Actividades

TEATRO SOLIDARIO PARA AS FAMILIAS E MERCADIÑO DE LIBROS

No mes das nosas Letras, o alumnado do obradoiro de teatro vainos agasallar coa representación das obras que estiveron a preparar durante o curso.  Serán tres martes, con dúas sesións de diferentes grupos por día. O obxectivo, ademais de mostrar ás familias o noso modesto traballo, é solidario. Pedímoslle ás familias que nos traian un alimento para doar ao Banco de Alimentos para a xente necesitada. Ao mesmo tempo dende a Biblioteca promovemos un Mercado Solidario coa mesma finalidade. Quen o desexe poderá levar un libro a cambio dun alimento. 

Comezamos.... PRIMEIRAS SESIÓNS: 3º e 4º. GRAZAS POR VIR VERNOS!

  

  

 

    

    

#EstamosConVós

Nestes momentos decatámonos do importante que son unha aperta, unha mirada e unhas palabras de ánimo para seguir adiante. Somos conscientes do grande esforzo que estades facendo quedando na casa e, por iso, queremos dicirvos que o estades facendo xenial, que vos botamos de menos e que estamos con vós! 

Circuito de xogos no pavillón

E como onte o mal tempo impedía levar a cabo a xa tradicional Festa da Auga, esta substituíse por un circuíto de xogos no pavillón no que non faltaba de nada. O alumnado pasou por grupos polas diferentes probas. Agradecemos a colaboración da Asociación Diver-Cida que preparou a actividade.

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Circuito de xogos no pavillón

Uso das novas tecnoloxías

Hoxe tivo lugar unha charla, por parte dun axente da Garda Civil para as familias, sobre o uso das novas tecnoloxías, internet, redes sociais, difusión do contido a través dos teléfonos móbiles... entre os máis novos/as. Encádrase dentro do "Plan Director para a Convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e o seu entorno". Tema interesante e que preocupa aos pais e nais que moitas veces non saben como abordalo. Puideron plantexarlle as súas inquietudes e recibiron algúns consellos que non sempre se poden aplicar da mesma maneira, dependendo do neno ou da nena de que se trate.

 

ENAPA: Robótica e Club de Ciencia

Este martes tivo lugar a Escola de Nais e Pais (ENAPA) sobre os programas "Introdución á Robótica na Educación Primaria" e "Club de Ciencia" que se están a levar a cabo no noso centro dentro da estratexia EduDixital 2020.

 

Na parte de robótica, comentáronse os proxectos que se están a levar cabo dende Infantil ata Primaria. Interviron membros de Vermislab, que nos lembraron a importancia de desenvolver o traballo en equipo e de introducir ao alumnado no pensamento computacional. Tamén houbo tempo de experimentar con mBots.

Con respecto ao Club de Ciencia, repasáronse os experimentos levados a cabo ata o de agora, cunha demostración final do lanzamento de dous foguetes no patio do centro.

 

Antroido 2019

 

Hoxe celebramos o Antroido no noso colexio. A temática dos disfraces foi unha viaxe pola historia: dende a Prehistoria ata a Idade Contemporánea. O noso alumnado, xunto co dos outros colexios do concello, desfilou polas rúas de Sigüeiro mostrando os seus disfraces e o traballo das últimas semanas.

Despois do pasarrúas e desfile na Alameda de Gois, volvemos ao patio do colexio onde nos agardaba unha saborosa merenda composta por orellas, periquitos e filloas elaboradas alí mesmo por pais, nais, avós e avoas...

A TVG acompañounos durante esta xornada e gravou unha reportaxe que emitiu no Galicia Noticias (min 26:38).

E xa temos as primeiras fotos no seguinte álbum:

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Antroido 2019

Coñecendo máis ao Apalpador

Este Nadal, o noso alumnado tivo a oportunidade de coñecer máis de preto ao Apalpador. E tan de preto, que ata entraron na súa casa. 

 

Alí puidemos comprobar como era o seu día a día, as súas tarefas, os seus enredos...

 

 Chamáronnos a atención moitas cousas, como facía o carbón, como secaba as castañas...

E o máis importante, aprendemos moito sobre a nosa historia e cultura.

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Apalpador

ADOLESCENTES NAS REDES SOCIAIS

11/12/2018 17:00

O martes 11 de decembro, ás 17h., tivo lugar no salón de actos do noso centro unha charla dirixida ás familias "Adolescentes nas redes sociais". A relatora foi Patricia Gómez Salgado, doutora en psicoloxía e investigadora na Universidade de Santiago de Compostela.

Resultado de imagen de redes sociales adolescentes

A ANPA ofreceu servizo gratuito de ludoteca.

  

Festa da Auga

O día prestouse para unha das actividades máis agardadas polo alumnado nesta fin de curso. Hoxe tocaba "Festa da Auga" e ninguén quedou sen mollar. Mirade, mirade...

  

 

O noso agradecemento ás familias que promoveron esta xornada.

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> Festa da Auga

Actividade interxeracional: costureiras

Coa chegada da celebración do Día das Letras Galegas, o alumnado de infantil e 1º ciclo de primaria, tivemos unha visita moi especial no cole... Coñecedes a Uxía? A boneca protagonista da obra de Mª Victoria Moreno "A festa no faiado"? Pois con Uxía coñecemos o faiado da súa casa e todas aquelas "cousiñas" que nel estaban gardadas e que estaban relacionadas cun oficio moi tradicional: "AS COSTUREIRAS"

Coas personaxes desta obra, gato, rato, Teodosia e Uxía, percorremos unha chea de xogos que nos acercaron aínda máis a este oficio. Cal foi a nosa sorpresa cando, para rematar a xincana de xogos, a mesma Mª Victoria Moreno, nos adicou un diploma personalizado na nosa biblioteca.

Moitas grazas a todos os que fixestes posible esta actividade, disfrutamos moitísimo con todos vós.

  

  

Todas as fotos no seguinte álbum

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> Actividade interxeracional: costureiras