Relixión

XORNADA DE PAZ

Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos o Día da Non Violencia e da Paz, coincidindo co aniversario da morte de Mahatma Gandhi. Para conmemorar este día, o alumnado de 1º de Primaria elaborou un mural unindo as súas mans pola Paz do Mundo. Así mismo os nenos e nenas de Educación Infantil asistiron a unha sesión de contacontos da man de Leticia de "Dinamo". Con ela compartiron dunha maneira moi lúdica os "problemas" cos que se atopan na actualidade os máis pequenos. Gustounos moito!!!

 

 

Árbores de Nadal 3D

O alumnado de relixión fixo estas fermosas árbores de Nadal en 3 dimensións.