Medidas COVID-19

Distribución de máscaras entre o alumnado

Segundo se establece na orde do 28 de outubro; desde o día 15 e ata o 26 de novembro, está aberto o prazo para solicitar a axuda para adquisisción de máscaras (que se distribuirán desde o centro, alumnado de Primaria) para as familias cunha renta per cápita igual ou inferior a 6.000 € (ano 2019).

Non terán que solicitala as familias do alumnado que tivo a axuda de material escolar no actual curso.

As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro utilizando o formulario Anexo I dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no portal educativo  http://www.edu.xunta.gal ou no propio centro. Deberán aportar a copia do libro de familia.

SOLICITUDE MÁSCARAS ALUMNADO

Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21.

A Consellería de Educación, a través do centro, repartirá máscaras ao alumnado de Primaria  segundo os seguintes criterios:

a) O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020/21, recibiráas directamente sen ter que presentar solicitude.

b) O alumnado que, por algún motivo, non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020/21, SI debe presentar solicitude se cumpre algunhas das seguintes condicións:

  • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € (ano 2018).
  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

SOLICITUDE (Anexo I) presentarase de forma PRESENCIAL no centro educativo do 16 ao 27 de novembro (só alumnado non beneficiario da axuda de material escolar). Con elas deberán achegar a seguinte documentación:

  • Anexo II (Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
  • Copia do libro de familia. En caso de separación ou divorcio, ademáis sentenza xudicial ou convenio onde conste a atribución da custodia do fillo/a.

Comezamos!

Todo listo para recibir mañá ao noso alumnado: dispensadores de xel hidroalcohólico, alfombras de desinfección, mamparas de protección, sinalización da circulación tanto no exterior como no interior, distancia de seguridade, semáforos para controlar aforo nos baños, acotación de zonas nos patios, aulas con separación dos postos do alumnado e kit de desinfección, recordatorios das normas de hixiene e prevención en portas e corredores ... 

     

 Se todos/as cumprimos as medidas básicas, todo vai ir ben!

Álbum: Curso 2020 - 2021 -> Medidas anticovid

AVISO FAMILIAS PRIMARIA

A punto está de empezar o novo curso escolar, e queremos darvos a benvida.

Antes do comezo das clases, temos programadas unhas reunións informativas, para explicar como será a nova organización do centro, así como medidas de hixiene, e todo o relacionado ao COVID19. Para a asistencia as mesmas pedimos que se extremen as medidas de seguridade e sexan puntuais. Asemesmo, para evitar aglomeracións, recomendamos só un familiar por neno.

Moitas grazas.

DÍA  HORA CURSO LUGAR
 7 setembro  12 horas  1º  Gradas ( patio primaria)
 7 setembro  13 horas  3º  Gradas ( patio primaria)
 8 setembro  11 horas  2º   Gradas ( patio primaria)
 8 setembro  13 horas  4º  Gradas ( patio primaria)
 9 setembro  12 horas  5º  Gradas ( patio primaria) 
 9 setembro  13 horas  6º  Gradas ( patio primaria) 

Para acceder ao recinto escolar, estará aberto o portal por onde entra o alumnado.

En caso de choiva, e non poder realizar a reunión no exterior, comunicarémosvos un novo espazo.

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 20/21

En base ao Protocolo de Adaptación ao contexto da COVID 19 para o curso 2020-21 e ás Instruccións da Dirección Xeral en relación ás medidas educativas que se deben adoptar no curso 2020-21, elaboráronse os seguintes documentos para a comunidade educativa do noso centro:

- Plan de Adaptación á situación COVID 19 no curso 2020/21

- Programa de Acollida

- Plan de Continxencia

- Plan de Ensino Virtual

- Enquisa de autoavaliación clínica da COVID 19

Tamén elaboramos un tríptico resume dos puntos máis importantes. Podedes consultalo facendo clic sobre a imaxe.

PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2020-2021

A Consellería de Educación ven de publicar o Protocolo que se aplicará no vindeiro curso 2020-2021. Este protocolo complétase coas instrucións para o comezo de curso. 

Tanto o protocolo como as instrucións terán que ser concretados atendendo as características do centro. 

Poden atopar no seguinte enlace a publicación do protocolo: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31578

Adaptación programacións COVID-19