Transporte e comedor

PROCESO DE PAGAMENTO DO COMEDOR ESCOLAR - INSTRUCIÓNS

Todas as persoas usuarias do comedor escolar ás que lle corresponde pagar deben facer o pago nos primeiros vinte días do mes seguinte. Aformas de pagamento poden ser as seguintes:

Nas entidades bancarias autorizadas pola Consellería de Facenda: o centro entregará aos usuarios/as os impresos de pagamento; os suxeitos pagadores unha vez feito o ingreso nas entidades autorizadas, deberán entregar no centro, os xustificantes para “a administración”, debidamente validados polas entidades bancarias de depósito.

A través da Oficina Virtual Tributaria: as persoas interesadas poderán utilizar a oficina virtual tributaria para realizar os pagamentos de xeito telemático. Os suxeitos que opten por esta vía deberán presentar no centro, nos 20 días primeiros de cada mes, os xustificantes de pagamento correspondente. Dispoñedes do manual de pago a continuación.

A través do Espazo Abalar: os impresos estarán dispoñibles directamente para os usuarios do Espazo Abalar sen necesidade de obtelos a través do centro. O pagamento por esta vía é comunicado automaticamente á aplicación COMEDORES, polo que non terán que presentar xustificante no centro.

 

Manual Pago Telemático Taxas Comedor.

Enlace á páxina de pagamento (OVT).

Video titorial para pagamento por Espazo Abalar

ALUMNADO COMEDOR

As familias do alumnado que vaia facer uso de comedor escolar no vindeiro curso, deberán cubrir o impreso de AUTODECLARACIÓN cos datos da renda de 2022. O impreso pódese descargar desde esta web ou recollelo no propio centro.

Despois poderán envialo por correo electrónico a ceip.sigueiro@edu.xunta.gal antes do 1 de setembro ou entregalo no centro ao longo da vindeira semana (do 17 ao 21 de xullo) de 9:30 a 14h. 

*Para calcular o importe dos prezos públicos polo uso do servizo de comedor escolar, dispoñen dunha calculadora que facilita o cálculo en función da renda neta per cápita da unidade familiar e do número de menores en idade escolar. Fai clic aquí:

AUTODECLARACIÓN RENDA ALUMNADO COMEDOR

Todo o alumnado que viña facendo uso do comedor no actual curso e o novo que se incorpora contan con praza no comedor para o curso curso 2022/2023. Deben cubrir o documento de autodeclaración cos datos da renda de 2021 e envialo por correo electrónico a ceip.sigueiro@edu.xunta.gal ou entregalo no centro ao longo da vindeira semana (do 4 ao 8 de xullo) de 9 a 14h ou na primeira semana de setembro. 

Descargar autodeclaración

   

AVISO ALUMNADO DE COMEDOR

alumnado que vai facer uso do comedor escolar no vindeiro curso 2021/2022, deberá cubrir o documento de autodeclaración cos datos da renda de 2020 e enviar por correo electrónico a ceip.sigueiro@edu.xunta.gal ou entregar no centro.

Descargar autodeclaración

 

PREVISIÓN DE COMEDOR PARA O CURSO 21/22 (ALUMNADO NON TRANSPORTADO)

Estimadas familias, se vostedes están interesados no servizo de comedor para o vindeiro curso, deberannos entregar no despacho de administración, ata o 15 de xuño, o seguinte documento cuberto, así como a seguinte documentación acreditativa dalgunha das seguintes circunstancias de ser o caso:

 -    Alumnado pertencente a unidades familiares que se atopen en situación socioeconómica de exclusión social ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%  (certificado de servizos sociais)

AVISO ALUMNADO DE COMEDOR

alumnado que vai facer uso do comedor escolar no vindeiro curso 2020/2021, deberá cubrir o documento de autodeclaración cos datos da renda de 2019 e enviar por correo electrónico a ceip.sigueiro@edu.xunta.gal ou entregar no centro.

Descargar autodeclaración

 

ALUMNADO DE COMEDOR NON TRANSPORTADO

O alumnado que fixo uso do comedor escolar no curso 2019/2020 foi admitido novamente para o vindeiro curso 2020/2021.

En canto ao resto de alumnado que presentou solicitude, pode chamar ao centro para informarse se foi admitido.

A partir do día de hoxe, ábrese un prazo de 5 días para posibles reclamacións.

AXUDAS ALUMNADO COMEDOR

O luns, 30 de marzo publicarase a orde do 27 de marzo de 2020, pola que se anuncian axudas para as familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor (usuarios/as gratuítos e semigratuítos). As familias interesadas deberán presentar unha solicitude ata o 6 de abril. Toda a información no documento adxunto.

LISTADO DE ALUMNADO EN RESERVA QUE FINALMENTE RESULTOU ADMITIDO NO COMEDOR 2019/2020

Trala xuntanza do Consello Escolar celebrada o 3 de setembro de 2019 resultaron admitidos os alumnos/as que se atopaban en situación de reserva. Poden consultar o listado picando sobre a imaxe.

O alumnado admitido deberá cubrir o modelo de autodeclaración de prezos públicos recollido no Anexo II da Instrucción 2/2019 para determinar a contía que lle corresponde aboar polo servizo de comedor. Poderano recoller na administración do centro ou descargar desta web e entregalo no colexio nos primeiros días de setembro.

Así mesmo, o alumnado admitido deberá informar e xustificar no centro calquer problema de intolerancia ou alerxia que poda presentar.