematar a semana e coincidindo coa cita gastronómica do noso concello, o alumnado de Infantil celebrou a VIII edición da súa Festa da Troita. 

Os máis pequenos colaboraron cociñando...

Despois tivo lugar a degustación. Tivémola que facer dentro porque "as herbas estaban molladas e non puidemos acampar".

 

E, como non, a xa tradicional carreira pedestre. Velaiquí os gañadores de cada nivel.

E de recordo, levaron un pin que elaboraron eles mesmos, para as súas casas.

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> VIII Festa da Troita